Diferenzas entre revisións de «1934»

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura
(25px|Flag CPLP.gif 25px|Cataluña 25px|Flag of Spain Outras culturas)
(25px|Flag CPLP.gif 25px|Cataluña 25px|Flag of Spain Outras culturas)
Liña 830: Liña 830:
 
- [[wikipedia: gl: Santiago Ramón y Cajal | Santiago Ramón y Cajal]] (Madrid; 1852 Petilla de Aragón).
 
- [[wikipedia: gl: Santiago Ramón y Cajal | Santiago Ramón y Cajal]] (Madrid; 1852 Petilla de Aragón).
  
- Asasinado [[wikipedia: gl: Augusto Sandino | Augusto Sandino]], heroe da loita contra a ocupación norteamericana en Nicaragua.
+
- Asasinado [[wikipedia: es: Augusto Sandino | Augusto Sandino]], heroe da loita contra a ocupación norteamericana en Nicaragua.

Revisión como estaba o 26 de marzo de 2021 ás 10:56

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Alfonso Pereyra (Carantoña, Vimianzo).
Dino Pacio Lindín “Dino de Ximil” (Ximil, A Pastoriza).
Manuel Rodríguez López (Paradela; 1990 Lugo).
María Margarita Rodríguez Otero (Baamorto, Monforte de Lemos).
Valentín Arias López (Vilerma, Sarria; íbidem 2011).
Xosé María Guillén (Lugo).?¿
Outros
O fotógrafo, xornalista e pintor Emilio Lavandeira Prieto (Ortigueira)
O pintor e escultor Xesús Antonio Caulonga Pereira (Santiago de Compostela)
O pintor Arturo Cifuentes (Ávila; 2018 Poio)
O gravador Enrique Ortiz Alonso (Ourense).
O escultor Antonio Davila (Vigo; 1993 París).
O gaiteiro “Moxenas”, Nazario González Iglesias (San Pedro de Sárdoma; 1995)
O filósofo e escritor Xosé Manteiga Pedrares (Aro, Negreira; 2012 Barcala).
O historiador e militar Xosé Fortes Bouzán (Cotobade)
O político licenciado en dereito José Manuel Romay Beccaría (Betanzos)
O galeguista Antón Moreda (San Miguel de Reinante; 2010 Castro de Ribeiras de Lea)
Alexandra Koss (San Petesburgo; ibídem 2010). Licenciada en Filoloxía Románica e tradutora ao galego dalgúns escritores rusos. Autora tamén da versión en ruso da cantiga de Mendiño e das Comedias bárbaras de Valle-Inclán.
Skull.png
Pasamentos
Literatura
Emiliano Balás Silva (Ferrol; ibídem 1859).
Nicolás García Pereira (Ferrol; ibídem 1900).
Salvador Cabeza de León (Santiago; 1864 Betanzos).
Xosé María Brea Segade (Taragoña, Rianxo; ibídem 1904).
Xulián Manuel Magariños Negreira (Negreira; ibídem 1904).
Outros
Heliodoro Gallego Armesto (Santiago; 1872 A Póboa de Trives).
O escritor Alfredo García Ramos (Caldas de Reis; 1877 Vila de Cruces).

Publicacións

Galegas

  • Alexandre Bóveda : “Gran dilema para a Mocedade Galega”, no nº 331 de “A Nosa Terra”: “A mocedade galega está, pois, diante d’un gran dilema: ou extraviarse na loita de agonía dun réxime; ou tomar, con fé, con acometividade, con audacia, o vieiro da reconstrucción da súa patria natural, de Galiza…”.
    Alexandre Bóveda 1933

No nº 331: “Circular aos grupos”.

No nº 334 “Pra “Raza Celta”: “En xeral, a publicación –na que se reproducen bastantes traballos de galeguistas que viron a luz n’istas columnas ou no resto da prensa galega- está ben presentada e merece en moitos aspeitos a nosa simpatía, inda que nos hubéramos preferido que, en orde á afirmación da Nazón galega fose máis clara e termiñante “Raza Celta”.

  • Amaro de Vilamelle: colabora en “A Nosa Terra”.
  • Amparo Taboada: “A voz da moza galeguista” (“A Nosa Terra” nº 341).
  • Antón Villar Ponte : Os Evanxeos da risa absoluta. No nº 335 de “A Nosa Terra”: “Se non conquerimol-a Autonomía…”.

No 341: “As nosas festas”.

No nº 344: “Galiza e o Flamenquismo”.

No nº 351: “Resposta aos desleigados. De que somos separatistas e por qué o somos”.

  • Aquilino Iglesia(s) : “Mocedades, en marcha” (No nº 333 de “A Nosa Terra”). No nº 342 “F. M. G. A súa posición”.
  • Ben-Cho-Sey : “Eis o camiño”, no nº 335 de “A Nosa Terra”.
  • Bieito Rial: colabora en “A Nosa Terra”.
  • Castelao : Os dous de sempre (Edit. Nós. “Grial” nº 30, páx. 491 e “Grial” nº 47, páx. 145) e Retrincos (contos con ilustracións de Maside. Edit. Nós, Santiago. “Grial” nº 47, páx. 137).

Ingresa na Real Academia Galega co discurso "As cruces de pedra na Galiza" (publicado no 1964).


A Edit. Nós publica en Santiago os dous libros reunidos de Cousas (“Grial” nº 47, páx. 140).


No nº 324 de “A Nosa Terra”: “A colaboración do partido Galeguista cos demáis Partidos Republicanos e autonomistas de Galicia”.


No nº 326 “No retorno de Antón Vilar Ponte”.


No nº 333: “Dous feitos”.


No nº 335: “Un novo aldraxe”: “O Goberno pensou na illa de Ons; pero non pensou na inxusticia que sofren os habitantes d’ela. E contando co-a mansedume de Galiza intenta regalarnos co que ningún pobo quixo aceptar. O Goberno intenta convertir este anaco de Galicia, ¿sabedes en qué? En COLONIA DE VAGOS E MALEANTES.


No nº 336 “Faíscas…”.


No nº 351 “Os históricos”: “A República trouxérona os profesores e mocedades universitarias, as orgaizacións de traballadores, os políticos desenganadas e os cibdadáns feridos pol-a dictadura. Compre decir que a opinión trasumante axudou a derrubar a monarquía, xa podre e revellida”.

