Diferenzas entre revisións de «1925»

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura
(Nacementos/Pasamentos)
(25px|Flag CPLP.gif 25px|Cataluña 25px|Flag of Spain Outras culturas)
 
(Non se amosa 2 revisións do historial feitas polo mesmo usuario.)
Liña 16: Liña 16:
 
||O especialista en arte Antonio Bonet Correa (A Coruña; 2020 Madrid).
 
||O especialista en arte Antonio Bonet Correa (A Coruña; 2020 Madrid).
 
|-
 
|-
||O historiador Francisco Carballo Carballo (Asadur, Maceda).
+
||O historiador Francisco Carballo Carballo (Asadur, Maceda; 2014 Salamanca).
 
|-
 
|-
 
||O pintor José Mª de Labra y Suazo (A Coruña; 1994).
 
||O pintor José Mª de Labra y Suazo (A Coruña; 1994).
Liña 31: Liña 31:
 
|-
 
|-
 
||O escritor Mariano Tudela (A Coruña; 2001 Madrid).
 
||O escritor Mariano Tudela (A Coruña; 2001 Madrid).
 +
|-
 +
||O lingüista e etnógrafo Elixio Rivas (Fondo de Vila, Xunqueira de Ambía; 2022 Salamanca).
 
|}
 
|}
 
{| class="wikitable" style=" text-align: center; margin-left: auto; margin-right: auto;" data-mce-style="text-align: center; margin-left: auto; margin-right: auto;"
 
{| class="wikitable" style=" text-align: center; margin-left: auto; margin-right: auto;" data-mce-style="text-align: center; margin-left: auto; margin-right: auto;"
Liña 469: Liña 471:
 
* [[wikipedia: es: José María Rodríguez Méndez  | José María Rodríguez Méndez ]] (Madrid; 2009 Aranjuez).
 
* [[wikipedia: es: José María Rodríguez Méndez  | José María Rodríguez Méndez ]] (Madrid; 2009 Aranjuez).
 
* [[wikipedia: es: José Ruibal  | José Ruibal ]] (Xeve, Pontevedra; 1999 Cuenca).
 
* [[wikipedia: es: José Ruibal  | José Ruibal ]] (Xeve, Pontevedra; 1999 Cuenca).
 +
* [[wikipedia: es: Julia Uceda  | Julia Uceda ]] (Sevilla; 2024 Ferrol).
 
* [[wikipedia: es: Luis Riaza  | Luis Riaza ]] (Madrid; ibídem 2017).
 
* [[wikipedia: es: Luis Riaza  | Luis Riaza ]] (Madrid; ibídem 2017).
  

Revisión actual feita o 15 de outubro de 2024 ás 22:50

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
María Victoria Fernández-España y Fernández Latorre “Victoria Armesto” (A Coruña; 1999 Madrid).
Micaela Misiego Llagostera (Barcelona; 2010). Escritora alófona.
Outros
O especialista en arte Antonio Bonet Correa (A Coruña; 2020 Madrid).
O historiador Francisco Carballo Carballo (Asadur, Maceda; 2014 Salamanca).
O pintor José Mª de Labra y Suazo (A Coruña; 1994).
O pintor Virxilio Fernández (Ourense; 2011 Tamallancos).
O artista Gerardo Porto (A Coruña; 2010 Amsterdam).
O pintor, arquitecto e escritor Agustín Pérez Bellas (Vigo; ibídem 1982).
O historiador e escritor Ramón Otero Túñez (Santiago; 2010).
O pintor, gravador e escultor Luis Gómez Pacios (Lugo; ibídem 1983).
O escritor Mariano Tudela (A Coruña; 2001 Madrid).
O lingüista e etnógrafo Elixio Rivas (Fondo de Vila, Xunqueira de Ambía; 2022 Salamanca).
Skull.png
Pasamentos
Literatura
Enrique Labarta Pose (Barcelona; 1863 Baio).
Florencio Vaamonde Lores (A Coruña; 1860 Bergondo).
Manuel Comellas Coímbra (Mandiá; 1853 Ferrol).
Manuel Lago González (Santiago; 1865 Tui).No nº 211 de “A Nosa Terra” recóllese a noticia da súa morte e publícase o seu poema “Alborada”.
Outros
Pablo Iglesias (Madrid; 1850 Ferrol): “La muerte no nos separa de Iglesias. La imagen de su vida de ternura, de amor y de firmeza, queda definitivamente incorporada al tesoro moral de nuestra conciencia de hombres libres, demócratas, obreros del ideal inmortal del Socialismo”. ¿?
O anarquista e xornalista Ricardo Mella y Cea (Vigo; ibídem 1861).
O escritor e historiador Benigno Teijeiro Martínez (Paraná, Argentina; 1846 Ortigueira).

