Diferenzas entre revisións de «1935»
(→25px|Flag CPLP.gif 25px|Cataluña 25px|Flag of Spain Outras culturas) |
(→Nacementos/Pasamentos) |
||
(Non se amosa 29 revisións do historial feitas polo mesmo usuario.) | |||
Liña 3: | Liña 3: | ||
{| class="wikitable" style="text-align: center; margin-left: auto; margin-right: auto;" data-mce-style="text-align: center; margin-left: auto; margin-right: auto;" | {| class="wikitable" style="text-align: center; margin-left: auto; margin-right: auto;" data-mce-style="text-align: center; margin-left: auto; margin-right: auto;" | ||
+ | |- | ||
!|[[File:Child in diaper icon.svg|10px|Child in diaper icon]] Nacementos | !|[[File:Child in diaper icon.svg|10px|Child in diaper icon]] Nacementos | ||
|- | |- | ||
− | |||
||'''Literatura''' | ||'''Literatura''' | ||
|- | |- | ||
Liña 25: | Liña 25: | ||
||Rosendo Díaz Peterson (Arximil, Sober; 2018) | ||Rosendo Díaz Peterson (Arximil, Sober; 2018) | ||
|- | |- | ||
− | ||Salvador García-Bodaño Zunzunegui (Teis, Vigo; 2023 Teo). | + | ||Salvador García-Bodaño Zunzunegui (Teis, Vigo; 2023 Teo; 2023 Santiago de Compostela). |
|- | |- | ||
||Xohán Casal Pardo (A Coruña; ibídem 1960) | ||Xohán Casal Pardo (A Coruña; ibídem 1960) | ||
Liña 36: | Liña 36: | ||
||O pintor Eladio Mosquera Méndez (Oroso, A Coruña; 2001 A Coruña) | ||O pintor Eladio Mosquera Méndez (Oroso, A Coruña; 2001 A Coruña) | ||
|- | |- | ||
− | ||O pintor Xusto Moreda (Ribadeo) | + | ||O pintor Xusto Moreda (Ribadeo; ibídem 2022) |
|- | |- | ||
||O escritor Alfonso Sobrado Palomares (Paradela, Calvos de Randín) | ||O escritor Alfonso Sobrado Palomares (Paradela, Calvos de Randín) | ||
Liña 61: | Liña 61: | ||
|- | |- | ||
||O ilustrador Pedro Ruiz Bofill (Barcelona) | ||O ilustrador Pedro Ruiz Bofill (Barcelona) | ||
+ | |- | ||
+ | ||O dramaturgo Rogelio San Luis Ramos (A Coruña; 2024). | ||
|- | |- | ||
||O empresario Claudio San Martín (A Coruña; ibídem 1988 | ||O empresario Claudio San Martín (A Coruña; ibídem 1988 | ||
|- | |- | ||
− | ||O político e empresario Francisco Xavier Suárez-Vence Santiso (A Baña) | + | ||O político e empresario Francisco Xavier Suárez-Vence Santiso (A Baña; 2024 Lamas, Boqueixón). |
|- | |- | ||
− | ||O xogador de fútbol Luis Suárez Miramontes (A Coruña) | + | ||O xogador de fútbol Luis Suárez Miramontes (A Coruña; 2023 Milán) |
|} | |} | ||
− | |||
{| class="wikitable" style=" text-align: center; margin-left: auto; margin-right: auto;" data-mce-style="text-align: center; margin-left: auto; margin-right: auto;" | {| class="wikitable" style=" text-align: center; margin-left: auto; margin-right: auto;" data-mce-style="text-align: center; margin-left: auto; margin-right: auto;" | ||
|- | |- | ||
!|[[File:Skull.png|15px|left|baseline|frameless]] Pasamentos | !|[[File:Skull.png|15px|left|baseline|frameless]] Pasamentos | ||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
||'''Literatura''' | ||'''Literatura''' | ||
Liña 367: | Liña 373: | ||
* O 25 de xullo o monumento a Curros na Coruña foi lugar de cita de dezasete intelectuais galeguistas, entre eles: Castelao: “Curros e os labregos”; Xosé Núñez Búa: “Curros e o caciquismo”; Ramón Suárez Picallo: “Curros e a emigración”; Lugrís Freire: “Curros e a Fala”; Carballo Calero: “Curros e a guerra civil”. | * O 25 de xullo o monumento a Curros na Coruña foi lugar de cita de dezasete intelectuais galeguistas, entre eles: Castelao: “Curros e os labregos”; Xosé Núñez Búa: “Curros e o caciquismo”; Ramón Suárez Picallo: “Curros e a emigración”; Lugrís Freire: “Curros e a Fala”; Carballo Calero: “Curros e a guerra civil”. | ||
* Do 30 de marzo ao 6 de abril celébrase no Porto unha Semana Cultural Galega; no remate falaron o Dr. Luís Iglesias, Mendes Correia, Santos Junior e Otero Pedrayo. [[wikipedia: gl: Francisco Fernández del Riego | Francisco Fernández del Riego]] lembra o acontecimento no artigo “Relacións culturais entre Galicia e Portugal” (La Voz de Galicia 20/03/2010): “Viñeran a Compostela para ultimar o programa a desenvolver varios cualificados persoeiros da intelectualidade portuense. Visitaron entón á Editorial Nós, onde foran recibidos polo seu responsable Ánxel Casal. Trasladáronse despois aos locais do Seminario de Estudos Galegos, situados no edificio de Fonseca (…) Saíu de Santiago, unha nutrida representación da intelectualidade galega. Almorzouse en Viana do Castelo. Fíxose parada en Póvoa de Varzim. A chegada a Porto produciuse xa na anoitecida. A sesión inaugural dos actos tivo lugar ao día seguinte no Salón Nobre da Facultade de Engenheria da Universidade. Presidiu o reitor, quen despois de saudar aos visitantes salientou o que significaba para os dous pobos o importante acontecemento cultural. O profesor Mendes Correia, director da Facultade de Ciencias dixo na ocasión: “En Portugal a Galiza era case desconhecida”. Explicou a designación de Leter aplicada na Antigüidade ao río Lima. Afirmou que “Para nós é o Minho o río do esquecemento” (…) E engadiu aínda: “O galego é o portugués antigo, e reciprocamente, o portugués é o galego evoluído”. Interviron despois o Presidente do Seminario de Estudos Galegos, e o Profesor Otero Pedrayo. Este exaltou a beleza da paisaxe portuguesa, evocando o solpor ollado desde Santa Luzia. A constante aspiración de liberdade de Galicia. As grandes etapas do Románico, do Barroco, do Romantismo. Posteriormente fíxose unha romaxe de saudade ao cemiterio de Agramonte para lle render tributo ao mozo investigador Rui de Serpa Pinto, alí soterrado. A seguido realizouse un percorrido por algúns monumentos representativos. Pola noite, galegos e portugueses asistiron a un espectáculo teatral. Foi ao día seguinte cando deron en comezo as sesións do importante congreso que tanta repercusión tivo”. No nº 358 de “A Nosa Terra” figura o programa das xornadas. Consérvase na Biblioteca Municipal do Porto un libro de autógrafos do historiador portugués Carlos de Passos no que asinaron ao longo destas xornadas Vicente Risco, Otero Pedrayo, Filgueira Valverde e Xesús Carro. Posteriores son as sinaturas de Leandro Carré Alvarellos (1954) e de Francisco Javier Sánchez Cantón (1962). | * Do 30 de marzo ao 6 de abril celébrase no Porto unha Semana Cultural Galega; no remate falaron o Dr. Luís Iglesias, Mendes Correia, Santos Junior e Otero Pedrayo. [[wikipedia: gl: Francisco Fernández del Riego | Francisco Fernández del Riego]] lembra o acontecimento no artigo “Relacións culturais entre Galicia e Portugal” (La Voz de Galicia 20/03/2010): “Viñeran a Compostela para ultimar o programa a desenvolver varios cualificados persoeiros da intelectualidade portuense. Visitaron entón á Editorial Nós, onde foran recibidos polo seu responsable Ánxel Casal. Trasladáronse despois aos locais do Seminario de Estudos Galegos, situados no edificio de Fonseca (…) Saíu de Santiago, unha nutrida representación da intelectualidade galega. Almorzouse en Viana do Castelo. Fíxose parada en Póvoa de Varzim. A chegada a Porto produciuse xa na anoitecida. A sesión inaugural dos actos tivo lugar ao día seguinte no Salón Nobre da Facultade de Engenheria da Universidade. Presidiu o reitor, quen despois de saudar aos visitantes salientou o que significaba para os dous pobos o importante acontecemento cultural. O profesor Mendes Correia, director da Facultade de Ciencias dixo na ocasión: “En Portugal a Galiza era case desconhecida”. Explicou a designación de Leter aplicada na Antigüidade ao río Lima. Afirmou que “Para nós é o Minho o río do esquecemento” (…) E engadiu aínda: “O galego é o portugués antigo, e reciprocamente, o portugués é o galego evoluído”. Interviron despois o Presidente do Seminario de Estudos Galegos, e o Profesor Otero Pedrayo. Este exaltou a beleza da paisaxe portuguesa, evocando o solpor ollado desde Santa Luzia. A constante aspiración de liberdade de Galicia. As grandes etapas do Románico, do Barroco, do Romantismo. Posteriormente fíxose unha romaxe de saudade ao cemiterio de Agramonte para lle render tributo ao mozo investigador Rui de Serpa Pinto, alí soterrado. A seguido realizouse un percorrido por algúns monumentos representativos. Pola noite, galegos e portugueses asistiron a un espectáculo teatral. Foi ao día seguinte cando deron en comezo as sesións do importante congreso que tanta repercusión tivo”. No nº 358 de “A Nosa Terra” figura o programa das xornadas. Consérvase na Biblioteca Municipal do Porto un libro de autógrafos do historiador portugués Carlos de Passos no que asinaron ao longo destas xornadas Vicente Risco, Otero Pedrayo, Filgueira Valverde e Xesús Carro. Posteriores son as sinaturas de Leandro Carré Alvarellos (1954) e de Francisco Javier Sánchez Cantón (1962). | ||
+ | En carta de Castelao a Eduardo Blanco Amor (6 de abril) fai referencia a este acontecemento: | ||
+ | [...] A Semana Galega de Oporto foi algo eistraordinario. O alarde que fixemos valeunos unha consideración que aínda non tiñamos en Portugal. Podemos decir hoxe que Galiza está â mesma outura de Portugal e a colaboración dos dous países para unha obra de fito común pode dar froitos insospeitados. Daba xenio ver como caeron os que conferenciaron en castelán, pois non se trata somentes do idioma senón que aqueles que ainda non falan galego tampouco son capaces de decir nada novo. En troques as conferencias en galego foron eistraordinarias e causan asombro. | ||
+ | (''Obras Castelao''. Vol. VI. Nº 128. Galaxia. 2000). | ||
+ | |||
* [[wikipedia: gl: Federica Montseny | Federica Montseny]], militante da CNT chega a Galicia para dar uns mitins de propaganda das ideas libertarias. | * [[wikipedia: gl: Federica Montseny | Federica Montseny]], militante da CNT chega a Galicia para dar uns mitins de propaganda das ideas libertarias. | ||
* [[wikipedia: gl: Blanco Torres | Blanco Torres]] dirixe en Pontevedra o semanario “El País”. | * [[wikipedia: gl: Blanco Torres | Blanco Torres]] dirixe en Pontevedra o semanario “El País”. | ||
Liña 377: | Liña 387: | ||
==[[File:Mail-client-Breeze-Icon.svg]]Epistolario== | ==[[File:Mail-client-Breeze-Icon.svg]]Epistolario== | ||
+ | |||
+ | {| class="wikitable" | ||