  • Eduardo Lence-Santar : “A Paula de Mondoñedo” (breve composición poética en "O gaiteiro de Lugo", calendario gallego pro ano 1934.
  • Emilio Ferreiro Míguez : “¡Presentes! (Pra X. Illa Couto): “Coma o soldado que, ardendo en impacencia agarda, arma en brazo, pol-a orde –que non chega- de entrar en fogo, podendo sere nas avangardas da loita, eisí háchase a veterán Mocedade de Celanova, dende a constitución da F. M. G.”.
  • Florencio Delgado Gurriarán : Bebedeira (poemas. Nº 60 da editorial “Nós”).“O lene ronsel que é Bebedeira pon ante nós un poeta no que o amor á Terra de Valdeorras en que foi nado é o motivo. A riqueza do léisico vai parella á inspiración. A viñeta de Castro Arines que leva na portada non desmerece ren do demáis de iste belo libro”. (L. R. R. “A Nosa Terra” nº 335).

No nº 331 de “A Nosa Terra”, o poema “Falan castelán”:


O vello cacique

(¿quén mo quer mercar?)

que dende o seu pazo

amola ao paisán,

fala castelán.[…]

¡Ouh língua de Cervantes, de Lope e de Quevedo!;

¡Ouh fala de Castela, nai de conqueridores!;

¡Ouh idioma subrime: ¡Ouh castelán sonoro!

O que é, na nosa terra, tés bós embaixadores!

“Proclama aos mozos galeguistas” (nº 326).

“O que deben ser e o que deben saber os nazonalistas” (“A Nosa Terra” nº 338).

“Símbolos e tradicións” (“A Nosa Terra” nº 341).

“Mensaxe de adhesión” (no 345).

  • Honorato Dorado Victorio colabora en “A Nosa Terra”.
  • Lois Ribaya Riaño: colabora en “A Nosa Terra”.
  • Luís Amor Soto: Pedriño.
  • M. Beiras : “Xoán Viqueira” (“A Nosa Terra” nº 343): “A morte de Viqueira fixo en mín o miragre de facerme falar; de facer falar a miña concencia. E a miña concencia amostroume decontado o camiño da fé nazonalista, na que quero vivir i espero morrer despois de servil-a apaixoadamente”.
  • M. Gómez Román: ¡Alerta! (“A Nosa Terra” nº 343): “En tal senso, debe espertar a nosa preocupación n-istes tempos en que se mostra evidente un renacimento, pleno de promesas, da alma nazonal galega, pra que as novas modalidades da Arte pasen pola peneira das nosas refleisións, e non cheguen a inzar, como outras vegadas, o noso solar cousas estranas á nosa ideoloxía por falla de asimilación e nazonalización das suxerencias alleas”.
  • Manuel Buxán colabora en “A Nosa Terra”.

No nº 331 “Mocedades nazonalistas”.


No 346: “En col da cooperación”.

  • Prudencio Taboada Tabanera: colabora en “A Nosa Terra”.
  • Ramón Cabanillas : “Galicia Nai e Señora” e “¡En Pé!, poemas no nº 341 de “A Nosa Terra”.

No núm. 108 de “Nós” (15 de decembro de 1932), escribe Ricardo Carballo Calero no artigo “Balance e inventario da nosa literatura”: “Otero Pedrayo ceibará o aplastante aerolito de un “Xelmírez”. Trátase do relato novelado do viaxe do gran galego a Roma pra outel-o palio arcebispal. Temos escoitado a leitura de varios capíduos de ista obra. Os trozos evocadores da vida do medievo, o desfile de tipos, as descricións de cidades, produxéronnos unha impresión de estraordinaria grandeza. Todo o mundo cristián medieval está n-iste libro evocado pol-a varela máxica da arte; como o mundo helenístico está na “Afrodita” de Pierre Loüys, como o mundo cartaxinés está na “Salambó” flaubertiana, vivo, poderoso, rico, lostregante. Ademáis, un Xelmírez de Otero –hai que decilo- non é menos interesante que un Napoleón de Ludwig. Se o autor de “Arredor de sí” acerta a depural-a acción novelesca, a unxila de sobriedade, a reconcentrala, a erguela a súa nova obra será a súa obra definitiva, e Galiza terá dado unha figura á literatura universal”.


“Esquemas e lembranzas” no nº 337 de “A Nosa Terra”.

“Arte da nova Europa”, no nº 338 de “A Nosa Terra”.

“Pelerinaxe”, no nº 340.


No nº 341: “Pensamentos n’un intre histórico” e “Perspeitiva da cultura galega”: “Hai pobos creadores por medo á morte. Queren angustiosamente deixar un ronsel en un sepulcro. Galiza cecáis seña creadora por medo á morte pois morrendo nacéulle a intuizón que agora, resurreita, será vida heroica”.


No 345: “A nosa Política”: “Algúns ainda fán que se rín da nosa Política. ¡Se souperan qué ditosos, qué ledos, qué felices somos! Cecáis os únicos felices n’ista hora de imperativo do pesimismo.¿Non sí, mozos galeguistas?”.


Nº 346: “Ética i-estética do veraneo”.

  • Ramón Suárez Picallo : “Posición do Partido Galeguista no actual momento político de Galicia” (“A Nosa Terra”, nº 320).

No nº 322 “Encol da concentración parcelaria”.

  • Ramón Villar Ponte : “O colmo da desvergoña”, no nº 329 de “A Nosa Terra”: “En ningún xornal galego puidemos lere o mais cativeiro comentario de reprobación e censura, ao homenaxe qu’en Lugo se tributou ao cacique supervivente de todal-as situacións e reximenes que se chama Pepe Benito…”.

¡No Día de Galiza” (“A Nosa Terra” nº 341).

No nº 343: “Ollando ao lonxe”.

No 345: “O que os feitos din!

No nº 323 de “A Nosa Terra”:“Xa somos esquerda”: “As dereitas galegas, esterqueiras n-onde se axunta a podre de todas as iñorancias, de todas as coberdías e de todas as ambicións. exércitos de cegos da intelixencia, de tolleitos da vontade, de hipertrofiados de estómago e atrofiados de corazón, as dereitas galegas non poden merecernos simpatía”.No nº 131-132 de “Nós” (novembro-decembro): “A xeneración de Risco”: “Unha xeneración tan interesante como a xeneración de Risco, ten pra nós unha siñificación semellante â ostentada pol-a chamada xeneración do 98 na cultura castelán. Claro que as coincidencias dependen do papel representado: as causas productoras das xeneracións son distintas. […] Álvaro das Casas chama os novecentistas aos artistas e pensadores galegos aos que me estóu referindo. […] O dreito de Risco ao consulado epónimo somente poderá negalo a envexa. Il sinte mellor que ninguén a eisistencia coleitiva de todos. É o filósofo da xeneración, o máis conscente dos seus membros. Unha especie de segredario xeral espritoal do seu grupo. […] A xeneración de Risco é unha xeneración incompleta. Fallan representantes de moitas aitividades culturás. Por exemplo, é unha xeneración que non fixo ren no terreo da música”.