Publicacións

Galegas

  • Amador Iglesias Soto : Albores de un astro. (Asinada como Asslegi Toiso. Poemario bilingüe galego-castelán).
  • Antonio Couceiro Freijomil : Lóstregos. Con prólogo en verso de Francisco Álvarez de Nóvoa. Ampliados publicáronse no diario ourensán “Galicia” co título de Do meu feixe.
  • Antonio Noriega Varela : “Aquela que me namora…” poema en “A Nosa Terra” nº 214. No 215 “Do tempo dos caciques”.
  • Ánxel del Castillo López : A dona das torres (Nº 12 da Colec. Lar. 22/08). No nº 215 de “A Nosa Terra”: “¡Santiago benditiño…!
  • Blanco Amor publica na primeira páxina de “El Despertar Gallego” o artigo “El ayer, el hoy y el mañana de la colectividad gallega”. O 12 de abril, no suplemento “Los Domingos de La Nación”, asina o artigo “Momento actual de la poesía gallega. Los precursores”.

O 17 de maio “Estado actual de la poesía gallega. Segundo momento”, O 28 de xuño “El paisaje gallego” eO 25 de xullo “De la tierra gallega”.

  • Eduardo Blanco Amor : “Momento de la poesía actual gallega” (ensaio en “La Nación”, Argentina).
  • Francisca Herrera Garrido : Martes de antroido (A Coruña) e A neta da naipeira (no nº 20 de “Nós”). Tamén o ensaio “Rosalía Castro” no Diario Español de Buenos Aires. No nº 215 de “A Nosa Terra”: “Lembranza d’unha invitación agasallosa”.
  • Leandro Carré : “Os saltimbanquis”, no nº 210 de “A Nosa Terra”. No 216 “Cinzas”.
  • Lois Tobío :Aportación ó estudo da historia da pesca da balea nas costas de Galiza.
  • M.Magariños Negreira: “Descripzón da regueifa en Negreira” (“A Nosa Terra”, núm. 218).
  • Ramón Cabanillas : Estoria do bendito San Amaro (ilustrado por Castelao. Mondariz-Balneario. Edición Lar). Fora publicado no xornal “Galicia” o 1 / 1 / 1925.
  • Ramón Otero Pedrayo : Pantelas, home libre (novela). En “A Nosa Terra” nº 214. “Nouturnio”, (poema). No 218 “A serra da Martiña”.
  • Vicente Risco : O lobo da xente e A trabe de ouro e a trabe de alquitrán (Número 10 da Colec. Lar 4/07).

No nº 209 de “A Nosa Terra” “A terra e a evolución humana”. No nº 212: “O hispanismo d’Antonio Sardinha”. No nº 215: “Lembrando os Precursores”. No nº 216: “Estudos sobre o Romantismo”.