+ | |- | ||
+ | || | ||
+ | |||
+ | Con data de 10 de xaneiro [[wikipedia: gl: Castelao | Castelao]] escríbelle a [[wikipedia: gl: Otero Pedrayo | Otero Pedrayo]]: | ||
+ | Meu querido irmán: Que a túa felicidade non teña remate, que non amingüe a tua ledicia, que non che falle o xamón e o viño e o café e o cigarro, que chegues san a vello vedreiro e deas ô mundo un fillo do teu talento cada ano, que chegues a ver a nosa Terra en paz i-en gracia de Deus, que chegues a ver ledo e satisfeito a Risco, e canso de vivir entregues a i-alma ôs anxeliños cando xa non teñas nada que facer no mundo. Todo eso desexo eu para ti por seres o home máis compreto que pareu a nosa Terra [...] Risco, que é un santo, ten dúas chatas: a de doerse porque non lle fan caso e a de botarse de adiviño. El ten razón e os demáis tamén a teñen. A min paréceme que as preocupacións do Risco proveñen do medo que lle dá o trunfo. O Risco non é arriscado. Eu, en troques, teño fe cega no galeguismo, que chegará a ver o que a Galiza lle conveña. Risco quer metelo nos railes do tren i-eu coido que debe ir por unha estrada ancha, unhas veces â esquerda e outras â dereita e sempre a bó paso [...] | ||
+ | (''Obras. Castelao''. Vol VI. Nº 120. Galaxia 2000). | ||
+ | |} | ||
+ | |||
+ | {| class="wikitable" | ||
+ | |- | ||
+ | || | ||
+ | O 30 de xaneiro dende Badajoz [[wikipedia: gl: Castelao | Castelao]] escribe a [[wikipedia: gl: Ramón Martínez López | Ramón Martínez López]]: | ||
+ | [...] Xa sei que Pascoaes chegou a Lisboa fuxido do frío do Marao, irei, pois, a Lisboa. | ||
+ | Agora ben; teño que facel-o viaxe de incógnito, pois non levarei permiso oficial e compre que ande con moito tento. Sairei d’eiqui un sábado e sairei de Lisboa o luns pol-a noite para chegar a Badaxoz o martes pol-a mañán...[...] | ||
+ | Vou a Lisboa nada mais que para estas duas cousas: darlle unha aperta a Teixeira e ver a [[wikipedia: pt: Nuno Gonçalves| Nuno Gonçalvez]]. E nada mais. | ||
+ | Agora unha encarga, porque supoño que nos domingos non estarán abertas as librerías. Necesito que merques un exemplar de “O Probe tolo” de Teixeira e que o teñas gardado. Lín este libro, que me volveu tolo, no tren, antre Elvas e Valença e antre Valença e Elvas; pero ocurreume unha desgracia espantosa... Quedeime durmido no tren e ô chegar a Elvas despertoume un policía e dous aduaneiros... Co susto e os apuros esquecéuseme metel-o libro na mala e quedoume na rexilla. Por mais que falei co-a xente do tren o libro desapareceu e quedeime sen él. ¡Tíñalle tanto cariño xa! E non volverei a telo nas mans.. Date conta da ledicia que ten un rapaz que logra apañar un paxaro bonito; e a tristura con que queda cando lle fuxe, a voar. ¡Nunca mais volver a telo nas mans! Velahi como estou eu sen o libro. | ||
+ | (''Obras. Castelao''. Vol VI. Nº 121 Galaxia 2000). | ||
+ | |} | ||
+ | |||
{| class="wikitable" | {| class="wikitable" | ||
|- | |- | ||
|| | || | ||
+ | Con data de 13 de febreiro [[wikipedia: gl: Castelao | Castelao]] escribe a [[wikipedia: pt: Rodrigues Lapa| Rodrigues Lapa]] dende Badajoz: | ||
+ | Compríronse os anceios que tiña de coñecelo a Vde. e fiquei con soedades da súa compañía. Agora xa somos irmáns de verdade, tanto como son os meus vellos e queridos irmáns galegos, os fundadores da miña Patria. | ||
+ | (''Obras. Castelao''. Vol VI. Nº 125. Galaxia 2000). | ||
+ | |} | ||
− | [[wikipedia: gl: Castelao | Castelao]], desterrado en Badajoz, informado da actitude de [[wikipedia: gl: Vicente Risco | Vicente Risco]] dentro do Partido e quizais creéndoo responsable da ruptura escríbelle o seguinte con data de 1 de marzo: “Querido Vicente: Un galeguista dos máis vellos da nosa Irmandade, que dou mostras certas e verdadeiras de amor á nosa Terra (tanto ou máis que ti e min, dentro das súas forzas) quéixase, e a meu xuicio con sobrada razón e motivo, da tua nova manía de escomungar do galeguismo a quen non pense coma ti. Certas afirmacións tuas non poden tomarse ó pe da letra porque xurde delas unha intención política que non se axeita ás normas que sempre, sempre, foron orgullo dos galeguistas. Non quero entrar no fondo do asunto e déixoche en paz coa tua concencia. Fai e desfai o que queiras. Supoño que terás recibido unha carta miña, longa de máis. Estou arrepentido de intervir perto de ti, pois agora decátome de que a ti o que che gosta é esto que estás facendo, e querendo eu facer un ben cicáis fixese un mal… Desfai o Partido dunha vez. Déixate de lerias e ponte ó frente de quen che siga. Lévate contigo o mellor que temos i esterilízalle as enerxías que teñen. Eu quédome onde estou e coa carraxe do mesmo demo do inferno –ceibe de vencelos- seguirei na política aitiva, con quen sexa capaz de dar a vida e a ialma por Galiza, a Galiza que seña, a que podamos lograr. Apertas”. | + | |
+ | {| class="wikitable" | ||
+ | |- | ||
+ | || | ||
+ | |||
+ | [[wikipedia: gl: Castelao | Castelao]], desterrado en Badajoz, informado da actitude de [[wikipedia: gl: Vicente Risco | Vicente Risco]] dentro do Partido e quizais creéndoo responsable da ruptura escríbelle o seguinte con data de 1 de marzo: “Querido Vicente: Un galeguista dos máis vellos da nosa Irmandade, que dou mostras certas e verdadeiras de amor á nosa Terra (tanto ou máis que ti e min, dentro das súas forzas) quéixase, e a meu xuicio con sobrada razón e motivo, da tua nova manía de escomungar do galeguismo a quen non pense coma ti. Certas afirmacións tuas non poden tomarse ó pe da letra porque xurde delas unha intención política que non se axeita ás normas que sempre, sempre, foron orgullo dos galeguistas. Non quero entrar no fondo do asunto e déixoche en paz coa tua concencia. Fai e desfai o que queiras. Supoño que terás recibido unha carta miña, longa de máis. Estou arrepentido de intervir perto de ti, pois agora decátome de que a ti o que che gosta é esto que estás facendo, e querendo eu facer un ben cicáis fixese un mal… Desfai o Partido dunha vez. Déixate de lerias e ponte ó frente de quen che siga. Lévate contigo o mellor que temos i esterilízalle as enerxías que teñen. Eu quédome onde estou e coa carraxe do mesmo demo do inferno –ceibe de vencelos- seguirei na política aitiva, con quen sexa capaz de dar a vida e a ialma por Galiza, a Galiza que seña, a que podamos lograr. Apertas”. (''Obras. Castelao''. Vol VI. Nº 123. Galaxia. 2000). | ||
|} | |} | ||
+ | |||
+ | {| class="wikitable" | ||
+ | |- | ||
+ | || | ||
+ | Con data de 10 de marzo [[wikipedia: gl: Castelao | Castelao]] diríxese a [[wikipedia: pt: Rodrigues Lapa| Rodrigues Lapa]] dende Badajoz: | ||
+ | [...] O seu xuicio de “Os dous de sempre” fíxome meditar moito. É unha grande leición que saberei aproveitar. A miña intención foi a de facer arte con mestura de melanconía e humorismo. [...] Intentei facer unha novela a cabalo –como din os pintores cando pintan cadros inmensos- e non fun capaz.[...] Intentei escrebir unha novela en galego e non me coidei máis que do linguaxe. [...] Compre decirlle que Pedro é unha invención miña; pero Rañolas eisistiu e fixo todo canto eu digo. incrusive foi real o suicidio [...] | ||
+ | Estou enteiramente de acordo co seu xuicio e agradézollo con tod’a miña i-alma, pois eu pretendo chegar a ser un bó escritor galego [...] | ||
+ | "Retrincos" saíu ô meu gosto e doume Vde. unha grande ledicia ô sinalar o conto "Sabela" como o mellor, porque é o derradeiro que fixen. | ||
+ | Como perdín a vista para pintar dou por rematada a miña vida de pintor e dibuxante para entregarme â literatura, utilizando os meus recursos de dibuxante como complementos necesarios, tal como nas cousas de Teatro que pretendo facer e que levarei a cabo cando me devolvan ô meu fogar [...] | ||
+ | (''Obras. Castelao''. Vol VI. Nº 124. Galaxia 2000). | ||
+ | |} | ||
+ | |||
+ | {| class="wikitable" | ||
+ | |- | ||
+ | || | ||
+ | En carta de Castelao a Eduardo Blanco Amor (6 de abril): | ||
+ | [...] A Semana Galega de Oporto foi algo eistraordinario. O alarde que fixemos valeunos unha consideración que aínda non tiñamos en Portugal. Podemos decir hoxe que Galiza está â mesma outura de Portugal e a colaboración dos dous países para unha obra de fito común pode dar froitos insospeitados. Daba xenio ver como caeron os que conferenciaron en castelán, pois non se trata somentes do idioma senón que aqueles que ainda non falan galego tampouco son capaces de decir nada novo. En troques as conferencias en galego foron eistraordinarias e causan asombro. | ||
+ | (''Obras Castelao''. Vol. VI. Nº 128. Galaxia. 2000). | ||
+ | |} | ||
+ | |||
+ | {| class="wikitable" | ||
+ | |- | ||
+ | || | ||
+ | En maio escribe a Alexandre Bóveda dende Badajoz: | ||
+ | [...] “A Nosa Terra” que recibo hoxe ven plagada de erratas. A min coláronme “os ricos comen pouco” por “os ricos comen porco”. Ven terrible e aademais en duas ou tres partes atácase o problema clerical que non conviña tocalo agora como non fose discretamente e por un católico. Eso non me agrada e considéroo imprudente.. | ||
+ | Creo tamén que compre suprimir os ataques personales a Portela, sen que por eso se prive un de decirlle o que se lle debe decir. Critica da sua xestión e da sua traición a Galiza; pero sen chistes, nin ironías. Paréceme que esta prudencia é boa, pois non sabemos ainda se en algunha ocasión teremos que anovar o noso trato con él ¿Quen está libre deso? Xa ves o que pasou con Casares. [...] | ||
+ | (Refírese ao número 366 do 18 de maio) | ||
+ | (''Obras. Castelao''. Vol VI. Nº 126. Galaxia 2000).. | ||
+ | |} | ||
+ | |||
{| class="wikitable" style="background-color: #f5faff; border-radius: 10px;" data-mce-style="background-color: #f5faff; border-radius: 10px;" | {| class="wikitable" style="background-color: #f5faff; border-radius: 10px;" data-mce-style="background-color: #f5faff; border-radius: 10px;" | ||
|- | |- | ||
Liña 393: | Liña 463: | ||
|- | |- | ||