  • Vicente Risco : Mitteleuropa. Impresiós d‘unha viaxe. (“Grial” nº 91, páx. 114).

No nº 343 de “A Nosa Terra”, escribe Fernández del Riego o artigo “Un escritor e un libro”, onde comenta: “Si no noso pobo houbese o síntoma máis mezquiño de sensibilidade culta, Mitteleuropa sería pedido nas librerías, e o seu nome e o do seu autor soarían en prédicas de imprenta nos xornas galegas, máis dunha vegada”.“Do meu bestiario”, no nº 323 de “A Nosa Terra”.


No nº 341: “Lerias”: “Hai homes que s’expatrian sen sairen da sua terra. Galiza está inzada d’expatriados espirtuás. Son com’os condanados qu’andan vagariñando, en precura de quen lles rache o hábito pra entraren no inferno”.


No nº 347: “Espranza no Hourizonte” (“publicado pol-o mestre Risco en Euzcadi”): “Agora é cando se presinte xa perto o tempo que os bardos anunciaron. Pra Galiza alborexa xa no Hourizonte”.


No nº 351: “Nazonalismo galego”: “A nosa doutrina chámase nazonalismo galego, porque repousa no convencimento de que Galiza é unha nazón, e no lóxico conseguinte de que, sendo unha nazón, ten todol-os dereitos inherentes á sua esencia nazonal”.

  • Victoriano Buxán Rivas: “A cultura galega nos claustros”, no nº 330 de “A Nosa Terra”.
  • Xermán Pichel Bouzas: colabora en “A Nosa Terra”.
  • Xosé Bieito Pazos colabora en “A Nosa Terra”.
  • A Nosa Terra ”, que sitúa a súa tirada en 1100 exemplares, prohibida dende o 6 de outubro (nº 351) até o 9 de febreiro do ano seguinte (nº 352).

O nº 321 leva o encabezamento: “A III Asambreia anual do partido Galeguista. Unha xornada histórica prâ Galeguidade e prâ Democracia Galega”.

  • No nº 331 do 14 de abril, podemos ler: “Viva a República! Co corazón nos puntos da pluma vai hoxe iste berro noso: Viva a República! como oposición âs monarquías hespañolas, arrasadoras de Galicia e da sua persoalidade, como espranza de que un réxime novo e un novo Estado, abran a Galicia os limpos camiños dunha democracia sua, auténticamente sua, asentada sobre os esteos das suas parroquias autónomas, os seus municipios peculiares, das suas comarcas xeográficas, e por derradeiro, da sua unidade racial, lingüística, cultural e histórica”.A continuación consta a noticia “O aumento das tarifas ferroviarias. Un novo perxuicio á economía de Galicia”.
  • No nº 335: “Outro crime do centralismo”: “Xa está consumado un novo atentado do centralismo. Uns centos de Escolantes galegos foron xa destinados a Castela a Valencia, a Extremadura… incluso a Canarias. En troques outros centos de Escolantes d’isas outras nazóns peninsuares virán a Galiza”.
  • No nº 338: “ Seminario de Estudos Galegos . Normas pra a unificación do Idioma Galego”: “A Nosa Terra”, inda que non comparte íntegramente algunhas d-elas, propónse adontal-as na súa totalidade dende hoxe.Por dúas razóns: 1ª, porque estima comenente que a nosa língua empece a escribirse con certa unidade pol-o menos n-aqueles puntos en que vai habendo conformidade, o cal contribuirá a prestixal-a ante a masa; e 2ª , porque a Seizón de Filoloxía do Seminario tivo o acerto de evitar que as súas normas fosen traba tal que impedise o desenrolo da nosa língua como é dado agardar da reconstruzón que se ven levando a termo e do xenio do noso Pobo”.
  • No nº 344: “¡Boa leición! O discurso do Sr Presidente da Republica” (con referencias a Curros Enríquez).
  • No núm. 348: “As nosas toponimias. Unha iniciativa e un comentario”: “Publicamos a seguido unha solicitude que o escritor e arqueólogo Fernández Oxea dirixiu ao Presidente da Academia Galega.[…] Dende fai longos anos –casi tantos como dura a colonización da nosa Terra que tivo comenzo na Frooseira- a toponimia galega ven sofrindo aldraxes cada vegada máis bárbaros, e fillos da iñorancia dos axentes do poder central encarregados de esmagar os nomes de vilas, cidades e aldeas […]. Ningunha entidade galega pode ter máis autoridade que a Academia pra levar a cabo a imprescindibel tarefa de volver ao seu ser todol-os nomes que ata hoxe andan bárbaramente caastelanizados”.
  • O nº 349 abre co titular “Fai un ano que Galiza foi reconocida como Nazón en Berna pol-o Congreso de Minorías Nazonales” e recolle un “informe, redaitado pol-o irmán Vicente Risco , con que o nazonalismo galego fixo a súa presentación no Congreso de Minorías Nazonás de Europa fai agora un ano”.
  • O nº 352 leva a advertencia “Este número foi visado pol-a censura gubernativa”.
  • Co nº 340 (14 de xullo) e como sección de “A Nosa Terra” ve a luz a publicación “ Guieiro ”, “Outavoz nacionalista da F. M. G.”, que o 1 de novembro de 1935 comezará a súa vida como publicación independente e separada, acadando nesta segunda etapa 13 números ata o 1 de xullo de 1936.
  • En xullo nace a publicación mensual en galego “ Alento ”, “Boletín de estudos polítecos”, dirixida por Álvaro das Casas. Desaparece no 1935.