  • Víctor Casas : colabora en “A Nosa Terra”. No núm. 217: “O fútbol e a política”.
  • Victoriano Taibo : Da vella roseira (Santiago). No nº 211 de “A Nosa Terra”: “É unha coleición de fermosos e orixinás cántigas ateigadas de beleza e pensamento â par que de sabor recial. N’este mesmo número pubricamos algunhas escollidas ao azar que son unha mostra das que contén o libriño que acaba de sair”.
  • Xan de Pazos: colabora en “A Nosa Terra”.
  • Xoán Xesús González Formoso: Ana María (novela no número 13 da colección Lar).
  • Xosé Filgueira Valverde : Os nenos. Ilustrado por L. Pintos e cuberta e contracuberta de Castelao. No nº 219 de “A Nosa Terra” coméntase: “Filgueira Valverde presíntese n-este seu primeiro libro que tera grande éxito como un bon escritor a quen agardan trunfos e loureiros merescidos. O libriño vai adicado aos nenos irlandeses fillos dos mártires das revoltas da illa irmá pol-a sua liberación. A adicatoria e dino introito do notabre libro que está á venda en todal-as librerías”.
  • REVISTA LAR
    Camilo Diaz Baliño, carnet do corresponsal LAR
  • O 3 de xaneiro sae á rúa o número 3 da revista “ Lar ”: O pastor de doña Silvia de Aurelio Ribalta, con portada de Camilo Díaz.
  • O nº 5 sae o 31 de xaneiro coa novela de Amado Carballo : Os probes de Deus (portada de Camilo Díaz).
  • Nº 10 O lobo da xente de Vicente Risco (portada de Camilo Díaz). (4 de xullo).
  • Nº 12 A dona das torres de Ánxel del Castillo López (portada de Camilo Díaz, 22 de agosto). Neste número a revista expón:“… Se os nosos lêtores quixeran axudarnos na nosa labor recomendando a pubricación LAR entre as súas amistades, ademais de nos favorecer contribuíndo a afianzar esta nosa querida novela, farían unha obra de cultura, de patriotismo, e asegurarían a vida da pubricación que precisa de todos para se soster e mellorar”.
  • Nº 15 (novembro): Cabalgadas en Salnés, novela de F. Bouza Brey (portada de Camilo Díaz). Neste número celebran o primeiro aniversario: “E non é sô a pubricación popular de noveliñas LAR o froito das nosas actividades e quereres; o rexurdimento da revista NÓS, a Biblioteca do Seminario de Estudos Galegos, e outras pubricacións de poesías, novelas, teatro, dos mellores escritores galegos, en tomiños axeitados, encomezaron a sair tamén do noso esforzo en pro das letras galegas”.
  • No nº 212 de “ A Nosa Terra ”, (“revisado pol-a censura militar”), recóllese en primeira páxina: “Intereses galegos. As carnes conxeadas”: “ A riqueza gandeira galega nunca foi tan feramente ameazada coma agora, coa importación das carnes conxeadas procedentes da Arxentina [,,,] O gando galego merez a mesma proteución que poida merecere calquera industria de calesquer rexión hispánica…”.
  • No nº 213 de “A Nosa Terra” recóllese de Enrique Labarta Pose “Revista d’unha corrida de ¿touros? n-a vila de Noya feita por un labrego” do seu libro de1889 Bálsamo de Fierabrás.
  • O nº 215 está “revisado pol-a censura do Goberno civil” e indícase que “dende éste número, A Nosa Terra tírase na imprensa propiedade da editorial Lar.
  • No nº 219 na sección “Coversas filolóxicas” coméntase: ·”Algúns escritores e xornalistas deron en usar o i como conxunción en troques do e. Notamos que son xeneralmente aqueles que lle dan pouca importancia â pureza do idioma ou os que pretenden chegar axiña ao cume e non se deteñen para estudar o preciso a fin de non estragar a fala mais ainda do que xa está por influencias estrañas metidas â forza no miolo das nosas xentes da campía…”.