||A finais de abril, [[wikipedia: gl: Castelao | Castelao]] envía unha carta a [[wikipedia: gl: Otero Pedrayo | Otero Pedrayo]]: “… Agora eu quixera decirche canta ledicia recibín ó saber o resultado da Asamblea. Non-o conseguirei. Creo que a túa postura é a máis ergueita que pode adoptar un galeguista nestes intres de tolería. Fixeches un sagrificio e ganaches a admiración de todos e o que máis importa: o respeto de todos. Eso é o que se fai e creo que prestache ó galeguismo a a Galiza un servicio que co tempo verás recompensado. ¿Pero é que se pode deixar o galeguismo político entregado en absoluto â euforia esquerdista e sen freno ningún? Esa actitude non sería patriótica. Ti es un home”. | ||A finais de abril, [[wikipedia: gl: Castelao | Castelao]] envía unha carta a [[wikipedia: gl: Otero Pedrayo | Otero Pedrayo]]: “… Agora eu quixera decirche canta ledicia recibín ó saber o resultado da Asamblea. Non-o conseguirei. Creo que a túa postura é a máis ergueita que pode adoptar un galeguista nestes intres de tolería. Fixeches un sagrificio e ganaches a admiración de todos e o que máis importa: o respeto de todos. Eso é o que se fai e creo que prestache ó galeguismo a a Galiza un servicio que co tempo verás recompensado. ¿Pero é que se pode deixar o galeguismo político entregado en absoluto â euforia esquerdista e sen freno ningún? Esa actitude non sería patriótica. Ti es un home”. | ||
+ | |} | ||
+ | |||
+ | {| class="wikitable" | ||
+ | |- | ||
+ | || | ||
+ | |||
+ | O 6 de xullo [[wikipedia: gl: Castelao | Castelao]] volve a escribirlle a [[wikipedia: gl: Otero Pedrayo | Otero Pedrayo]] dende Badajoz: | ||
+ | Meu querido irmán: As túas cartas danme aire e azos, e non tés idea de cómo chas agradezo. Cada día estou máis ademirado da túa bondade e creo que a túa posición de sagrificio terá recompensa [...] O manifesto filgueirista encheume de carraxe porque sei o que se pretende e a onde se quer chegar; pero xa pasou e non dubido que a estas horas estarán arrepentidos. Para darse un conta do que son as dereitas hespañolas, e pol-o tanto da imposibilidade de que un galeguista poida cangar con semellante alcume, é preciso vivir perto dos señoritos estremeños ou andaluces [...] | ||
+ | Non sei cando nin como poderei voltar a Galiza definitivamente pois xa vés que non é posible facelo con esta situación sen cometer unha indiñidade. Portela faise o parvo e ningún outro pode ter máis obliga moral de sacarme deiquí. | ||
+ | Eu non fun a Madrid; pero sei o que alí pasou. Nós non podemos dubidar de que somentes nunha situación en que Azaña sexa o amo poderemos conquerir o que arelamos [...] | ||
+ | (''Obras. Castelao''. Vol VI. Nº 129. Galaxia 2000). | ||
+ | |} | ||
+ | |||
+ | {| class="wikitable" | ||
+ | |- | ||
+ | || | ||
+ | O 24 de setembro [[wikipedia: gl: Castelao | Castelao]] escribelle a [[wikipedia: gl: Otero Pedrayo | Otero Pedrayo]] dende París: | ||
+ | Marchámonos a Bruxelas sen botar ó correo a carta que che escribimos. Xa estamos de volta e xa demos unha volta a todo París | ||
+ | [...] Pareceunos que a vida en Bélxica é máis limpa e desabogada que na Francia. As xentes semellan tranquilas e sen medo ó porvir. A Grand Place sigue sendo unha alfaya; pero non che hai nada comparable a Sant-Iago. [...] Visitamos a Exposición Universal e Internacional de Bruxelas, que é unha cousa sen gran interés [...] | ||
+ | A Exposición de Arte Antiga, apesares do seu intrés, non val tampouco o viaxe [...] En conxunto pódese decir que o mellor son os tapices e que nos cadros domina a paisaxe sobor da figura, o que sorprende un pouco. Os Breughel, Van der Weinden e Van der Goes están moi ben; pero falta Memling, os Van Eyck e tantos outros [...] | ||
+ | (''Obras. Castelao''. Vol VI. Nº 134. Galaxia 2000). | ||
+ | |} | ||
+ | |||
+ | {| class="wikitable" | ||
+ | |- | ||
+ | || | ||
+ | Con carimbo do comité Executivo do Partido Galeguista. Segredaría política, Castelao e V. Marco Miranda, cofundador en xullo de 1934 do partido Esquerra Valenciana, diríxense por escrito a Lluís Companys, preso co seu goberno en El Puerto de Santa María: | ||
+ | Deseamos, en primer término, que con esa carta llegue a su celda la espresión de nuestra fraternidad, más fuerte hoy que nunca, y de nuestra admiración, siempre fervorosa. | ||
+ | Escribímosle en momentos de nueva esperanza para el triunfo de una idea que importa quizá más a la consolidación de la República que al propio bien de nuestros paises [...] Concretamente obedece esta carta a otras que se vienen cruzando desde hace algunos meses entre “Esquerra valenciana” y el “Partido Galeguista”. | ||
+ | [...] Después de visitas celebradas y correspondencia sostenida entre nuestros partidos, hemos llegado a coincidencias inmediatas y firmes. | ||
+ | [...] Había que hacer eficiente la pelea conjunta por una transformación del Estado español, en que, por de pronto –alejado en la oportunidad, aunque no en la aspiración legítima- el establecimiento de una República federal, se conjugase a todos los partidos inmaculadamente republicanos y gallardamente autonomistas, regionalistas o nacionalistas, en una fuerza poderosa y nueva [...] | ||
+ | Y en este estado de cosas decidimos participarle a V. nuestro proyecto para solicitar su consejo y su opinión personal y de partido. Sabemos todos nosotros que si la República quiere asentarse sobre sillares inconmovibles, ha de comenzar por cambiar la vieja estructura del Estado unitario [...] Sólo el libre concierto de nuestras Patrias, sería la recreación de la verdadera unidad [...] | ||
+ | (''Obras. Castelao''. Vol VI. Nº 135. Galaxia 2000). | ||
|} | |} | ||
Liña 474: | Liña 577: | ||
* [[wikipedia: pt: Luís Pignatelli | Luís Pignatelli]] (Pseudónimo de Luís de Andrade; Espinho; 1993 Lisboa). | * [[wikipedia: pt: Luís Pignatelli | Luís Pignatelli]] (Pseudónimo de Luís de Andrade; Espinho; 1993 Lisboa). | ||
* Manuel dos Santos Lima (Bié, Angola). | * Manuel dos Santos Lima (Bié, Angola). | ||
− | * Onésimo Silveira (Mindelo, Cabo Verde). | + | * Onésimo Silveira (Mindelo, Cabo Verde; 2021). |
* Pedro Alvim (Porto; 1997). | * Pedro Alvim (Porto; 1997). | ||
* Raduan Nassar (Pindorama, São Paulo). | * Raduan Nassar (Pindorama, São Paulo). | ||
Liña 643: | Liña 746: | ||
'''Nacen:''' | '''Nacen:''' | ||
− | * Josep Antoni González i Casanova (Barcelona). | + | * Josep Antoni González i Casanova (Barcelona; ibídem 2021). |
'''Morren''': | '''Morren''': | ||
Liña 785: | Liña 888: | ||
* David Lodge (Londres). | * David Lodge (Londres). | ||
* Françoise Quoirez “Françoise Sagan” (París; ibídem 2004). | * Françoise Quoirez “Françoise Sagan” (París; ibídem 2004). | ||
− | * | + | * Kenzaburo Oé (Ose; 2023). |
* Joyce Johnson (Queens, New York). | * Joyce Johnson (Queens, New York). | ||
Revisión actual feita o 3 de outubro de 2024 ás 23:46
Índice
Cultura galega
Nacementos/Pasamentos
Pasamentos
|
Literatura |
---|---|
Teodoro Morgade Varela (afogado no mar do Orzán, A Coruña; 1915 Baio).“Él que tanto gustaba do mar puro, aberto e deserto, sin oasis deambulantes, fóisenos crucificado no madeiro das ondas dimpóis que déralle o Nordés o bico de traición. […] A ríxida autocrítica lle non permitiu ollar a louzana maturidade dos propios froitos que só algún íntimo chegou a gostar, asín aboian virxes na xerfa do inédito os ronseles da súa penna e do seu lapiz” (Mariñas del Valle. “A Nosa Terra” nº 377) | |
Victorino Abente Lago (Asunción, Paraguai; 1846 Muxía). | |
Outros | |
O escritor Feliciano Rolán Vicente (A Guarda; 1907 Vigo) | |
Eloy Luis André (Madrid; 1876 Verín | |
O debuxante Serafín Cortés Maneiro (Buenos Aires; 1870 Padrón | |
O escultor Xosé Eiroa Barral (Santiago; ibídem 1892).“A obra de Eiroa dícenos agora a súa outa tarefa de crear. Creación sólidamente prendida a terra, máis rasante a testa coas nubens. Eiroa morreu, nunha serán chuviosa de frío inverno compostelán. Vaia pra él a máis belida oración do noso fervor”. | |
O pintor Modesto Brocos (Río de Janeiro; 1852 Santiago). | |
O boticario, gaiteiro e zanfonista Perfecto Feijoo (Pontevedra; ibídem 1858). |
Publicacións
Galegas
- Abel Eira colabora en “A Nosa Terra”.
- Alexandre Bóveda : No nº 354 de “A Nosa Terra”: “En camiño, novamente”.
En ¡Na terra, outra vegada! (“A Nosa Terra” 2/11/1935, nº 389). Mantén unha polémica periodística sobre a política galeguista con Constantino Sánchez Mosquera.
Bóveda consegue en xuño o traslado de Cádiz a Madrid e en outubro a Vigo, devolvéndolle logo a súa praza de Pontevedra.
En “A Nosa Terra” 22 de xuño nº 371: “O noso querido irmán Alexandro Bóveda, que como é sabido foi destiñado a Cádiz sin motivo que o xustificase e somentes por unha vinga política, acaba de ser destinado a Madrí”.
No nº 373 escribe o artigo “Camiño da terra…”: “Para min o destino a Madrid, exercitando aquel dereito ao que tantas veces renunciara ante a estraneza d-eles, non é máis que un compás de espera, unha pousa no camiño de volta á nosa Terra, onde está a principal obriga de todos nós. Si eu agora solicitei a primeira vacante que se produxo despós do meu desterro, foi para me achegar a Galicia e aos meus”.
O 2 de novembro no nº 388: “Bóveda, como Castelao fai pouco, voltan novamente para a Terra. Os nosos irmáns regresan, o galeguismo avanza e trunfa namentras a política que n-eles quixo vingarse derrúbase envolta na súa propia miseria”.
No nº 357 escribe dende Cádiz para “A Nosa Terra” o artigo “Lembranza xeográfica da nosa Terra”.
No 359: “Así poderemos entendernos”.
No 360: “Será aproveitada a leición?
No 361: “A tarefa dos nosos Grupos e Seicións”.
No 369: “Os impostos indireitos nos Concellos”. No 369 “Proieito de transformación do sistema fiscal galego .
No 380: “Novamente na meseta”.
No 381 “A servidume tributaria de Galicia”.
No 397: “Temos que crear o noso Baile Nacional”.
- Álvaro Cunqueiro publica en “Quaderns de Poesía” dous poemas en galego “Reiseñor corazón do meu silenzo fonte” e “Cervo feliz” (no nº 3, outubro) e un en catalán (nº 4, novembro): “Cantiga catalana”, sendo o primeiro caso de alofonía dun galego en lingua catalana. (Ver “Grial”, 72, 1981, páx. 188):
CANTIGA CATALANA
Paradís, Enlloc,
aigua es flor
i l ´anima em roba
mon amor!
La mar és encara una noia nova,
i per cims d´Enlloc el seu cos s´enfonsa
mon amic!
El veler es un roser florit
i el ven nou una fletxa d´or fi
mon amor!