Relativas a Galicia

  • Margot Sponer publica na revista catalá "Anuari de l’Oficina Romànica de Lingüística i Literatura, VII" “Documentos antiguos de Galicia”.
    Margot Sponer
  • Xoán Noya Gil funda na Guarda o semanario “Nuevo Heraldo”, de orientación galeguista e republicana.
  • Como Portavoz da “Organización Nazonalista Repubricana de Buenos Aires” fúndase o 1 de outubro “Opinión galeguista”.
  • O 15 de xuño aparece a revista pontevedresa “Spes”, sendo o director Gabriel Méndez Rodríguez. Subtitulábase “Revista mensual. Órgano de la Juventud Católica de Pontevedra” (1962).
  • Aparece en Buenos Aires “Lar”, “Revista mensual de la Asociación Gallega de Beneficencia y Mutualidad. Hospital Gallego” (1963).
  • Tamén ve a luz en Buenos Aires “Opinión galeguista”, portavoz da Organización Nazonalista Repubricana de Buenos Aires”.
  • Sae en Santiago o primeiro número da revista “Alento”, “Boletín de estudos polítecos”, fundada e dirixida por Álvaro das Casas (desaparece no 1935).
  • Jesús Ramos Rodríguez funda en Monforte “El Combate”, “Semanario defensor de los intereses locales”.
  • O 29 de abril sae o primeiro número de “Raza celta”, publicación subtitulada “Órgano del Comité Autonomista Gallego de Montevideo” dirixida por Constantino Sánchez Mosquera (1935).
  • Un grupo de estranxeiros residentes en Galicia publican a revista mensual RAIG, Revista Artística Ilustrada de Galicia, dirixida e fundada por Carlos Bock Bremen (desaparece a principios de 1936).
  • Álvaro Fernández Suárez: El futuro del mundo occidental (Madrid).
  • Antonio Amador Villar Novais: Marimorena.
  • Cándido Viñas Calvo: Tropel de ritmos (Pontevedra).
  • Carlos Montenegro: Dos barcos.
  • Eduardo Dieste: Introducción a una lógica del arte (cun ensaio do seu irmán Rafael. Madrid).
  • Feliciano Rolán Vicente: De mar a mar (Imprenta de S. Aguirre. Madrid).
  • Francisco Leal Insua: Horas (poemas; Viveiro).
  • Francisco Vega Ceide: Triángulo isósceles. Poemas (Madrid).
  • Georg Niemeier: Tipos de poboación rural en Galicia (Versión alemá).
  • Gerardo García Rey: Vocabulario del Bierzo (Madrid).
  • Luís López Martí: Santa Eulalia de Bóveda. Descripción y gráficos del monumento allí existente (Lugo).
  • Matías Usero Torrente: La iglesia y su política (Buenos Aires).
  • Rafael Dieste: Quebranto de Doña Luparia y otras farsas.
  • Victoriano García Martí: De la zona atlántica.

Acontecementos

  • Álvaro Cunqueiro invitado por Carles Riba a Barcelona para que recite versos galegos na tribuna de “Amics de la Poesía”, onde fai amizade co poeta Tomàs Garcés. No nº 335 de “A Nosa Terra”, podemos ler en catalán o artigo “La germana Galícia” recolleito da revista “Catalunya Radio”: “De tant en tant, Catalunya és visitada per les nacións germanes i aquest romiatge, gairabé sempre, arriba perfumat amb versos i cançons. Heus ací Galícia, la dolça y forta Galicia, parlant-nos altre cop, a trav´s dels millors ambaixadors que pot tenir un poble: una massa coral i un poeta. […] I, en mig del ventall musical de les tonades mogut, amb estil delicadissim, pel Cor “Toxos e Frores”, la paraula del poeta Álvaro Cunqueiro. Álvaro Cunqueiro, nom a retenir! Joveníssim, és ja un dels exponents més rics de la vella i nova sensibilitat de Galicia. El seu pas per l’estudi de la nostra Emissora, ha estat lluminós, com el d’un auténtic estel de poesia. Benvinguda siguis sempre terra gallega, tan amada dels cataláns sofrent i valenta, púdica i bella…!”.

No artigo “Las amistades catalanas” do “Faro de Vigo” (1971) escribe Álvaro Cunqueiro: “Desde 1934 soy amigo del poeta catalán Tomàs Garcés . Lo conocí cuando fui por primera vez a Barcelona, en aquel año, invitado por Carles Riba a leer unos poemas míos, en lengua gallega, en “Amics de la poesía”, y, de paso, a dar una charla en una hermosa exposición de nuestro pintor Colmeiro”.