Relativas a Galicia

  • Aparece na Coruña a revista mensual “Domecq en Galicia” (1928).
  • O 22 de agosto aparece en Buenos Aires a revista “Alborada. Órgano de la Asociación Benéfica Cultural del partido de Corcubión”.
  • O 25 de maio fúndase en Vigo “ Vida Céltiga ”, subtitulada “Revista semanal gráfica-literario-informativa”. Nesta revista, asina Teixeira de Pascoaes o poema en portugués “No aniversario da rula do Sar”, como homenaxe a Rosalía de Castro. Desaparece o 3 de agosto.
  • En Sada ve a luz a revista quincenal ilustrada “Mariñana”, dirixida por Eduardo García Ramos. No nº 219 de “A Nosa Terra” (1 de nadal), dise: “A revistiña sadense “Mariñana” apareceunos agora contraria â fala galega. Sempre as persoas que saen do mais baixo son as que mais empeño teñen en aparentar distinción na maneira de falar, e por eso odian a sua propia fala que lles lembra a homildanza do seu orixe ou que, coidan eles, fai que os demais os consideren pol-o que pretenden deixar de ser”.
  • O número de xullo da revista “Centro Gallego” do Centro Galego de Montevideo recolle unha conferencia de Juana de Ibarbourou sobre Rosalía de Castro .
  • A portada do nº 6 da revista de Coimbra “Tríptico” está debuxada por Álvaro Cebreiro .
  • Álvaro de las Casas: Sol de media noche (Ourense) e La ciudad de las sonrisas (Ourense).
  • Eladio Puga Rodríguez: Visita na terra (León).
  • Evaristo Correa: El arte racial de Suárez Couto (Lugo).
  • Gerardo Doval: Un problema nacional. Los foros en Galicia. Una fórmula equitativa para su total liberación.
  • José Devolx y García: Nuevas poesías (Madrid).
  • Juan Dantín Cereceda: Distribución geográfica de la población en Galicia (Madrid).
  • Juan González del Valle: Valentín Lamas Carvajal. Colección de poesías en gallego (A Coruña).
  • Juan Tizón Herreros: Espiando al diablo (Dez relatos).
  • Pablo Pérez Costanti: Notas viejas galicianas (Vigo).
  • Primitivo Rodríguez Sanjurjo: Errores de la actual división de España y fundamentos geográficos para una nueva división en provincias.
  • Salvador García-Bodaño Fernández: Páginas de mi vida (A Coruña).
  • Xoán Xesús González: Hacia una morfología de la vida gallega (Santiago).

Acontecementos

  • Castelao e Losada Diéguez crean a Coral Polifónica en Pontevedra.
    Coral Polifónica de Pontevedra
  • Rafael Dieste deixa o “Galicia” e incorpórase á redacción de “El Pueblo Gallego”.
  • Suspensión gubernativa do xornal “Galicia” de Vigo.
  • Amado Carballo enferma de tuberculose.
  • Laxeiro regresa de Cuba á súa aldea, onde traballará de barbeiro.
  • Xaime Prada ilustra as páxinas de “Céltiga” de Buenos Aires.
  • Cándido Fernández Mazas colabora nas páxinas de “La zarpa” con caricaturas e debuxos.
  • Fúndase o Banco Pastor por iniciativa de Ricardo Rodríguez Pastor e Pedro Barrié de la Maza.
  • O 7, 8 e 9 de outubro, celébrase en Lugo o “I Congreso de Economía Gallega”, promovido polo alcalde Eduardo Rosón.
  • O 28 de agosto remata a primeira viaxe da fotógrafa Ruth Matilda Anderson a Galicia. O 14 de novembro regresaría acompañada da tamén fotógrafa Frances Spalding percorrendo Galicia ata o 31 de maio de 1926.
  • Ten lugar o Primeiro Congreso das Nacionalidades Europeas que ten por obxectivo o dereito á autonomía e ao desenvolvemento cultural das nacións sen Estado e das minorías nacionais europeas, sempre desde o respecto ás fronteiras estatais. A primeira participación efectiva dunha delegación galega tivo lugar en 1933, en Berna, coa intervención de Plácido Castro.
  • Estréase na Argentina a comedia dramática de Ramón Suárez Picallo Marola.
  • O 28 de xaneiro estréase no Teatro da Zarzuela en Madrid La casa de la Troya, película baseada na novela de Pérez Lugín do mesmo nome. Lugín sería o director artístico e Manuel Noriega o director escénico. Colaborou o empresario asturiano Antonio Moriyón .