Ocells refilen sota el cel d´Enlloc
que és un mon blau de suau remor
mon amic!
Aigües dels ruins de la verda riba
veniu als arbres del Paradís! us crida
mon amor!
Enlloc, Paradís
ferit m´he vist
de flors el pit
mon amic!
Escribe tamén aínda que non se publicaría até 1991 (ver 1936) outro poema en catalán dedicado a Josep Carner: “La nit es bruna”.
La nit es bruna
tres estrellas son tres
i l´alora es una
L´alora es poncella
no se si froita
no se si estrella
L´aire ha dit
que l´aigua i la rosa
l´han despertat
Qui tingui amor
qui vinga aquí
donar la flor
Tamén publica en “El Pueblo Gallego” de Vigo unha reseña o 13 de outubro, co título “Ágoa anterga” na que anuncia que a Editorial “Nós” vai publicar seis poemas galegos de F. G. L. “escritos nun galego lixeiro, rico, feliz en tanta ricura…”.
- Álvaro de las Casas : Matria (Santiago).
- Amadeo Varela : “O problema do ensino na Galicia” (“A Nosa Terra” nº 409).
- Amaro de Vilamelle: colabora en “A Nosa terra” coa sección “Charamuscas”.
- Antón Villar Ponte : “A postura esencial do galeguismo” (“A Nosa Terra” nº 354).
“O que vai de 1916 a 1936…” (A Nosa Terra nº 396).
- Ánxel Fole publica en “El Pueblo Gallego” o poema "Romanza del río Miño", co pseudónimo "Neumandro". Fole, redactor en Vigo de “El Pueblo Gallego”, propiedade de Manuel Portela Valladares e sendo redactor xefe Xulio Sigüenza.
- Ánxel Sevillano : O muíño albeiro.
- Assía : “Estudo da Cultura Céltica” (Dende Londres. “A Nosa Terra” nº 383): “Para estimular a Cultura céltica é para o que tén estado reunido este ano, como todol-os anos, o Congreso dos celtas. Lástima que Galicia non mande representantes a estes cónclaves nobres e románticos prolongación das reunións de clans e as xustas bárdicas dos antigos celtas”.
- Aurelio Ribalta : Altariño de amore. Estórea romántica. Ferrol 1875. Agora posta en verso galego (no prólogo, o autor rexeita as formas poéticas da vangarda. Librería Porto. Santiago de Compostela. Imprenta do Seminario Conciliar de Santiago).
- Avelino Pousa Antelo : no nº 393 de “A Nosa Terra” na sección “Revista de prensa galega”, recóllese un anaco dun artigo seu que remata así: “En resume: cada data me ratifico máis no meu punto de vista: hai que construir o método racional da escola galega”.
- Ben-cho-shey : “O linguaxe nas escolas” (“A Nosa Terra” nº 395): “O Ministro de Instrucción Pública en Orden do día 12 de iste mes manda formar expediente gubernativo a escolanta de Becerreá pol-o enorme delito de ter proposto como alumna seleicionada a unha das suas discípulas […] A consecuencia lóxica e natural da Orde do día 12 non debía ser outra que a inmediata promulgación do Decreto que autorizase o bilingüismo nas nosas escolas”.
- Castelao : “Verbas de chumbo” en “A Nosa Terra” a partir do nº 361: “Estou lonxe da Terra, en Badaxoz. Cóbreme un inmenso fanal azul […] Neste intre sinto por primeira vez a necesidade de escribir para vós, dende o desterro. Non temades aos meus arroutos sentimentaes, porque xa deixei de ser sentimental”.
- Celso Emilio Ferreiro : “Antón Villar Ponte” (“A Nosa Terra”, nº 407): “Que un día non lonxano, brilará no ceo que cobre a Terra onde o Mestre dorme seu sono de xusto, a estrela simbólica da nosa liberdade! Meus irmáns: que a miña voz de cativo loitador, se axunte a vosa, para chorar coma homes, pol-a morte do Bon Patriota”.
No nº 394 de “A Nosa Terra” no apartado “Fenestra de honor. Verdades que mancan” dise: “O fervente mozo nazonalista irmán Emilio Ferreiro, foi detido e procesado por sere Direitor de “Guieiro”, onde se vertían unhas cantas verdades que poñían de manifesto a política vergoñenta desenrolada polo Goberno centraista contra da nosa terra […] ¡Irmáns nazonalistas, Ferreiro siñálanos o camiño de loita e rebeldía que debe ter o noso esprito!
- Francisco Fernández del Riego : “Movimento escolar galeguista” (nº 352 de “A Nosa Terra”, do 9 de febreiro).
“A relixión nacionalista” (no nº 11 de “Guieiro”; “A Nosa Terra” nº 357).
“Nacionalismo e democracia” (“A Nosa Terra” nº 375).
“A voz de Cataluña” (nº 377).
“O porvir inmediato de Galicia, nas mans dos seus nemigos” (nº 379): “Ollade sinón o panorama político aitual dos nosos Concellos e Diputacións, controlados e dirixidos, pol-os máis acretados caciques, ociosos, xugadores, e cínicos que conqueriron apuntarse un tanto na timba que, coma saldo de corbatas, estableceron radicales e cedistas na nosa Terra”.
- García Lorca : Seis poemas galegos (Edit. Nós. Prólogo de Blanco Amor). O 6 de xullo, o xornal “A Nosa Terra” (nº 373), anuncia a publicación pola editorial “Nós” dos seis poemas galegos de García Lorca: “O Día de Galicia pubricará a Editorial “Nós” seis poemas que escritos en galego envioulle para a súa imprentación o gran poeta andaluz Federico García Lorca. Levará o libro un introito de Blanco Amor e un epílogo, tamén en galego, do propio García Lorca”.
- Lois Rivaya Riaño : “A lei de Arrendamentos rústicos e nós” (“A Nosa Terra”, nº 375, 376, 377, 378 e 379).
- Luís Pimentel colabora en verso na revista “Nós” (“Verbas” no nº 133 e “Paisaxe sin historia” no nº 137-138). Aparece nunha “Pequena antoloxía lírica” editada pola Federación das Mocedades Galeguistas en Ourense.
- Luis Tobío Campos : Rimas galicianas (Bilingüe).
- Manuel Fabeiro Gómez : “Abrente” e ¡Teu esprito anda con nosco! (“A Nosa Terra” nº 407).
- Manuel García Paz : IV Melodía. Desfíe de campesiñada galega (Tres partes: “ ¡ Á roda, roda!; “A Vianesada ou a creación xeórxica” e “Casamento de aldeia”; Ourense).
No nº 394 de “A Nosa Terra” (13-12-1935) vén un comentario sobre o autor e sobre este libro, do escritor portugués Antonio A. Doria: “García Paz é um erudito filólogo, perdido no domínio da lingüística, senhor de varias linguas assím antigas como modernas […] Profesor de filología, amante dos estudos etnográficos na sua modalidade folklórica, é também un contista sóbrio e elegante, e nas belas letras está en terreno tão seu como no jardim das raíses gregas ou latinas”.
- Marino Dónega Rozas : “Massaryk, cumpre anos” (“A Nosa Terra” nº 358).
- R. C. C. : “Un galego perante Lope” (“A Nosa Terra”, nº 374): “O primeiro que se lle ocurre a un galego que ten de falar encol de Lope, é que o afervoado, o apaixoado, o complexo poeta castelán, escribíu iste verso, antre nós soado:
"Galicia nunca fértil en poetas”.
- Ramón Cabanillas : “Verbas d-un arredista”, poema no nº 375 de “A Nosa Terra”.
- Ramón Otero Pedrayo : Devalar. “Unha nova novela de Otero Pedrayo vén de pubricarse en NOS facendo o volume LXVII dos pubricados pola benemérita editorial. Devalar é unha mostra máis do estilo literario de Ramón Otero. Unha visión d-unha Galicia nobre, chea de vida e ateigada de matices exposta a través d-un argumento que se esvae antre unha prosa maravillosa onde a natureza e a xeografía aparescen misturadas maxistralmente”. (“A Nosa Terra”, nº 399. Tamén se fai referencia a esta obra no nº 340).
“Perigos e perspectivas”, no nº 391 de “A Nosa Terra”.
“A “Pavoni”, o libro ruso e a “Scienza Nuova”, no nº 392 de “A Nosa Terra”.
“Compostela, 1845”, no nº 394.
“Desgaleguización”, no nº 408.
- Ramón Villar Ponte : No nº 385 de “A Nosa Terra” comeza a publicar “Historia sintética de Galicia”.
No nº 392 de “A Nosa Terra”: “A tarefa eficaz”.No nº 396 publica “Verbas de un nacionalista. Encol das alianzas”: “Dígase o que se queira, a eficacia do Galeguismo –si é que o Galeguismo é como eu coido, nacionalismo, -terá de afincarse decote no seu meirande arredamento de todo contacto con orgaizacións ou entidades que pol-o seu carácter hespañolista, nacional –como eles falsamente din- poidan entorpeceren o ceibe xogo das actuacións que aos nacionalistas se nos faigan indispensábeis en todo momento”.
No núm. 139-144 de “Nós” publica o artigo “A unificación da língoa”: “ […] Frecoentemente escritores nosos andan a se laiaren de que non haxa impostas, por quen sexa, unhas iñormas xeraes de ortografía e léisico, que poñan remate a certa pretendida anarquía que din eisistía no cultivo do noso idioma. […] A língua galega, que xa avantou moito no vieiro da sua unificación, se amostrará unificada relativamente cando lle chegue a sua hora. Aquela hora que non pode darse no intre actual pol-a sinxela razón de que o seu rexurdimento foi iniciado fai pouco ainda”.
- Ricardo Carballo Calero : “Cousas de Cataluña” (“A Nosa Terra” nº 353): “(…) E todos os cataláns protestan cando o señor Gil Robles intenta aclimatar n-aquela fermosa terra mediterránea a vexetación esteparia da súa ideoloxía latifundista…”.
“Trinta anos” (“A Nosa Terra”, nº 371).
“Téinica do mitin rural” (“A Nosa Terra” nº 382).
- Antón Vilar Ponte : “Na morte de Frores, bágoas e espranza!...” (“ A nosa Terra” nº 406).
- Roxelio Rivero : Aturuxos. Contos gallegos (Vigo).
- Vicente Risco : “Nazonalismo galego” en varios números de “A Nosa Terra” a partir do 353: “Nazonalismo haino sempre en toda a nación onde os homes que a compoñen sinten amor á súa patria. O nazonalismo é, no ámbito do sentimento, equivalente ao patriotismo”.
No nº 371 de “A Nosa Terra” comeza a publícarse “Ideas que defende e fins que se propón o Partido Galeguista”. (Folleto de divulgación orixinal de Vicente Risco).
Escribe Carlos Casares en: Para ler a Vicente Risco Galaxia 1997, páx.76: “Desde maio de 1933, cando se votou nas Cortes a “Ley de órdenes y congregaciones religiosas” a actitude da Igrexa era abertamente hostil á República e a actitude de Risco como católico conservador fíxose ver o 14 de xaneiro de 1935 publicando no “Heraldo de Galicia” un artigo de inspiración relixiosa no que fala de “reconquerir Galiza”, de recuperar a “Galiza tradicional” e volvela aos camiños de Deus: “Os camiños de Deus deben ser tres: vaise polo seu camiño obedecendo á nosa propia natureza, ó noso propio ser, caraute, temperamento, ós mandatos do noso sangue e da nosa terra. Obediencia a Deus Pai, Criador, que por algo nos fixo coma somos, e por algo nos puxo nesta terra onde vivimos; querer ser de outro xeito ou de outra terra é, polo tanto, desobediencia e desacato…”.
Continúa Carlos Casares: (páx.77):“Por tanto en vísperas da IV Asemblea, os galeguistas están divididos por razóns de tipo relixioso.