  • Blanco Amor participa nos actos da constitución de Galeuzca en Santiago. Estancia na casa de García Lorca. En agosto decide establecerse en Madrid.
  • Xosé María Álvarez Blázquez dita en Pontevedra a conferencia “Berro en lembranza dos herois de Carral”.
  • Avelino Pousa elixido secretario xeral das Mocidades Galeguistas do Val de Barcala.
  • Lueiro Rey comeza a colaborar no xornal “El País” de Pontevedra, dirixido por Roberto Blanco Torres.
  • Lorenzo Varela comeza Filosofía e Letras en Madrid, onde coñece a Lorca, a Neruda, a Manuel Azaña, Otero Espasandín, Laxeiro, Maside...
  • III Asemblea do Partido Galeguista en Ourense na que xorden dúas tendencias: a dos que buscan a alianza do galeguismo coas esquerdas (Suárez Picallo e o grupo de Pontevedra) e a dos que a rexeitan (Vicente Risco e as Mocedades Galeguistas). Despois dun debate chegan a unha solución de compromiso.
  • Primeira Asemblea da Federación de Mocedades Galeguistas (promovidas por Xosé Velo e Celso Emilio Ferreiro. Ourense).
  • Otero Pedrayo e Castelao viaxan a Euscadi e a Barcelona.
  • No xornal de Barcelona “La Vanguardia” do 25 /III/1934 aparece o seguinte anuncio: “Mañana a las siete de la tarde en la sala Catalonia, nuestra compañera de redacción María Luz Morales dará una lectura, que ilustrará con oportunos comentarios, de una escogida selección de poesías, debidas a los mejores poetas gallegos actuales”. No mesmo xornal, o 27 de marzo faise un resumo da conferencia e infórmase finalmente de que María Luz Morales rematou recitando un poema de García Lorca en galego que posiblemente sería “Madrigal a la cibdà de Santiago”, escrito por Lorca despois da súa estadía en Galicia no 1932 e que sería publicado por primeira vez en decembro do 1932 no nº 6 da revista luguesa “Yunque” e case simultaneamente no nº 6 da revista santiaguesa “Resol”.
  • O 8 de abril Tomàs Garcés en “La Veu de Catalunya”, na súa columna “Almanac literari” publica o artigo “Poetes de Galícia”: “(…) Cunqueiro, sens dubte, uneix als seus primers llorers les esperances més dilatades. Els seus poemes fins, lleugers, incisius assoleixen amb freqüencia una maduresa difícil, plena de gràcia, vestida de colors tendres. Simplicitat, distinció, ecos populars destilats en música nova…”.
  • Tamén o 15 de maio Joan Teixidor escribe en “La Publicitat”: “Crònica de la poesia. Álvaro Cunqueiro”. O mesmo día e neste mesmo periódico no apartado “El Correu de les arts” anúnciase: “L’autor de Cantiga nova que se chama Riveira disertà dilluns, en una de les sales de les Galeries Laietanes sobre el tema “Saló gallec de pintura. Manuel Colmeiro pintor”. Colmeiro inaugurara a súa exposición o día 5 de maio.
  • Castelao desterrado a Badajoz pola campaña antilerrouxista. Asina en Compostela o pacto de Galeuzca con cataláns e vascos.
  • Luís Seoane ingresa no Colexio de Avogados de A Coruña. É avogado da A.S.O. para os sucesos de Asturias.
  • Lorenzo Varela marcha a Madrid, onde realiza estudios de Filosofía e Letras.
  • Otero Pedrayo pronuncia no Paraninfo da Universidade Compostelá (agosto), a conferencia “Compostela monumental”.
  • Manuel Lugrís Freire preside a Real Academia Galega (1934-35). No nº 334 de “A Nosa Terra”: “D. Eladio Rodríguez González, que deixa o carrego voluntariamente, terá en Lugrís, un sucesor de merecimentos e dos azos que a nosa Academia precisa pra ser un organismo vivo, aberto, ás correntes patrióticas coas que a xuventude galega ven empulando a nao da Patria galega”.
  • O 11 de agosto inaugurouse oficialmente na Coruña o monumento a Curros de Francisco Asorey, acto no que falaron Niceto Alcalá Zamora (Presidente da República), Alfredo Suárez Ferrín (Alcalde da Coruña) e Manuel Lugrís Freire (Presidente da Academia Galega).
  • Grandes personalidades do galeguismo interveñen no “Mitin das Arengas”, dentro dos actos xubilares do Día de Galicia, celebrado en Santiago.
  • Ábrese ao público o Museo Provincial de Lugo.
    Fachada principal del Museo Provincial de Lugo, adosado a la Iglesia de San Pedro
  • “Foucellas” participa en Curtis na fundación dunha célula comunista que comezaron a organizar o médico Manuel Calvelo López e a súa dona.
  • Arturo Cuadrado ingresa no cárcere por razóns políticas, xunto con Álvaro das Casas e Ramón Suárez Picallo, o que motivará que este ano non saia á rúa a revista “Resol”.
  • Luís Seoane instálase na Coruña onde exercerá a avogacía.
  • Créase a Irmandade Galeguista do Uruguai, que foi a expresión local das Irmandades da Fala.
  • Conferencia de Núñez Búa na sociedade nacionalista de San Sebastián “Eusko Indarra”, recollida no nº 345 de “A Nosa Terra”.
  • Antón Villar Ponte ingresa no Partido Galeguista e na Real Academia Galega co discurso “O sentimento liberal na Galiza”.
  • Carlos Velo dirixe o seu primeiro documental: “La ciudad y el campo” xunto con Fernando Mantilla e en decembro estrea en Madrid “Almadrabas”, subtitulada “La pesca del atún en Isla Cristina”.
  • Érguese nas rochas dos Castelos, na praia de Covas de Viveiro, un monolito lembrando a traxedia marítima de 1810: A fragata Magdalena, o bergantín Palomo e un brick inglés embarrancan polo temporal contra as rochas da entrada da praia de Covas en Viveiro cuns 750 mortos. Os barcos, no marco da Guerra da Independencia, tiñan o obxectivo de apoderarse dos portos de Santoña e Guetaria e destruir as fábricas de armas de Eugui e Orbaiceta, de onde se surtía o exército francés. O escritor Nicomedes Pastor Díaz tratará este suceso na súa novela “De Villahermosa a la China” e nos versos “La sirena del norte”. Tamén quedou na memoria popular un romance que dicía:

Dime, bergantín “Palomo”,

¿dónde fue tu perdición?.

En la playa de Vivero

al toque de la oración.

Di fragata “Magdalena”,

¿qué mal viento te dio el mar?.

Todos los vientos son malos

si Dios nos da tempestad.

  • Desaparece ORGA Organización Republicana Gallega Autónoma (1929). Constitúese a Federación de Mocedades Galeguistas (FMG).
  • O Seminario de Estudos Galegos celebra na cidade de O Porto a “Semana Cultural Galega”.
  • Unamuno acusa os compoñentes da “Imandade da Fala” dun afán diferencialista. No artigo “Intermedio cómico-lingüístico” (18-12) di : “... Pero el colmo de la puerilidad ridícula es el de ciertos galleguistas que, con una mentecatez pseudo-céltica y pseudo-suévica inefable, han dado en las innovaciones diferenciales más camelísticas. ¡Haxádegos de cadeirádegos! ¿Que qué es esto? Pues... hallazgos de catedráticos ...” . Este artigo orixinou contestacións de R. Blanco Torres, Iglesia Alvariño e Ovidio Temes. Meses despois caracteriza o galego dos galeguistas como lingua “en formación, esperanto local e pseudodialecto de gabinete”.(Alexandre Rodríguez Guerra: Miguel de Unamuno e a lingua galega; tresCtres, 2002, páx. 138).
  • Leandro Pita Romero nomeado ministro do Estado.
  • Blanco Torres ingresa no cárcere por un artigo publicado en “El Liberal” de Madrid. Procesado e encarcerado por supostas inxurias ao goberno, é absolto.
  • Folga xeral na Coruña, Ferrol, Vigo e Monforte.
  • Co gallo dos graves sucesos revolucionarios de outubro, o Goberno Civil suspende nas súas funcións gubernativas ao alcalde Xaime Quintanilla “por su falta de autoridad en el cumplimiento de sus deberes municipales y consentir el abandono de funciones para sus subalternos”. Reintegrarase no Concello en febreiro de 1936, renunciando poucos días despois.
  • O 7 de outubro de 1934 na Illa de Arousa, a “Agrupación Local do Partido Socialista da Illa de Arousa” convoca unha asemblea sometendo a votación a celebración dunha folga xeral para o día 8 de outubro especialmente como protesta polas condicións de traballo que se daban nas empresas conserveiras locais. Esta folga foi probablemente o inicio da proclamación da “República Federal da Illa de Arousa”. A proclamación da independencia tivo lugar na taberna “El Nicho”, onde se proclamou como presidente a Santiago Otero Pouso “Pajares”, como responsable de xustiza a Andrés Mougán Cores “Tormenta”, de Gobernación a Manuel Iglesias Dios, de Facenda a Demetrio Ramos Lojo e de cultura a Luís de Saa Bravo. Despois de estourar dúas bombas producíronse nove detencións. Uns meses despois foron absoltos nun xuízo na Escola Naval de Marín. Despois do golpe de estado do 36 algúns dos protagonistas deste feito foron paseados. Santiago Otero foi fusilado e botado á ría. O feito recóllese no nº 10 de “Guieiro” en “A Nosa Terra do 2 de marzo de 1935.
  • En marzo anúnciase a creación de Radio Coruña da man de Francisco Hervada García-Sampedro e de Radio Pontevedra iniciativa do avogado e comerciante Enrique Vázquez Lescaille.
  • Radio Vigo fúndase no mes de abril por Santiago Montenegro Costas e Emilio Torrado Lima.