Premios

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario

O 21 de maio Vicente Risco escríbelle a Enrique Peinador, dicindo: “Apelando ós teus sentimentos que compartes connosco, a prol da nosa Terra e da nosa cultura, quixeramos saber si podemos contar co teu apoio económico, e tamén de camiño, se ti, antre as túas amistades, nos podías proporcionar algún outro que se comprometera por un ano”. A resposta de Peinador foi decontado, entregándolle diñeiro e procurando anunciantes.



Dende Mondáriz-Balneario, (15 de decembro), Ramón Cabanillas escribe a Rial Seijo, gerente de “Céltiga”. Buenos Aires: […] Se me ocurre, ya con las manos en la masa, que lo que sería una labor excelsamente patriótica, por parte de esas sociedades gallegas de instrucción es la publicación de un librito escolar de lectura en gallego y en diversos tipos, de texto cuidado literaria y pedagogicamente, del que debieran hacerse cuarenta o cincuenta mil ejemplares para distribución gratuita en las escuelas. ¿No hay en Buenos Aires cien organismos culturales gallegos? Pues, a cincuenta nacionales cada uno tendríamos lo bastante para realizar cumplidamente la obra. Yo no tendría inconveniente, por modesta que fuera la retribución, en escribir ese librito, sometiendo el texto a la aprobación del organismo que ahí se creare para llevar a término la empresa, si éste no prefería darme previamente la pauta. (No nº 31 de “Céltiga” do 10-4-1926 dáse conta dunha suscripción que se abriu para editar o libro, pero a idea non se fixo realidade). (Ramón Cabanillas; 3 obra completa, Akal Editor 1981).

Sumarios

Nós. Boletín Mensual da Cultura Galega.



Nº 20 ( 15 de agosto).

R. Cabanillas: As pombas do perdón. Portela Valladares: A vida intensa. Francisca Herrera Garrido: A neta da naipeira. Florentino L. Cuevillas: A Edade do Ferro na Galiza (proseguimento): As fontes pr’o estudo da protohistoria galega. Quod nihil scitur (continuación); tradución de Xan Aznar Ponte. Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza: Contos. Os homes, os feitos, as verbas.


Nós Nº 21 (15 de setembro).

Marqués de Figueroa: Falares miñoto. Armando Cotarelo: Un romance galego. Xosé Filgueira Valverde: Cantigas d’El Rei Sabio localizadas en Galicia. San Ero d’Armenteira. F. Bouza Brey: Do arte popular galego e de unha das súas manifestazóns. Florentino López Cuevillas: A Edade do Ferro en Galiza (proseguimento). Quod nihil scitur (continuación). Tradución de Xan Aznar Ponte. Augusto María Casas: Panteismo. Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza. Os homes, os feitos, as verbas



Nós. Nº 22 (15 de outubro).

Amador Villar Amor: O derradeiro galán. Xosé Filgueira Valverde: San Ero d’Armenteira (proseguimento). Lois Tobío Fernández: Unhas moedas castelás atopadas no Valadouro. Florentino L. Cuevillas: A Edade do Ferro en Galiza (proseguimento). Quod nihil scitur (continuación), tradución de Xan Aznar Ponte. Archivo Filolóxico e Etnolóxico de Galiza. Os homes, os feitos, as verbas.


Nós. Nº 23 (15 de novembro).

Antonio Couceiro Freixomil: Cantares. Ramón Otero Pedrayo: Os poetas atlánticos. Xosé Pena Pena: A ponte de Vidán. O Congreso d’Economía Galega en Lugo. Florentino L. Cuevillas: A Edade do Ferro na Galiza (proseguimento). Quod nihil scitur (continuación), tradución de Xan Aznar Ponte. Archivo Filolóxico e Etnográfixo de Galiza. Os homes, os feitos, as verbas.