Castelao, desterrado en Badajoz, informado da actitude de Risco dentro do Partido e quizais creéndoo responsable da ruptura escríbelle o seguinte con data de 1 de marzo: “Querido Vicente: Un galeguista dos máis vellos da nosa Irmandade, que dou mostras certas e verdadeiras de amor á nosa Terra (tanto ou máis que ti e min, dentro das súas forzas) quéixase, e a meu xuicio con sobrada razón e motivo, da tua nova manía de escomungar do galeguismo a quen non pense coma ti. Certas afirmacións tuas non poden tomarse ó pe da letra porque xurde delas unha intención política que non se axeita ás normas que sempre, sempre, foron orgullo dos galeguistas. Non quero entrar no fondo do asunto e déixoche en paz coa tua concencia. Fai e desfai o que queiras. Supoño que terás recibido unha carta miña, longa de máis. Estou arrepentido de intervir perto de ti, pois agora decátome de que a ti o que che gosta é esto que estás facendo, e querendo eu facer un ben cicáis fixese un mal… Desfai o Partido dunha vez. Déixate de lerias e ponte ó frente de quen che siga. Lévate contigo o mellor que temos i esterilízalle as enerxías que teñen. Eu quédome onde estou e coa carraxe do mesmo demo do inferno –ceibe de vencelos- seguirei na política aitiva, con quen sexa capaz de dar a vida e a ialma por Galiza, a Galiza que seña, a que podamos lograr. Apertas”.
En carta de Vicente Risco ao historiador portugués Carlos de Passos (15 de novembro) di: “ (…) Ora, eu son tan demorado en escribir, perdín de tal geito o costume de me comunicar co mundo, que sempre teño que quedar mal cos amigos, por moito aprezo e consideración que me merezan. Logo, já me non estrevo nen a pedir desculpa, porque comprendo que non son merecente dela. (Patricia Arias Chachero: “O historiador portugués Carlos de Passos e a súa relación cos intelectuais galegos”; “Grial” nº 227; 2020).
- Víctor Casas : colabora en “A Nosa Terra”. No nº 139-144 de “Nós” (xullo –nadal) publica o artigo “Historia sintética do boletín A Nosa Terra”: “Foi o tono de progresivo acentuamento nacionalista, francamente nacionalista, que Villar Ponte imprimiu ao boletín o que á par que ia creando unha concencia n-ese senso determiñaba o alonxamento dos que non pasaban máis aló do “rexionalismo”. “A Nosa Terra” foi unha mañífica peneira. […] A Bos Aires e Montevideo mándanse 50 exempraes de cada número a cada unha d-aquelas cibdades americanas, que os galeguistas e galegos emigrados len con enteira devoción i- entusiasmo.[…] A súa tirada actual é de 1.100 exemplares semanaes”.
- Victoriano Buxán Rivas: colabora en “A Nosa Terra”. No nº 393: “Raza, racismo, patria”.
- Xerardo Álvarez Gallego : “Os regalos que nos fan…” (“A Nosa Terra” nº 391): “O que menos importa é o precio a que tasan a Illa de Ons comprador e vendedor. […] Fundamentalmente o que urxe e que Galicia non consinta que poida prosperar o lindo propósito de instalar na Illa unha poboación de perguiceiros incurabeles e de especimens de delincuentes desleixados […] Galicia non ten porque cangar con unha vecindade non d-abondo desexabel. Pero sobor todo, porque a habilitación da Illa para campo de concentración, levaría consigo o deshaucio dos aituaes veciños de Ons, que se angurian alí –é certo- pero que acariñan a neboenta espranza de que o día en que Hespaña, e mellor Galicia, se poñan a facer unha reflexiva xusticia social, lles sexa tomado en conta a dureza de tantos anos de malvivir”.
“Suicidio lento do Centralismo”, no nº 392 de “A Nosa Terra”.
“Capacidade do idioma propio” (“A Nosa Terra” nº 394): “Unha estadística escrupulosa diríanos, ainda que en cifras certamente lamentables e cativas que a venda dos libros casteláns é, en Galicia, proporcionalmente inferior á dos libros galegos. Hai –eis o fenómeno- unha crisis xeral. En Galicia e fora dela. Mais sería inxusto atribuila a falta de enxebre apetencia das nosas xentes, sinón a falla de capacidade adquisitiva”.
- O nº 7 de “Guieiro” (“A Nosa Terra” nº 353) está dedicado a Pondal , con escritos de Alexandre Bóveda, Ánxela Castiñeira, Álvaro Cunqueiro, Iglesia Alvariño, Taboada Tabanera e Castro Arines.
- O 1 de novembro sae o primeiro número como revista autónoma de “ Guieiro ”, subtitulado “Outavoz patriótico da F.M.G” (Federación de Mocedades Galeguistas), que ata este momento era unha sección aparecida en xullo de 1934 na revista “A Nosa Terra”. Estaba dirixida por Manuel Vázquez Martín, quen sería substituído por Celso Emilio Ferreiro e logo por Castro Arines. Terá unha periodicidade quincenal. O nº 3, denunciado, recollido e procesado o seu director Celso Emilio Ferreiro. En “A Nosa Terra” do 20/12; nº 395: “Por qué foi denunciado e recollido “Guieiro”: “Guieiro foi denunciado e recollido, e procesado o seu Direitor, o mozo E. Ferreiro, pola pubricación dos dous soltos que reproducimos a seguido. No primeiro especialmente, o Sr. Fiscal de Ourense supuxo ¡un ataque ao Réxime!:
- “Porque non berramos ¡Viva Hespaña!: Que Galicia e distinta do resto de Hespaña, sábeno todol-os que pasaron as narices por riba da porta de Manzanal. El como somos distintos, as leis que fan en Madrid para toda a Hespaña, acáennos a nós coma un cepo ou coma un cilicio […] Por eso o galego que se referindo a esta España de agora, berra ¡Viva España!, ou é un malvado ou é un idiota”.
- “Motes: Anti-España: A prensa patrioteira, defensora do españolismo chilón e decadente, cítanos con este mote sonoro e definitivo. Máis o certo é que non poideron topar outra verba que tanto gabara noso orgulo de nacionalistas galegos… “. Sairán 13 números, ata xullo do 36.
Relativas a Galicia
- Vicente Llópiz Méndez-Esperante: Diccionario castellano-gallego. Contiene todas las equivalencias de uso corriente en Galicia, Valle del Navia, El Bierzo y Sanabria, palabras del gallego antiguo tomadas de documentos históricos y formas castellanizadas que se emplean en lenguaje popular (comeza a aparecer na revista “Galicia en Madrid”. Interrómpese en abril de 1936 na voz “agarraderas”).
- No mes de xaneiro aparece en Madrid “P.A.N.”, dirixida por Otero Espasandín , co subtítulo de “Revista epistolar y de ensaios”. Chegará a publicar 7 números até xullo deste mesmo ano.
- Ramón Suárez Picallo dirixe a revista de Santiago “Ser. Semanario Gallego de izquierdas”, publicado entre abril e decembro.
- En xaneiro sae en Vigo o primeiro número de “RAIG” co subtítulo de “Revista artística ilustrada de Galicia (RAIG)-Ilustrated Artistic Review of Galicia”, que tiña como lenda “Arte, industria, comercio, turismo”. O seu fundador e director foi Carlos Bock Bremer. Ademais do galego e o castelán, aparecían artigos en francés, alemán, inglés ou italiano.
- Xesús Ferro Couselo dirixe “Tude”, “Revista editada por los estudiantes de bachillerato del Instituto de Tuy”. Sairá o derradeiro número o 4 de abril de 1936.
- Publícase o nº 9 da revista “Resol”, con notable presencia de poetas de Hispanoamérica (Ver 1932).
- Sae en Buenos Aires o 1 de maio o primeiro número da revista “Alalá” , “Pubricazón da coral Os Rumorosos”.
- Dirixido por Francisco Taboada, ve a luz en Cuba “La Voz del Alumno”, boletín de saída irregular, escrito en castelán, órgano do plantel Concepción Arenal do Centro Galego.
- Desaparece o semanario de Ourense “Heraldo de Galicia” (1930).
- O escritor Roberto Arlt visita Galicia, tomando notas para uns artigos que se publicarían como “Augafortes galegos”.
- “Nós” publica en Santiago "Teatro irlandés". Dous folk-dramas de W. B. Yeats, tradución de Plácido Ramón Castro del Río e dos irmáns Villar Ponte.
- O fotógrafo Luís Casado Fernández (Ksado) publica Estampas de Galicia.
- Amador Víctor González: Relatos patagónicos (Buenos Aires).
- Antonio Couceiro Freijomil: El idioma gallego. Historia. Gramática. Literatura.
- Antonio López Carballeira: Meiga. Galicia la mágica (novela asinada co pseudónimo de “L. da Carvalheira”).
- Cándido Viñas Calvo: Huellas en desorden (Pontevedra).
- Francisco Leal Insua: Horas (Poemas. Viveiro).
- Francisco Vega Ceide: El alba de quechemarín. Poemas (Santiago).
- José Couselo Bouzas: La guerra de Sucesión en Galicia. Tesoro de Rande (Santiago).
- José Manuel Vilabella Gómez: Tres pesetas de humorismo (Alicante. Prólogo de W. Fernández Flórez).
- José María Crespo Rodríguez: Compendio de agricultura industrial de Galicia (Santiago).
- José Toba Fernández: Problemas que nos plantea la escuela y el niño en Galicia.
- Ramón Sobrino Buhigas: Corpus Petroglyphorum Gallaeciae (Santiago).
Acontecementos
- Rafael Dieste en viaxe de estudos por Europa, escribe en París La vieja piel del mundo. Estuda teatro e escenografía en Francia e Bélxica cunha beca da “Junta de Ampliación de Estudios. Represéntase en Rianxo A fiestra valdeira, de Dieste, dirixida polo autor.
- Fole ingresa no Partido Galeguista a instancias de Ramón Piñeiro, sendo nomeado secretario provincial e tendo como presidente a Xosé Ramón Fernández-Oxea.
- Xosé Ramón Fernández-Oxea gaña por oposición a praza de Inspector de Escolas.
- Xosé Velo casa con Jovita Pérez González, con Celso Emilio de testemuña.
- Blanco Amor en Marrocos; en decembro marcha a Buenos Aires. “O noso querido amigo o gran poeta i-escritor que veu a Hespaña enviado pol-o gran xornal bonaerense “La Nación” para facer unhas crónicas intresantísimas encol de diversos aspeitos da vida hespañola, regresou o día 5 novamente a Bos Aires”. (“A Nosa Terra”, nº 389, 9 de novembro).
- Otero Pedrayo presidente do Seminario de Estudos Galegos. Redacta con data de 27 de maio o su primeiro testamento: “… declaro primeiramente que nacín e morrerei na devoción e fé da Igrexa Católica única verdadeira. (…) Quero que meu corpo seña enterrado na terra nai e adourada de Galiza (…). Asimesmo os meus libros, papeis e orixinales literarios e dereitos sobre meus libros e pubricaciós, desexo que á miña morte pasen ao Seminario ficando miña viuda cos que lle gosten mais como lembranza, mais sempre en mínima parte. De non existir a institución do Seminario de Estudos Galegos pasan taes dereitos a entidade da cultura galega que o herde no espírito galeguista, ou de non haber ningunha á Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Sant-Yago. (…) Miña vontade ao pensar no Seminario é que il ou no seu caso as outras entidás estabrezan en Trasalba unha Residenza de estudantes con adicazón a cultura galega ou non sendo isto posible orgaice un retiro ou refuxio para escritores galegos i-en lingoa galega e sentimento e fé galeguistas podendo tamen se acolleren os artistas da mesma inspirazón (…) Nomeo como albaceas a D. Vicente Martínez Risco e D. Florentino Cuevillas, veciños de Ourense…”.Este testamento está redactado en galego e xunto ao orixinal consérvase na Fundación Penzol unha copia exacta traducida para o castelán e cunha nota de Otero que di “Es copia exacta del original gallego que acompaña y que hago por si algún Juez incomprensivo pone dificultades a la legalización de este testamento”.(“Grial” nº 218).