Premios

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario


Nunha carta a Ramón Otero Pedrayo de 1934, escribe Ramón Cabanillas: “Fun o único de todos vós feramente perseguido: o único que por republicano naquel tempo (...) e, sobor de todo, por anticaciquil, tiven que andar batendo os zocos por terras do trópico”. As inimizades políticas que fixera debido ás súas criticas en “El Umia” e “El Cometa” especialmente co Marqués de Riestra puido ser unha das causas da súa partida a América no 1910.

Blanco Torres pasa por unha situación económica precaria e vese na obriga de escribirlle a don Ramón Otero Pedrayo: “A Peroja, 21 de agosto de 1934 Sr. D. Ramón Otero Pedrayo. Querido Ramón: Non vexo, n-esta apretura en que me encontro (eu n-esta clas de asuntos vexo pouco) ningunha persoa mais que ti da miña complacencia a quen dirixirme. A miña colaboración de Cuba anda mal, e necesito cen pesetas mentras non se poña mellor. Seranche devoltas asomade pase este sarandón. Unha aperta forte do teu bo amigo”.


En carta a Ramón Otero Pedrayo do 22 de abril, escribe Ramón Cabanillas: “[…] fun perseguido, procesado e aferrollado por unha ditadura que, a verdade, hoxe non atopo tan odiosa como a atopaba entón…E, agora, neste novo réxime, atópome con que son unha morea de esterco. O primeiro auto dos amigos de Castelao en Pontevedra foi o de arrincarme as 3000 pts que me concedera a Diputación…”. En febreiro foi nomeado vogal do “Consejo Nacional de Cultura”, organo asesor do Ministerio de Instrucción Pública”, feito que lle acarrea críticas dos sectores nacionalistas, como segue dicindo nesa carta: “Nun xornal de Bos Aires acabo de ver o meu retrato cunhas liñas, ferventes de malquerencia, porque acetei o nomeamento de “vocal do Consexo de Cultura”. De maneira que ti podes ser profesor, Castelao pode ser empregado de estatística, os demais o que se lle antolle, máis eu, eu que non teño onde cairme morto, que teño sete fillos, (…), non podo nin ser académico (tamén cando me elixiron se ergueron contra min voces que se chamaban amigas) nin podo ser dunha pobre xuntanza tan inocua, tan baleira e mal pagada (o mes de entroido cobrei por asistenza a todas as sesións menos de 25 pesos) como o Consexo da Cultura”.
Orde ministerial impondo o destino administrativo forzoso de Bóveda á Delegación de Facenda de Cádiz. Castelao escribe a Ramón Otero Pedrayo con data de 24 de outubro: “Meu querido irmán: Agora mesmo acabo de enterarme de que Bóveda foi trasladado a Cádiz. O feito corresponde á miseria moral dos nosos nemigos e a min no me sorprende, pero indíname. Coido que debemos aproveitar esta ocasión para que lle demostremos a quen tanto leva traballado pol-o Partido e o galeguismo, sen proveito ningún para él, o noso agarimo e a nosa solidaridade (…). Eu preferiría que me trasladasen a min, pero cicais me toque a min tamén”. (GRIAL, nº 205).
En carta de Aquilino Iglesia Alvariño a Unamuno (24-12): “O mèsmo que isa puèrilidade de galeguizar apelidos casteláns, caso moi raro, que eu sèpa. Moito peor me parece o que con nós fixèron desde as esfèras oficiales de Madrí, castelanizándonos a toponimia, e o que, seguindo o exemplo, fixèron moitos galegos que castelanizaron os apelidos...”. Nesa mesma carta indícalle a Unamuno que a inmensa maioría dos galegos falan galego: “...na lengua que foi e sigue sendo a de Galicia-pois que a falan dous millóns e pico de galegos contra cen mil maragatos, viaxantes, mestres de escola importados e señoritos da Cruña e Vigo”. Ao despedirse xoga coas palabras galego e galeguista: “Aproveito ista ocasión para ofrecerlle un tomiño de poemas galegos –non galeguistas- que recibirá un destes días, e para ofrecerme eu mèsmo, galego e galeguista”. (Alexandre Rodríguez Guerra: Miguel de Unamuno e a lingua galega; tresCtres, 2002, páx. 173).
O 1 de marzo Castelao escríbelle a Ramón Otero Pedrayo: “Hoxe escríboche para que me ourentedes, para que me axudedes e para que colaboredes n’unha obra que vou iniciar. Metéuseme na cachola facer teatro galego. recibirás por este mesmo correo un paquete certificado con dibuxos que ti, Risco e Floro debedes mirar e discutir, dispostos a axudarme (…). Ti, Risco e Floro ollade os dibuxos que vos mando e pensade n’eso, a ver si vos animades a compor unha obra en tres actos...Ti que tes tanta maxinación a ver si inventas un asunto para facer esa obra. O Risco é tamén home de maxinación e vé ben as cousas novas. O Floro será o crítico que non-os deixe facer parvadas...”.
Con data de 27 de abril diríxese tamén a Ramón Otero Pedrayo: “Hoxe recibín carta de Risco na que me di que se arreda do Partido e na que me asegura que levou o disgusto máis grande da súa vida. Ben se ve que o Risco nin meditou o que facía nin o que me di, pois eu non lle creo que levase semellante disgusto. Creo que se dou un gustiño,,, (…) Vaise no intre en que máis falla fan os frenos”.
O 9 de maio, noutra carta, dille: “As cochas dereitas son as que nos empurran â esquerda. Participo do teu optimismo e non atopo motivos para ese medo do Risco (…) Eu pasei uns días moi atristurado e n’un rauto de tristura escribinlle ó Risco unha carta que non quixera ter escrito. (…) Hoxe escríbolle pedíndolle perdón, porque el é tan bo que me pagou ben por mal. Realmente non hai home máis bo que Risco e eu ás veces son inxusto. Todo é porque dende que me metín na política non son feliz. Estóu agardando esas obras que me ofreceches. Eu tamén pensei outras; pero todas son macabras. Mándamas axiña e dispóis póñome á fala contigo para adaptalas. Neste vran quedará todo preparado para comenzar a tempada de inverno co teatro galego. Teño fé no éisito. Estou seguro que antre tí e máis eu faremos algo bó. Xa verás”.
E o 19 de outubro continúa: “Todo che foi un aire de tolería. Miseria moral en todos e nin tansiquera os vencedores poderán respirar. Aquela noite do 6 paseina pegado á miña radio e amaldizoei o progreso que nos permitía ouvir as parvadas tráxicas de Barcelona e as noxentas de Madrid ó mesmo tempo (…) Dá noxo ouvir falar ás xentes que se chaman de orde pedindo a morte dos sentenciados e doéndose de que non fusilen a Companys e Azaña”. (GRIAL, nº 205).