Nós Nº 24 (15 de decembro).

Álvaro María de las Casas: Soneto. Leandro Carré: A regueifa. Antonio Couceiro Freixomil: Sobre o emprego do apóstrofo. Florentino L. Cuevillas: A Edade do Ferro na Galiza. Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza. Os homes, os feitos, as verbas.

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

NobelPREMIO NOBEL DE LITERATURA: George Bernard Shaw

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa


Nacen






Morren:

  • Alberto Pimentel (Alberto António Sardinha (Elvas; 1888 Monforte, Alentejo).
  • Augusto de Almeida Pimentel) (Queluz; 1849 Cedofeita).
  • Carolina Michaëlis de Vasconcelos (Porto; 1851 Berlín). No nº 219 de “A Nosa Terra”: “Non afecta sô a Portugal a morte da eminente filóloga, senon que Galicia sofre tamén unha grande perda, porque os estudos predileitos da notabre crítica eran os das linguas e literaturas romance que por igual interesan aos dous pobos irmans…”.




Co número de febreiro, o 5, remata a publicación da revista “Athena”.


O 17 de marzo falece en Lisboa a nai de Fernando Pessoa.


Alberto Pimentel: A açucena de ouro.


Antero de Figueiredo: D. Sebastião: rei de Portugal 1554-1578.


António Botto: Piquenas Esculturas.


António de Cértima: Volúpia do Mar e Legenda Dolorosa do Soldado Desconhecido de África.


António Ferro: Mar alto (teatro).


António Sardinha: Ao Ritmo da Ampulheta e A Aliança Peninsular.


Carlos Malheiro Dias: Exortação à mocidade.


Eça de Queirós (1845-1900): A Capital; O Conde de Abranhos e Alves & Cª .“No largo, a manhá resplandecia. Depois dos dias de chuva, aquele sol delicioso dava á cidade a alegria dum renascimento: até dois moços que num patio lavavam uma carruagem a baldes de água e os galegos que palravam à beira do chafariz, pareciam tão satisfeitos como os canários que gorjeavam nas janelas” (A capital).


Fernanda de Castro: Mariazinha em África.


Fialho de Almeida: Vida errante.


Francisco Costa: Verbo austero.


João Albasini (Mozambique): O livro da dor (Libro fundador da literatura mozambicana).


Mário Saa: A Invasão dos Judeus (Pessoa é un dos personaxes analizados).


Menotti del Picchia (Brasil): Chuva de pedra (poesía).


Miguel Torga regresa a Portugal do Brasil onde estava emigrado.


Oswald de Andrade (Brasil): Pau-Brasil (poesía).


Raul Proença: Guia de Portugal I.


Teixeira de Pascoaes : Sonetos. No nº 209 de “A Nosa Terra” figuran os poemas “A Galiza”, dedicado a Ramón Cabanillas e “A Rosalía de Castro”.


Tomaz da Fonseca: Erro de origem. Transformismo religioso.





Cataluña


Nacen:

Morren:


Francesc Trabal: L‘any que ve.


Joan Salvat-Papasseit: (1894-1924): Óssa Menor (poemas).


Joaquim Ruyra: Les coses benignes.


Josep Carner: El cor quiet (poemas) e Les bonhomies (artigos e contos).


Josep Maria de Sagarra: Cançons de totes les hores (poemas).


Josep Maria López-Picó: Elegia.


Josep Pla: Coses vistes. (Experiencias de viaxes e reflexións) e Russia.


Josep Sebastià Pons: Cante- perdiu (poemas coa tradución francesa).


Martí Genís i Aguilar: Records i contes.


Miquel Llor: Història gris.


Pau Vila i Dinarès: Assaig de geografia humana de la muntanya.


Prudenci Bertrana: Jo! Memòries d‘un metge filòsof.

Flag of Spain


Nacen:





Morren:

  • Alonso Quesada (Rafael Romero Quesada) (Las Palmas de Gran Canaria; ibídem 1885).