- Xaime Quintanilla, director de “El Obrero”, portavoz da “Agrupación Socialista Ferrolana”.
- Xesús Lorenzo Varela trasládase a Madrid, onde traballa como membro do equipo de “Misiones Pedagógicas” e pertence ao grupo de Poetas Andantes e Navegantes (P.A.N.), o mesmo que Rafael Dieste, Otero Espasandín e outros intelectuais galegos.
- No nº 359 de “A Nosa Terra”: “Castelao e Bóveda”: “Despois de pasar uns días en Pontevedra disfroitando d’un permiso por asuntos de familia, saíron novamente para o seu desterro de Badaxóz e Cádiz, respeitivamente, os nosos entrañabres irmáns Castelao e Bóveda…”.
- No nº 360 de “A Nosa Terra”: “Portela Valladares, Ministro”: Agardemos que a súa presencia se manifeste de xeito elocuente e rotundo. Non é moito lembrar a quén, como decimos, conosce a súa terra e sabe das súas angurias. A quen está obrigado a ser fidel as súas verbas e aos sentimentos que moitas veces manifestou incruso con alarde que fai concebir a certeza da súa sinceiridade”.
- No nº 373: “O auténtico e lexítimo Goberno de Catalunya ingresou no presidio. Diante d-este feito, cheo de ensenanzas, nós saudamos aos homes da Xeneralitat con este berro compendio da nosa adesión ¡Visca Catalunya! Con artigos de Xerardo Álvarez Gallego: “¡Deica logo, irmáns!: “Cárcel Modelo de Madrí. Contra os ferros da cadea, deica marcalos no peito, se apertan, no espremer emocionante do espedimento, o Presidente Companys…”. e de Antón Villar Ponte: “Agasallo de irmán”: “Da verdecente Galicia vos mando o agasallo d-estes loureiros que ouviron risadas de merlo e inda levan, como brilantes, pingotas d-orvallo auroral”.
- No nº 375 Manuel Gómez Román presenta o “Proieto de Unha casa para Castelao”.
- No nº 380 “D. Bernardino Machado”: “O por tantos conceitos ilustre derradeiro presidente constitucional de Portugal que dende fai catro anos vivía na Guardia desterrado pol-o réxime dictatorial que impera na súa patria, acaba de ser obrigado a internarse por orde do Goberno hespañol. O señor Machado, n-un xesto diño que revela a súa forteza espritual, abandonou a súa residencia da Guardia e vaise a Francia”.
- No nº 384 publícase o artigo de Hans Scheneider, (Hamburgo): “O galego “idioma agonizante e próisimo a desaparecer”…”: “E esta unha opinión que cecais por ser tan errónea e absurda vense mantendo ainda entre xentes que na súa vida teñen oubido falar o galego, consecuencia natural de non ter estado en Galicia”.
- No nº 384: “Portela, eliminado”: “Por si fora pouco canto se ten dito a redor do asunto están ahí coa súa elocuencia, as verbas ditas pol-o señor Portela ao deixar o Ministerio. Verbas que queremos reproducir: “Si en algún momento el poder civil se viera amenazado –que yo no lo espero- tengo la seguridad de que el Ministerio de la Gobernación y todos los que aquí están a su servicio se levantarán como un solo hombre para ofrendarle sus vidas”.
- No nº 391: “¿Onde están os diputados galegos? ¿De qué se preocupan estes homes? ¿Deica cándo vai durar a súa mudez? ¿Non se decatan de que co seu silencio se fan responsables de todas as pretericións de que se fai ouxeto a Galicia?.
- No nº 396: “O que Galicia tiña dereito a agardar do Sr. Portela Valladares”: “Chegou a presidencia do Goberno da Repúbrica o Sr. Portela […] Sabe, en fin, que o Sr. Portela coñece ben a preterición e inxusticia con que a nosa Terra foi tratada sempre e decrara a cotío os seus fervores de galego autonomista […] Preguntamos agora nós: ¿É ese o programa que en punto á política do Goberno central en Galicia se pode adiviñar nas súas primeiras medidas? Afirmamos, sin rodeos nin eufemismos, que non.
- No nº 408 anúnciase a constitución da “Asociación de Escritores de Galicia” : “A direitiva ficou así constituída: Presidente: Gonzalo López Abente. Segredario Xeral: Álvaro das Casas. Idem de actas: Del Riego. Vocaes: Julio Sigüenza, Blanco Torres, Martínez Morás, Santos Bugallo, Iglesia Alvariño e Lustres Rivas”.
- No nº 10 de “Guieiro” (A Nosa Terra nº 356) inclúese o artigo “Mariñeiros de Arousa” asinado por Taboada: “Acaban de ser postos en libertade, os mariñeiros da illa de Arousa que foran á cadea acusados de haberen proclamado o comunismo libertario no seu pobo (…) catro meses cos fillos sin pán, catro meses nos que as dornas estiveron sen ir ao mar; catro meses abafados pol-a asquerosa mezquindade da cadea; catro meses afogando arelas de libertade; catro meses forxando puñaes pra os nemigos…”. Refírese a un feito que tivo lugar o 7 de outubro de 1934 na Illa de Arousa en que a “Agrupación Local do Partido Socialista da Illa de Arousa” proclama a “República Federal da Illa de Arousa”.
- Estréase en Ourense a película de Antonio Román “Canto de emigración, romance en imágenes sobre motivos gallegos”.
- Carlos Velo: “Infinitos” (curtametraxe). Roda a curtametraxe “Felipe II y el Escorial”.
- Na súa IV Asemblea, celebrada en Santiago, o Partido Galeguista acorda o pacto co Partido de Izquierda Republicana. Risco xa non asiste. As teses do grupo de Ourense deféndeas Otero Pedrayo quen no seu discurso declara a incompatibilidade entre galeguismo e marxismo, pero tamén entre o primeiro e o dereitismo español. Declara que suceda o que suceda el non se irá do Partido. A finais de abril, Castelao envía unha carta a Otero Pedrayo: “… Agora eu quixera decirche canta ledicia recibín ó saber o resultado da Asamblea. Non-o conseguirei. Creo que a túa postura é a máis ergueita que pode adoptar un galeguista nestes intres de tolería. Fixeches un sagrificio e ganaches a admiración de todos e o que máis importa: o respeto de todos. Eso é o que se fai e creo que prestache ó galeguismo a a Galiza un servicio que co tempo verás recompensado. ¿Pero é que se pode deixar o galeguismo político entregado en absoluto â euforia esquerdista e sen freno ningún? Esa actitude non sería patriótica. Ti es un home”.
- O 25 de maio asinan un manifesto José García Vidal, José Lino Sánchez, Darío Caramés, José Filgueira Valverde, José Sesto López e José Martínez Tiscar, creando “Dereita Galeguista de Pontevedra”, como escisión do Partido Galeguista (O 15 de xuño aparecerá publicado en “A Nosa Terra”). Escribe Bóveda: “Eu non comparto a posición de Filgueira ao arredarse de nós. Teño o convencimento de que cometeu un erro ao non seguir o admirable exemplo de disciplina dado polo noso gran Otero Pedrayo na IV Asembreia. Estou seguro de que o camiño en que teima aventurarse, na compaña de instigadores de dubidoso galeguismo, renderá moi poucos beneficios á nosa terra e pode producir danos á mesma tradición galega que quere defender...”. (“A Nosa Terra” nº 368).
- Castelao reposto no seu cargo da Delegación de Estatística de Pontevedra gracias a Portela Valladares, vello amigo seu. Viaxa a Francia e Bélxica.
- O 25 de xullo o monumento a Curros na Coruña foi lugar de cita de dezasete intelectuais galeguistas, entre eles: Castelao: “Curros e os labregos”; Xosé Núñez Búa: “Curros e o caciquismo”; Ramón Suárez Picallo: “Curros e a emigración”; Lugrís Freire: “Curros e a Fala”; Carballo Calero: “Curros e a guerra civil”.
- Do 30 de marzo ao 6 de abril celébrase no Porto unha Semana Cultural Galega; no remate falaron o Dr. Luís Iglesias, Mendes Correia, Santos Junior e Otero Pedrayo. Francisco Fernández del Riego lembra o acontecimento no artigo “Relacións culturais entre Galicia e Portugal” (La Voz de Galicia 20/03/2010): “Viñeran a Compostela para ultimar o programa a desenvolver varios cualificados persoeiros da intelectualidade portuense. Visitaron entón á Editorial Nós, onde foran recibidos polo seu responsable Ánxel Casal. Trasladáronse despois aos locais do Seminario de Estudos Galegos, situados no edificio de Fonseca (…) Saíu de Santiago, unha nutrida representación da intelectualidade galega. Almorzouse en Viana do Castelo. Fíxose parada en Póvoa de Varzim. A chegada a Porto produciuse xa na anoitecida. A sesión inaugural dos actos tivo lugar ao día seguinte no Salón Nobre da Facultade de Engenheria da Universidade. Presidiu o reitor, quen despois de saudar aos visitantes salientou o que significaba para os dous pobos o importante acontecemento cultural. O profesor Mendes Correia, director da Facultade de Ciencias dixo na ocasión: “En Portugal a Galiza era case desconhecida”. Explicou a designación de Leter aplicada na Antigüidade ao río Lima. Afirmou que “Para nós é o Minho o río do esquecemento” (…) E engadiu aínda: “O galego é o portugués antigo, e reciprocamente, o portugués é o galego evoluído”. Interviron despois o Presidente do Seminario de Estudos Galegos, e o Profesor Otero Pedrayo. Este exaltou a beleza da paisaxe portuguesa, evocando o solpor ollado desde Santa Luzia. A constante aspiración de liberdade de Galicia. As grandes etapas do Románico, do Barroco, do Romantismo. Posteriormente fíxose unha romaxe de saudade ao cemiterio de Agramonte para lle render tributo ao mozo investigador Rui de Serpa Pinto, alí soterrado. A seguido realizouse un percorrido por algúns monumentos representativos. Pola noite, galegos e portugueses asistiron a un espectáculo teatral. Foi ao día seguinte cando deron en comezo as sesións do importante congreso que tanta repercusión tivo”. No nº 358 de “A Nosa Terra” figura o programa das xornadas. Consérvase na Biblioteca Municipal do Porto un libro de autógrafos do historiador portugués Carlos de Passos no que asinaron ao longo destas xornadas Vicente Risco, Otero Pedrayo, Filgueira Valverde e Xesús Carro. Posteriores son as sinaturas de Leandro Carré Alvarellos (1954) e de Francisco Javier Sánchez Cantón (1962).
En carta de Castelao a Eduardo Blanco Amor (6 de abril) fai referencia a este acontecemento: [...] A Semana Galega de Oporto foi algo eistraordinario. O alarde que fixemos valeunos unha consideración que aínda non tiñamos en Portugal. Podemos decir hoxe que Galiza está â mesma outura de Portugal e a colaboración dos dous países para unha obra de fito común pode dar froitos insospeitados. Daba xenio ver como caeron os que conferenciaron en castelán, pois non se trata somentes do idioma senón que aqueles que ainda non falan galego tampouco son capaces de decir nada novo. En troques as conferencias en galego foron eistraordinarias e causan asombro. (Obras Castelao. Vol. VI. Nº 128. Galaxia. 2000).
- Federica Montseny, militante da CNT chega a Galicia para dar uns mitins de propaganda das ideas libertarias.