Sumarios

Nós “Boletín Mensual da Cultura Galega”.

Nº 121 (15 de xaneiro).

Sumario: Xohán Luís Ramos: Cadro (poesía). Álvaro Cunqueiro: O mundo i-outras vísperas. Marvin Chauncey Ross: Un esmalte galego en New York. Emilio Pita: Maiakovsky, o derradeiro romántico. Aquilino Iglesia Alvariño: Cando teña 300 anos de alén (poesía). Luís Manteiga: Un poeta. Arquivo Filolóxico i Etnográfico de Galicia. Os homes, os feitos, as verbas.


Nº 122 (15 de febreiro):

Augusto María Casas: Égloga. Xohán Luís Ramos: Papeletas pra unha emigrazón á beira da noite. Álvaro das Casas: Sabel. Vicente Risco: Mitteleuropa. Maside: Grabado en madeira. Arquivo Filolóxico i Etnográfico de Galiza. Os homes, os feitos, as verbas.


Nº 123 (15 de marzo).

Ricardo Carballo Calero: Ti apareciches. Luís Manteiga: O que foi. Ramón Otero Pedrayo: A romeiría de Gelmírez (da novela que vai aparecer).Vicente Risco: Mitteleuropa. Arquivo Filolóxico i Etnográfico de Galiza. Os homes, os feitos, as verbas.


Nº 124-125 (abril-maio).


Lembranza de Xurxo Lourenzo (pol-a Redaición). Vicente Risco: Xurxo Lourenzo Fernández 1910-1934. Xogador de “Porca” (deseño de Xurxo Lourenzo). Xurxo Lourenzo: Notas do meu diario arqueolóxico. Vicente Risco: Mitteleuropa. Arquivo Filolóxico i Etnográfico de Galiza.


Nº 126-127 (xuño-xullo):

Augusto María Casas: Natureza morta. Florentino López Cuevillas: Como nasceu a cidade de Ourense. Paulino Pedret Casado: Un informe en col de Galiza de Xosé Andrés Cornide e Saavedra. Xaquín Lourenzo Fernández: As dornas do Porto do Son. Vicente Risco: Mitteleuropa. Os homes, os feitos, as verbas.


Nº 128-129 (agosto-setembro).


Don Salvador Cabeza de León. Xohán Luís Ramos: Notiza e vos da vida fonda. Ramón Otero Pedrayo: Occitania e Atlántida. Luís Manteiga: Derrumbamento. Vicente Risco: Mitteleuropa. Os homes, os feitos, as verbas.


Nº 130 (outubro).

Aquilino I. Alvariño: Estuario interior. R. Carballo Calero: Grorias e perigos da poesía de Bouza Brey. Ramón Otero Pedrayo: Devalar. Hölderlin Traduzóns e nota de A. Cunqueiro. Grabado de Vidarte. Eisposición Colmeiro. Os homes, os feitos, as verbas.


Nº 131-132 (novembro-decembro): Álvaro Cunqueiro: Primeira elexía. Luís Manteiga: Noiturnio. Álvaro das Casas: A illa de Ons. R. Carballo Calero: A xeneración de Risco. Vicente Risco: Mitteleuropa. Xaquín Lorenzo e Fernando Blanco Abeijón: Miscelánea.

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

NobelPREMIO NOBEL DE LITERATURA: Luigi Pirandello

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa


'


Nacen

  • António Simões (Beringel, Beja).
  • Armando Baptista-Bastos (Lisboa; ibídem 2017).
  • Pedro Tamen (Lisboa).




  • Morren:


  • João Grave (Porto; 1872 Vagos).




No nº 323 de “A Nosa Terra” recóllese no artigo “A nosa literatura xusgada en Portugal”: No xornal O Comercio do Porto, o crítico literario José da Mota Lopes comenzóu a publicar un intresante ensaio encol da nosa literatura. Con verdadeira ledicia transcribimos a súa primeira parte adicada â Poesía: “Se a literatura espanhola contemporânea é, em Portugal, vulgarmente quasi desconhecida, mais desconhecida é ainda sem dúvida, a literatura galega dos nosos dias”.

O 7 de febreiro, a revista portuguesa “ Seara Nova ”, dirixida por António Sérgio e editada por Câmara Reys, dedica o seu nº 425 ás letras galegas, co motivo do centenario do nacemento de Pondal.


No número de xullo, a revista lisboeta “Fradique”, dirixida por Thomas Ribeiro, publica un capítulo de Os dous de sempre de Castelao e O tempo das campías, relato inédito de Otero Pedrayo.


Alberto de Serpa: Varanda (poesía).


Alfredo Cortês: Gladiadores.


Antero de Figueiredo: Miradouro.


António Botto: Ciúme.


Armando Côrtes Rodrigues: Cântico das fontes.


Augusto Frederico Schmidt: Canto da noite (poesía).


Carlos Drummond de Andrade (Brasil): Brejo das almas.


Fausto Duarte: Auá.


Fausto José: Síntese.


Fernando Pessoa: Mensagem (recibe o Premio “Antero de Quental” de segunda categoría do Secretariado de Propaganda Nacional. O de primeira categoría foi para Romaria de Vasco Reis). Escribe o prefacio de Quinto Império de Augusto Ferrerira Gomes.


Jorge Amado (Brasil): Suor.


Jorge de Lima: O anjo (prosa).


José Osório de Oliveira: Psicologia de Portugal e outros ensaios.


José Régio: O Príncipe com Orelhas de Burro.


Manuel Rodrigues Lapa: Liçoes de Literatura Portuguesa: Época Medieval.


Manuel Teixeira Gomes: Novelas eróticas.


Pedro Cardoso (Cabo Verde): Sonetos e redondilhas.


Sant’Anna Dionísio: Antero.


Saul Dias: Tanto.