Polémica entre as vangardas pola aparición do surrealismo.


Américo Castro: El pensamiento de Cervantes.


Azorín: Doña Inés.


Dámaso Alonso: El viento y el verso.


Gabriel Miró: El obispo leproso.


Guillermo de Torre publica en Madrid Literaturas europeas de vanguardia.


Miguel de Unamuno: La agonía del cristianismo e De Fuerteventura a París.


Ortega y Gasset: La deshumanización del arte.


Valle-Inclán: No nº 208 de A Nosa Terra” (1 de xaneiro), figura o poema “Cantigas de vellos”.




Máis culturas:


Nacen:




Morren:



Borges: Luna de enfrente (poesía) e Inquisiciones.


Carlos Pellicer: México (poemas).


Eduardo Mallea: Cuentos para una inglesa desesperada.


Gabriela Mistral: Ternura (poesía).


Huidobro: Manifestes; Automne régulier e Tout à coup.


José Gorostiza: Canciones para cantar en las barcas.


Oliverio Girondo: Calcomanías.


Pablo Neruda: Tentativa del hombre infinito (poesía).


Salvador Novo: XX poemas.



André Gide: Les faux-monnayeurs.


Boris Pasternak: Relatos.


Eugene O’Neill: Desire under the elms (teatro) e The great god Brown (teatro).


Eugenio Montale: Ossi di seppia (poesía).


Ezra Pound: Cantos (16 primeiros).


Franz Kafka (1883-1924) : O proceso.


Iván Bunin: O amor de Mitia.


John Dos Passos: Manhattan Transfer (Traducido ao galego por Mercedes Pacheco Vázquez para Sotelo Blanco no 2005).


Liam O’Flaherty: The informer (O delator).


Lu-Yin: Haibin guren.


Marcel Proust: Albertine disparue (pertencente a A la recherche du temps perdu).


Virginia Woolf: A señora Dalloway.


Tamén sucedeu...

  • CINE

- Estréase en París A quimera do ouro de Charles Chaplin.

Vintage Potemkin

- Eisenstein: O acoirazado Potemkin, unha das obras máis importantes do cine mudo.

- Pudovkin: A nai.

  • Georges Braque: «Nature morte sur table de marbre vert».
  • Primo de Rivera suspende a “Mancomunitat de Catalunya”.
  • Insurrección anticolonial en Marrocos capitaneada por Abd el-Krim ; aplastada por Francia e España co desembarco de Alhucemas.
  • Remata a Guerra do Rif.
  • Formación dun Directorio Civil (3 de decembro).
  • Derradeiro artigo de Pablo Iglesias ( en “La Libertad”; 5 de decembro: “El proletariado vencerá”: “El ideario de los proletarios está dictado por la razón e inspirado por la justicia, y hagan lo que hagan sus enemigos, vencerá, como viene venciendo desde que los obreros han adquirido conciencia bastante de su valor y de su fuerza”.
  • Nace a Unión Liberal de Estudiantes.
  • O hidroavión “Plus Ultra” pilotado por Ramón Franco e Julio Ruiz de Alda sae de Palos de Moguer cara a Buenos Aires.
  • Establécese en Italia a ditadura fascista; o poder xudicial perde a súa independencia e desaparecen os sindicatos.
  • As tropas francesas evacúan o Rhur.
  • Desembarcan tropas norteamericanas en Honduras para protexer os intereses de United Fruits.
  • Stalin actúa contra Trotski .
  • A Sociedade de Nacións admite a Alemaña como membro.
  • Reza Shah Pahlavi convértese en Sha de Persia.
  • Xúlgase en Tennesse o mestre de escola Scopes por violar a lei que prohibe o ensino da evolución.
  • Nos Estados Unidos hai catro millóns de receptores de radio fronte aos cincuenta mil de 1921.
  • Morre Antonio Maura (Torrelodones; 1853 Palma de Mallorca).