- Blanco Torres dirixe en Pontevedra o semanario “El País”.
- Inaugúranse as instalacións de “Radio Orense”.
- O 17 de marzo fúndase a “Falange Gallega”, nun mitin celebrado en Vilagarcía presidido por José Antonio Primo de Rivera: “la próxima revolución la ganarán mis camisas azules con los fusiles en la mano”. Na rúa houbo enfrontamentos entre falanxistas e sindicalistas.
- O 28 de xullo inaugúrase o aeroporto de Lavacolla.
- Ramón Puga Noguerol funda Radio Ourense e Ramón Beberide Ledo, natural de Vilafranca do Bierzo funda Radio Lugo.
Premios
Epistolario
Con data de 10 de xaneiro Castelao escríbelle a Otero Pedrayo: Meu querido irmán: Que a túa felicidade non teña remate, que non amingüe a tua ledicia, que non che falle o xamón e o viño e o café e o cigarro, que chegues san a vello vedreiro e deas ô mundo un fillo do teu talento cada ano, que chegues a ver a nosa Terra en paz i-en gracia de Deus, que chegues a ver ledo e satisfeito a Risco, e canso de vivir entregues a i-alma ôs anxeliños cando xa non teñas nada que facer no mundo. Todo eso desexo eu para ti por seres o home máis compreto que pareu a nosa Terra [...] Risco, que é un santo, ten dúas chatas: a de doerse porque non lle fan caso e a de botarse de adiviño. El ten razón e os demáis tamén a teñen. A min paréceme que as preocupacións do Risco proveñen do medo que lle dá o trunfo. O Risco non é arriscado. Eu, en troques, teño fe cega no galeguismo, que chegará a ver o que a Galiza lle conveña. Risco quer metelo nos railes do tren i-eu coido que debe ir por unha estrada ancha, unhas veces â esquerda e outras â dereita e sempre a bó paso [...] (Obras. Castelao. Vol VI. Nº 120. Galaxia 2000). |
O 30 de xaneiro dende Badajoz Castelao escribe a Ramón Martínez López: [...] Xa sei que Pascoaes chegou a Lisboa fuxido do frío do Marao, irei, pois, a Lisboa. Agora ben; teño que facel-o viaxe de incógnito, pois non levarei permiso oficial e compre que ande con moito tento. Sairei d’eiqui un sábado e sairei de Lisboa o luns pol-a noite para chegar a Badaxoz o martes pol-a mañán...[...] Vou a Lisboa nada mais que para estas duas cousas: darlle unha aperta a Teixeira e ver a Nuno Gonçalvez. E nada mais. Agora unha encarga, porque supoño que nos domingos non estarán abertas as librerías. Necesito que merques un exemplar de “O Probe tolo” de Teixeira e que o teñas gardado. Lín este libro, que me volveu tolo, no tren, antre Elvas e Valença e antre Valença e Elvas; pero ocurreume unha desgracia espantosa... Quedeime durmido no tren e ô chegar a Elvas despertoume un policía e dous aduaneiros... Co susto e os apuros esquecéuseme metel-o libro na mala e quedoume na rexilla. Por mais que falei co-a xente do tren o libro desapareceu e quedeime sen él. ¡Tíñalle tanto cariño xa! E non volverei a telo nas mans.. Date conta da ledicia que ten un rapaz que logra apañar un paxaro bonito; e a tristura con que queda cando lle fuxe, a voar. ¡Nunca mais volver a telo nas mans! Velahi como estou eu sen o libro. (Obras. Castelao. Vol VI. Nº 121 Galaxia 2000). |
Con data de 13 de febreiro Castelao escribe a Rodrigues Lapa dende Badajoz: Compríronse os anceios que tiña de coñecelo a Vde. e fiquei con soedades da súa compañía. Agora xa somos irmáns de verdade, tanto como son os meus vellos e queridos irmáns galegos, os fundadores da miña Patria. (Obras. Castelao. Vol VI. Nº 125. Galaxia 2000). |
Castelao, desterrado en Badajoz, informado da actitude de Vicente Risco dentro do Partido e quizais creéndoo responsable da ruptura escríbelle o seguinte con data de 1 de marzo: “Querido Vicente: Un galeguista dos máis vellos da nosa Irmandade, que dou mostras certas e verdadeiras de amor á nosa Terra (tanto ou máis que ti e min, dentro das súas forzas) quéixase, e a meu xuicio con sobrada razón e motivo, da tua nova manía de escomungar do galeguismo a quen non pense coma ti. Certas afirmacións tuas non poden tomarse ó pe da letra porque xurde delas unha intención política que non se axeita ás normas que sempre, sempre, foron orgullo dos galeguistas. Non quero entrar no fondo do asunto e déixoche en paz coa tua concencia. Fai e desfai o que queiras. Supoño que terás recibido unha carta miña, longa de máis. Estou arrepentido de intervir perto de ti, pois agora decátome de que a ti o que che gosta é esto que estás facendo, e querendo eu facer un ben cicáis fixese un mal… Desfai o Partido dunha vez. Déixate de lerias e ponte ó frente de quen che siga. Lévate contigo o mellor que temos i esterilízalle as enerxías que teñen. Eu quédome onde estou e coa carraxe do mesmo demo do inferno –ceibe de vencelos- seguirei na política aitiva, con quen sexa capaz de dar a vida e a ialma por Galiza, a Galiza que seña, a que podamos lograr. Apertas”. (Obras. Castelao. Vol VI. Nº 123. Galaxia. 2000). |
Con data de 10 de marzo Castelao diríxese a Rodrigues Lapa dende Badajoz: [...] O seu xuicio de “Os dous de sempre” fíxome meditar moito. É unha grande leición que saberei aproveitar. A miña intención foi a de facer arte con mestura de melanconía e humorismo. [...] Intentei facer unha novela a cabalo –como din os pintores cando pintan cadros inmensos- e non fun capaz.[...] Intentei escrebir unha novela en galego e non me coidei máis que do linguaxe. [...] Compre decirlle que Pedro é unha invención miña; pero Rañolas eisistiu e fixo todo canto eu digo. incrusive foi real o suicidio [...] Estou enteiramente de acordo co seu xuicio e agradézollo con tod’a miña i-alma, pois eu pretendo chegar a ser un bó escritor galego [...] "Retrincos" saíu ô meu gosto e doume Vde. unha grande ledicia ô sinalar o conto "Sabela" como o mellor, porque é o derradeiro que fixen. Como perdín a vista para pintar dou por rematada a miña vida de pintor e dibuxante para entregarme â literatura, utilizando os meus recursos de dibuxante como complementos necesarios, tal como nas cousas de Teatro que pretendo facer e que levarei a cabo cando me devolvan ô meu fogar [...] (Obras. Castelao. Vol VI. Nº 124. Galaxia 2000). |
En carta de Castelao a Eduardo Blanco Amor (6 de abril): [...] A Semana Galega de Oporto foi algo eistraordinario. O alarde que fixemos valeunos unha consideración que aínda non tiñamos en Portugal. Podemos decir hoxe que Galiza está â mesma outura de Portugal e a colaboración dos dous países para unha obra de fito común pode dar froitos insospeitados. Daba xenio ver como caeron os que conferenciaron en castelán, pois non se trata somentes do idioma senón que aqueles que ainda non falan galego tampouco son capaces de decir nada novo. En troques as conferencias en galego foron eistraordinarias e causan asombro. (Obras Castelao. Vol. VI. Nº 128. Galaxia. 2000). |
En maio escribe a Alexandre Bóveda dende Badajoz: [...] “A Nosa Terra” que recibo hoxe ven plagada de erratas. A min coláronme “os ricos comen pouco” por “os ricos comen porco”. Ven terrible e aademais en duas ou tres partes atácase o problema clerical que non conviña tocalo agora como non fose discretamente e por un católico. Eso non me agrada e considéroo imprudente.. Creo tamén que compre suprimir os ataques personales a Portela, sen que por eso se prive un de decirlle o que se lle debe decir. Critica da sua xestión e da sua traición a Galiza; pero sen chistes, nin ironías. Paréceme que esta prudencia é boa, pois non sabemos ainda se en algunha ocasión teremos que anovar o noso trato con él ¿Quen está libre deso? Xa ves o que pasou con Casares. [...] (Refírese ao número 366 do 18 de maio) (Obras. Castelao. Vol VI. Nº 126. Galaxia 2000).. |
En carta de Vicente Risco ao historiador portugués Carlos de Passos (15 de novembro) di: “ (…) Ora, eu son tan demorado en escribir, perdín de tal geito o costume de me comunicar co mundo, que sempre teño que quedar mal cos amigos, por moito aprezo e consideración que me merezan. Logo, já me non estrevo nen a pedir desculpa, porque comprendo que non son merecente dela. (Patricia Arias Chachero: “O historiador portugués Carlos de Passos e a súa relación cos intelectuais galegos”; “Grial” nº 227; 2020). |
A finais de abril, Castelao envía unha carta a Otero Pedrayo: “… Agora eu quixera decirche canta ledicia recibín ó saber o resultado da Asamblea. Non-o conseguirei. Creo que a túa postura é a máis ergueita que pode adoptar un galeguista nestes intres de tolería. Fixeches un sagrificio e ganaches a admiración de todos e o que máis importa: o respeto de todos. Eso é o que se fai e creo que prestache ó galeguismo a a Galiza un servicio que co tempo verás recompensado. ¿Pero é que se pode deixar o galeguismo político entregado en absoluto â euforia esquerdista e sen freno ningún? Esa actitude non sería patriótica. Ti es un home”. |
O 6 de xullo Castelao volve a escribirlle a Otero Pedrayo dende Badajoz: Meu querido irmán: As túas cartas danme aire e azos, e non tés idea de cómo chas agradezo. Cada día estou máis ademirado da túa bondade e creo que a túa posición de sagrificio terá recompensa [...] O manifesto filgueirista encheume de carraxe porque sei o que se pretende e a onde se quer chegar; pero xa pasou e non dubido que a estas horas estarán arrepentidos. Para darse un conta do que son as dereitas hespañolas, e pol-o tanto da imposibilidade de que un galeguista poida cangar con semellante alcume, é preciso vivir perto dos señoritos estremeños ou andaluces [...] Non sei cando nin como poderei voltar a Galiza definitivamente pois xa vés que non é posible facelo con esta situación sen cometer unha indiñidade. Portela faise o parvo e ningún outro pode ter máis obliga moral de sacarme deiquí. Eu non fun a Madrid; pero sei o que alí pasou. Nós non podemos dubidar de que somentes nunha situación en que Azaña sexa o amo poderemos conquerir o que arelamos [...] (Obras. Castelao. Vol VI. Nº 129. Galaxia 2000). |
O 24 de setembro Castelao escribelle a Otero Pedrayo dende París: Marchámonos a Bruxelas sen botar ó correo a carta que che escribimos. Xa estamos de volta e xa demos unha volta a todo París [...] Pareceunos que a vida en Bélxica é máis limpa e desabogada que na Francia. As xentes semellan tranquilas e sen medo ó porvir. A Grand Place sigue sendo unha alfaya; pero non che hai nada comparable a Sant-Iago. [...] Visitamos a Exposición Universal e Internacional de Bruxelas, que é unha cousa sen gran interés [...] A Exposición de Arte Antiga, apesares do seu intrés, non val tampouco o viaxe [...] En conxunto pódese decir que o mellor son os tapices e que nos cadros domina a paisaxe sobor da figura, o que sorprende un pouco. Os Breughel, Van der Weinden e Van der Goes están moi ben; pero falta Memling, os Van Eyck e tantos outros [...] (Obras. Castelao. Vol VI. Nº 134. Galaxia 2000). |
Con carimbo do comité Executivo do Partido Galeguista. Segredaría política, Castelao e V. Marco Miranda, cofundador en xullo de 1934 do partido Esquerra Valenciana, diríxense por escrito a Lluís Companys, preso co seu goberno en El Puerto de Santa María: Deseamos, en primer término, que con esa carta llegue a su celda la espresión de nuestra fraternidad, más fuerte hoy que nunca, y de nuestra admiración, siempre fervorosa. Escribímosle en momentos de nueva esperanza para el triunfo de una idea que importa quizá más a la consolidación de la República que al propio bien de nuestros paises [...] Concretamente obedece esta carta a otras que se vienen cruzando desde hace algunos meses entre “Esquerra valenciana” y el “Partido Galeguista”. [...] Después de visitas celebradas y correspondencia sostenida entre nuestros partidos, hemos llegado a coincidencias inmediatas y firmes. [...] Había que hacer eficiente la pelea conjunta por una transformación del Estado español, en que, por de pronto –alejado en la oportunidad, aunque no en la aspiración legítima- el establecimiento de una República federal, se conjugase a todos los partidos inmaculadamente republicanos y gallardamente autonomistas, regionalistas o nacionalistas, en una fuerza poderosa y nueva [...] Y en este estado de cosas decidimos participarle a V. nuestro proyecto para solicitar su consejo y su opinión personal y de partido. Sabemos todos nosotros que si la República quiere asentarse sobre sillares inconmovibles, ha de comenzar por cambiar la vieja estructura del Estado unitario [...] Sólo el libre concierto de nuestras Patrias, sería la recreación de la verdadera unidad [...] (Obras. Castelao. Vol VI. Nº 135. Galaxia 2000). |
Sumarios
Nós “Boletín Mensual da Cultura Galega”:
Lois V. F. Pimentel: Verbas. Fr. Aureliano Pardo Villar: Notas en col da vila de Arzúa. Ánxel Fole: Eu i-o meu corazón. Luís Manteiga: Retorno á paisaxe. Os homes, os feitos, as verbas. |
Nº 134 (febreiro):
|
Paulino Pedret Casado: Xoán Antonio Saco Arce. Xosé Velo: Alciprés. Guilherme de Almeida: Galliza, pátria da canção. Francisco F. del Riego: Presencia de Galicia nos vieiros da arte nova. Vicente Risco: Mitteleuropa.