Teixeira de Pascoaes: São Paulo (biografía). Nunha carta do 4 de setembro, o editor catalán E. Pascual Monturiol (Editorial Apolo) escribe a Teixeira de Pascoaes: “Nos ha causado una gran satisfacción la lectura del último párrafo de su carta en el que figuran unas palabras de simpatía para Barcelona y para nuestra editorial. Haremos todo lo posible para que la edición española de São Paulo resulte digna de tal obra y de tan admirado autor” A tradución española faríaa no 1935 Ramón Martínez López, daquela profesor no Instituto Español de Lisboa.


Vitorino Nemésio: A Mocidade de Herculano (ensaio).




Cataluña


Nacen:

  • Feliu Formosa i Torres (Sabadell).
  • Ricard Salvat (Tortosa; 2009 Barcelona).
  • Salvador Giner (Barcelona; ibídem 2019).


Morren:

  • Jeroni Zanné (Buenos Aires; 1873 Barcelona).



Bartomeu Rosselló-Pòrcel: Quadern de sonets.


Ferran Soldevila: Història de Catalunya (3 vols.).


Francesc de Borja Moll i Casasnovas: Cançons populars mallorquines.


Ignacio Agustí: L’esfondrada.


Jaume Massó i Torrents: Cinquenta anys de vida literària.


Joan Puig i Ferreter: Camins de França.


Josep Maria de Sagarra: L‘aperitiu (artigos).


Josep Pla: Viatge a Catalunya.


Josep Vicenç Foix i Josep Carbonell: Revolució catalanista (artigos).


Llorenç Villalonga funda a revista “Brisas”.


Maria Antònia Salva: El retorn.


Marià Manent i Cisa: Notes sobre literatura estrangera.


Mercè Rodoreda: Del que hom no pot fugir (narrativa) i Un dia de la vida d‘un home (narrativa).


Pere Quart: Les decapitacions (poesía).


Salvador Espriu: Aspectes.

Flag of Spain


Nacen:

  • Claudio Rodríguez García (Zamora; 1999 Madrid).
  • Gonzalo Suárez (Oviedo).
  • Nicolás del Hierro Palomo (Piedrabuena, Ciudad Real; 2017 Madrid).




Morren:



Andrés Carranque de Ríos: Uno.

Enrique Jardiel Poncela: Angelina o el honor de un brigadier.


García Lorca: Yerma (estrea en Madrid por Margarita Xirgu).


Gerardo Diego: Poesía española.


Gregorio Marañón: Las ideas biológicas del P. Feijoo.


José Bergamín: La cabeza a pájaros.


José María Pemán: Cuando las Cortes de Cádiz e Cisneros.


Julio Camba: Haciendo de República e La ciudad automática.


Ramiro de Maeztu: Defensa de la hispanidad.





Máis culturas:


Nacen:

  • Tomás Eloy Martínez (Tucumán; 2010).
  • Alan Bennett (Leeds).
  • Gordon Lish (Hewlett, New York).
  • Joan Didion (Sacramento, California).
  • LeRoi Jones (Amiri Baraka). (Newark, New Jersey; 2014).
  • Stanley Payne (Denton, Texas).
  • Uwe Johnson (Cammin, Pomerania; 1984).
  • Wole Soyinka (Abeokuta, Nixeria).
  • Yasutaka Tsutsui (Osaka).


Morren:.

  • José Santos Chocano (Santiago de Chile; 1875 Lima).
  • Luis Gonzaga Urbina (Madrid; 1867 Ciudad de México).
  • Rubén Martínez Villena (1899 Alquízar, La Habana).



Alfonsina Storni: Mundo de siete pozos (poesía).


Emilio Ballagas: Cuaderno de poesía negra.


Julieta Gómez Paz: Versos míos.


Mariano Brull: Canto redondo.


Nicolás Guillén: West Indies, Ltd (poesía).


Rafael Felipe Muñoz: Se llevaron el cañón para Bachimba.


Rómulo Gallegos: Cantaclaro.


Salvador Novo: Poemas proletarios.



Agatha Christie: Asasinato no Orient Express. Traducida ao galego por Alberto Álvarez Lugrís para a Biblioteca Galega dos Clásicos Universais.


Arthur Miller: Trópico de Cáncer.


Bruno Schulz: Almacéns de canela.


Ernst Jünger: Follas e pedras.


Francis Scott Fitzgerald: Tender is the night.


Herbert G. Wells: An experiment in autobiography.


James Cain: The postman always rings twice.


Jean Giono: Le chant du monde.


Jean Rhys: Voyage in the dark.


Joseph Roth: Tarabas.


Louis Aragon: Les cloches de Bâle.


Paul Eluard: La rose publique.


Pierre Drieu La Rochelle: La comédie de Charleroi.


William Saroyan: O atrevido rapaz sobre o trapecio.


Tamén sucedeu...

  • O canadiano Frederick Banting recibe o premio Nobel de medicina e fisioloxía polo seu descobrimento das causas da diabetes e de un tratamento para a enfermidade.
  • Fusiónanse as “Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista” (JONS) coa “Falange Española” para formar “Falange Española y de las JONS”. Dirixen o partido José Antonio Primo de Rivera, Ramiro Ledesma e Onésimo Redondo.
  • Restablécese a pena de morte (27 de marzo).
  • Lei de Amnistía (25 de abril).
  • Lerroux substituído por Samper na Presidencia de Goberno (2 de maio).
  • O 4 de outubro, Lerroux preside un novo gabinete e dá entrada a tres ministros da CEDA (Confederación Española de Derechas Autónomas), o que supón un detonante da revolución de outubro: folga xeral, levantamentos en Asturias, Cataluña e País Basco que rematan coa intervención do exército.
  • Lluís Companys proclama a República de Cataluña dentro da República Federal Española (6 de outubro). O Goberno reacciona suspendendo o Estatuto de Autonomía catalán e condenando a Companys a 30 anos de cadea.
  • Revolución de Asturias. O goberno envía as tropas mouras e a Legión, apoiados pola forza aérea, rendíndose os mineiros o 15 de outubro.
  • Entre ambas zonas cóntanse máis de 1.500 mortos e 30.000 encarcerados, entre eles, Azaña e Largo Caballero.
  • Calvo Sotelo dirixe o Bloque Nacional.
  • Inaugúrase a Universidade de Verán.
  • Unamuno é nomeado rector vitalicio da Universidade de Salamanca.
  • Morre Hindenburg; Hitler convértese en Führer de Alemaña.
  • Morren:

- Pablo Gargallo (Reus; 1881 Maella).

- Santiago Ramón y Cajal (Madrid; 1852 Petilla de Aragón).

- Asasinado Augusto Sandino, heroe da loita contra a ocupación norteamericana en Nicaragua.