|
Nº 136 (abril).
Augusto Mª Casas: Río. Armando Mattos: As armas dos Lousadas. J. Vendryes: En col da poesía bárdica. Xosé Mª Castaño Priegue: A barca. A. das Casas: Miscelánea. Arquivo Filolóxico i Etnográfico de Galiza. (Folk-lore encol dos nenos, por Xosé Ramón e Fernández Oxea). Vicente Risco: Mitteleuropa. Os homes, os feitos, as verbas.
|
Lois V. F. Pimentel: Paisaxe sin historia. Ánxel Fole: Idilio na insua. R. Carballo Calero: Choiva. Xohán López Medina: Notas encol do escudo de armas de Noia. Manuel Lesteiro López: Paisaxe i esprito. Duardo Lence-Santar e Guitián: Un intresante libro de formado da catedral de Mondoñedo. Vicente Risco: Mitteleuropa. Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza (Folklore de Coaledro (Ourense) por Xosé Ramón e Fernández Oxea).
|
Nº 139-144 (xullo-decembro):
|
Outras culturas
PREMIO NOBEL DE LITERATURA: declarado deserto
CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa
Nacen
Morren:
Afonso Lopes Vieira: Éclogas de agora.
Alberto de Serpa: Descrição.
Almada Negreiros funda e dirixe en Lisboa a revista “Sudoeste” defensora dos presupostos modernistas. No número inaugural escribe: “La dualidad Portugal-España es, en fin, el secreto de la vitalidad de la península ibérica y de su civilización. Portugal y España son dos opuestos y no dos rivales. Los opuestos son complementos iguales de un todo. Este todo está representado geográficamente por la península ibérica y en espíritu por la civilización ibérica”.(En Sobre el iberismo y otros escritos de literatura portuguesa de César Antonio Molina. Edit. Akal. Madrid 1990 Páx. 69). No nº 3 publica a nota Nós, os de “Orpheu”. No mesmo número, Álvaro de Campos colabora con “Nota ao acaso”.
António Augusto Esteves (“Carlos Sombrio”): Escribe no nº 10 de “Guieiro”: “Sardinha fresca…”.
António de Assis Júnior (Angola): O segredo da morta.
Aquilino Ribeiro: Quando ao Gavião Cai a Pena (conto).
Armando Côrtes Rodrigues: Horto fechado e outros poemas.
Carlos Queirós: Desaparecido (poesía).
Érico Veríssimo (Brasil): Caminhos cruzados (narrativa) e Música ao longe (narrativa).
Fausto Duarte: O negro sem alma.
Fausto José: Aspectos da política colonial. A escravatura.
Fernanda de Castro: Daquém e dalém. Alma.
Fernando Pessoa escribe unha extensa carta a Adolfo Casais Monteiro na que lle explica a xénese dos heterónimos. En febreiro publica no “Diário de Lisboa” o artigo “Associaciões Secretas contra uma proposta de lei apresentada à Asambleia Nacional para a abolição das sociedades secretas, e na qual é visada sobre tudo a Maçonaría”. No número tres de “Sudoeste”, dirixida por Almada Negreiros, publica a nota “Nós, os de Orpheu”. Campos colabora no mesmo número con “Nota ao acaso”. O 29 de novembro, Pessoa é internado cun cólico hepático no hospital São Luís dos Franceses, morrendo ao día seguinte. A súa derradeira frase, escrita con lapis está en inglés: “I know not what tomorrow will bring”.
Vicente Risco publica na revista lisboeta “Seara Nova” o ensaio titulado Para a autocrítica dunha xeración.
No mes de maio Manuel Rodrigues Lapa, é expulsado da docencia xunto con outros profesores, pola ditadura salazarista. Coordina un nº especial de “Seara Nova” (Nº 425) dedicado a Pondal no centenario do seu nacemento, con colaboracións de escritores galegos.
Ferreira de Castro: Terra Fría.
Fidelino de Figueiredo: Pyrene: ponto de vista para uma introdução à história comparada das literaturas portuguesa e espanhola. A versión española aparecería no 1971 no nº 1448 da Colección Austral de Espasa-Calpe.
Jorge Amado (Brasil): Jubiabá.
Jorge Barbosa (Cabo Verde): Arquipélago.
José de Almada Negreiros: Arte e Política.
José Osório de Oliveira: O romance de Garret.
José Régio: As Encruzilhadas de Deus (poesía).
Leonardo Coimbra: A Rússia de hoje e o homem de sempre.
Manuela Saraiva de Azevedo: Claridade.
Maria Archer: Três Mulheres.
Natércia Freire: Castelos de sonho.
Teixeira de Pascoaes: Painel. (poesía).
Vinícius de Moraes (Brasil): Forma e exegese.
Vitorino Nemésio: La Voyelle Promise (poesía).
|
Nacen:
- Josep Antoni González i Casanova (Barcelona; ibídem 2021).
Morren:
- Jacobo Sureda (1901 Palma de Mallorca).
Nace en Barcelona “ Quaderns de Poesia” (Dirixida por Carles Riba, J.V. Foix, Tomás Garcés e Joan Teixidor). Nos nº 3 e 4 colabora Cunqueiro e no nº 5 aparece Madrigal a cibdá de Santiago de García Lorca.
Francesc Trabal: Vals.
Joan Oliver “Pere Quart”: Cataclisme (teatro) e El 30 d’abril (teatro).
Joan Teixidor: Joc partit (poesía).
Josep Carner: La primavera al poblet.
Josep Maria López-Picó: A mig aire del temps.
Martín de Riquer: Comentaris crítics sobre clàssics catalans.
Salvador Espriu: Ariadna al laberint grotesc (narracións) e Miratge a Citerea (narracións).
Sebastià Juan Arbó: Camins de nit (novela).
Tomàs Garcés: El senyal (Cunqueiro traducirá ao galego co pseudónimo de M. Mª Seoane un poema co título de “Mensaxe” que está dedicado ao poeta francés Jules Supervielle. Aparece en “Faro de Vigo”o 14 de xullo de 1968).
Xavier Benguerel: Suburbi (novela).
Máis culturas:
Nacen:
- Jorge Teillier (Lautaro; 1996 Viña del Mar).
- Fernando del Paso (México D. F.; 2018 Guadalajara).
- André Schiffrin (París; ibídem 2013).
- Danilo Kis (Subotica, Serbia; 1989 París).
- David Lodge (Londres).
- Françoise Quoirez “Françoise Sagan” (París; ibídem 2004).
- Kenzaburo Oé (Ose; 2023).
- Joyce Johnson (Queens, New York).
Morren:.
- Paul Bourget (París; 1852 Amiens).
- Vernon Lee (Violet Page): (San Gervasio Bresciano, Italia; 1856 Boulogne-sur-Mer).
Armando Mook: Rigoberto (teatro).
Ciro Alegría: La serpiente de oro.
Horacio Quiroga: Más allá.
Jorge Luis Borges: Historia universal de la infamia.
José Vasconcelos: Ulises criollo.
Pablo Neruda: Residencia en la tierra.
Raúl González Tuñón: Todos bailan (poesía).
Rómulo Gallegos: Canaima.
Alberto Moravia: Le ambizioni sbagliate e La bella vita.
Antonin Artaud: Les Cenci (teatro).
Elias Canetti: Auto de fe.
Ernest Hemingway: The green hills of Africa (As verdes colinas de África).
Georgios Seferis: Mitoloxía e Narración lexendaria.
Gilbert Keith Chesterton: The scandal of father Browm.
John Steinbeck: Tortilla Flat.
Malraux: Le temps du méprix.
Paul Eluard: Nuits partagées.
Sándor Márai: Divorcio en Buda.
Thomas Eliot: Murder in the cathedral (Asasinato na catedral. Teatro).
Wallace Stevens: The idea of order (poesía).
Tamén sucedeu...
- CINE: Nace o director Mario Camus (Santander; ibídem 2021).
Rouben Mamoulian:A feira das vanidades,que marca o inicio do cine a cores.
- Picasso: “Minotauromaquia”.
- O físico escocés Robert Watson-Watt inventa o radar (acrónimo de Radio detection and ranging).
- Alejandro Lerroux forma novo Goberno (3 de abril), pero as presións da CEDA obrígano a dimitir (3 de maio).
- Novo Goberno de Lerroux (6 de maio).
- Gil-Robles, ministro da Guerra, nomea o xeneral Franco xefe do Estado Maior do Exército (17 de maio).
- Lei de Contrarreforma Agraria (1 de agosto).
- Lei de Arrendamentos Rústicos.
- O escándalo do estraperlo obriga a dimitir a Lerroux (5 de setembro). A palabra “estraperlo” está formada pola unión abreviada de dous nomes, os de Strauss e Perlo, inventores dunha ruleta que incorpora un mecanismo que garante o trunfo da banca. Aínda que o xogo está prohibido en España, Strauss obtivo unha licenza acudindo a políticos aos que ofreceu unha compensación económica. O estraperlo probouse no casino de San Sebastián e no hotel Formentor de Mallorca, sendo clausurado ao pouco tempo pola policía. Ao considerarse estafado, Strauss envía ao presidente Alcalá Zamora a documentación que compromete a seus protectores.
- Fin do bienio negro. O presidente Alcalá Zamora nomea xefe de goberno a Portela Valladares que convoca novas eleccións.
- Hitler rexeita o tratado de Versalles e anuncia unha política de rearme; créase a Luftwaffe.
- Iníciase a persecución dos xudeos.
- Italia invade Abisinia.
- Finaliza a guerra do Chaco entre Bolivia e Paraguay.
- Morre Carlos Gardel, o máis célebre cantor de tangos.