Diferenzas entre revisións de «1926»

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura
(25px|Flag CPLP.gif 25px|Cataluña 25px|Flag of Spain Outras culturas)
(Nacementos/Pasamentos)
 
(Non se amosa 10 revisións do historial feitas polo mesmo usuario.)
Liña 12: Liña 12:
 
||Antonio Benito Yebra de Ares, pintor e escritor (Monterroso; 2012 Lugo).
 
||Antonio Benito Yebra de Ares, pintor e escritor (Monterroso; 2012 Lugo).
 
|-
 
|-
||Eduardo González Ananín (Pereiro de Aguiar).
+
||Eduardo González Ananín (O Pereiro de Aguiar; 2023 Ourense). “Musa implacable coa inxustiza e os xeitos da sociedade burguesa, non sei de ninguén como poeta, tan radical (no sentido etimolóxico: os que van á raíz das cousas e das causas)” (Xesús Alonso Montero: “La Voz de Galicia” 9/9/2023).
 
|-
 
|-
 
||Emilio Álvarez Negreira (Pontevedra; 2002).
 
||Emilio Álvarez Negreira (Pontevedra; 2002).
Liña 20: Liña 20:
 
||Manuel Cuña Novás (Pontevedra; 1992).
 
||Manuel Cuña Novás (Pontevedra; 1992).
 
|-
 
|-
||Manuel Rodríguez Troncoso (Guntín de Oroso, A Cañiza).
+
||Manuel Rodríguez Troncoso (Guntín de Oroso, A Cañiza; 2016 El Prat de Llobregat).
 
|-
 
|-
 
||María do Carme Kruckenberg Sanjurjo (Vigo; ibídem 2015).
 
||María do Carme Kruckenberg Sanjurjo (Vigo; ibídem 2015).
 
|-
 
|-
||Pilar Vázquez Cuesta (Chantada).
+
||Pilar Vázquez Cuesta (Chantada; 2019 Santiago de Compostela).
 
|-
 
|-
 
||'''Outros'''
 
||'''Outros'''
Liña 36: Liña 36:
 
||O pintor Xosé María González Collado (Ferrol; 2018).
 
||O pintor Xosé María González Collado (Ferrol; 2018).
 
|-
 
|-
||O escritor Luís José Quintela Ferreiro (Vilalba).
+
||O escritor Luís José Quintela Ferreiro (Vilalba; ¿?).
 
|-
 
|-
||O arabista José María Forneas Besteiro (San Paio de Arcos, Castroverde; 2003 Granada).
+
||O arabista José María Fórneas Besteiro (San Paio de Arcos, Castroverde; 2003 Granada).
 
|-
 
|-
||O compositor Benigno Prego Rajo (Guláns)
+
||O compositor Benigno Prego Rajo (Guláns; 2018 Valladolid)
 
|-
 
|-
 
||O pediatra José Peña Guitián (Láncara).
 
||O pediatra José Peña Guitián (Láncara).
Liña 55: Liña 55:
 
||O político Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo (Madrid; 2008). Marqués da Ría de Ribadeo.
 
||O político Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo (Madrid; 2008). Marqués da Ría de Ribadeo.
 
|-
 
|-
||O economista e político Víctor Moro Rodríguez (Ribadeo).
+
||O economista e político Víctor Moro Rodríguez (Ribadeo; 2021 Baíña, Pontevedra).
 
|-
 
|-
 
||O médico e intelectual Antonio Pérez Prado (Buenos Aires; ibídem 2009).
 
||O médico e intelectual Antonio Pérez Prado (Buenos Aires; ibídem 2009).
Liña 237: Liña 237:
 
* José Otero Otero estrea a obra ''Ideas Novas'' en Buenos Aires.
 
* José Otero Otero estrea a obra ''Ideas Novas'' en Buenos Aires.
 
* Manuel Fuentes Jorge: ''Amor de cisne. Idilio'' (Madrid).
 
* Manuel Fuentes Jorge: ''Amor de cisne. Idilio'' (Madrid).
 +
* Manuel Linares Rivas: ''Primero, vivir...''.
  
 
==Acontecementos==
 
==Acontecementos==
Liña 385: Liña 386:
 
* [[wikipedia: pt: Augusto Abelaira  | Augusto Abelaira]] (Coimbra; 2003 Lisboa).
 
* [[wikipedia: pt: Augusto Abelaira  | Augusto Abelaira]] (Coimbra; 2003 Lisboa).
 
* [[wikipedia: pt: Autran Dourado  | Autran Dourado ]] (Patos de Minas; 2012 Rio de Janeiro.
 
* [[wikipedia: pt: Autran Dourado  | Autran Dourado ]] (Patos de Minas; 2012 Rio de Janeiro.
* [[wikipedia: pt: Carlos Wallenstein | Carlos Wallenstein ]] (Ponta Delgada; 1990 Lisboa).
+
* Carlos Wallenstein (Ponta Delgada; 1990 Lisboa).
 
* [[wikipedia: pt: Fernanda Botelho  | Fernanda Botelho  ]] (Porto; 2007 Lisboa).
 
* [[wikipedia: pt: Fernanda Botelho  | Fernanda Botelho  ]] (Porto; 2007 Lisboa).
 
* [[wikipedia: pt: João Dias | João Dias ]] (Maputo; 1949 Lisboa).
 
* [[wikipedia: pt: João Dias | João Dias ]] (Maputo; 1949 Lisboa).
Liña 392: Liña 393:
 
* [[wikipedia: pt: Noémia de Sousa | Noémia de Sousa]] (Catembe, Mozambique; 2002 Cascais).
 
* [[wikipedia: pt: Noémia de Sousa | Noémia de Sousa]] (Catembe, Mozambique; 2002 Cascais).
 
* [[wikipedia: pt: Pedro Oom | Pedro Oom]] (Santarém; 1974 Lisboa).
 
* [[wikipedia: pt: Pedro Oom | Pedro Oom]] (Santarém; 1974 Lisboa).
* [[wikipedia: pt: Thiago de Mello | Thiago de Mello]] (Barreirinha, Brasil).
+
* [[wikipedia: pt: Thiago de Mello | Thiago de Mello]] (Barreirinha, Brasil; 2022 Manaos).
 
* [[wikipedia: pt: Vasco Cabral | Vasco Cabral]] (Farim; 2005 Bissau).
 
* [[wikipedia: pt: Vasco Cabral | Vasco Cabral]] (Farim; 2005 Bissau).
  

Revisión actual feita o 31 de agosto de 2024 ás 10:23

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Antón Martínez-Risco Fernández (Allariz; 1998 Vigo).
Antonio Benito Yebra de Ares, pintor e escritor (Monterroso; 2012 Lugo).
Eduardo González Ananín (O Pereiro de Aguiar; 2023 Ourense). “Musa implacable coa inxustiza e os xeitos da sociedade burguesa, non sei de ninguén como poeta, tan radical (no sentido etimolóxico: os que van á raíz das cousas e das causas)” (Xesús Alonso Montero: “La Voz de Galicia” 9/9/2023).
Emilio Álvarez Negreira (Pontevedra; 2002).
Gerald Denley (Londres; 2003 A Coruña). Ver 1973, 1979 e 1982.
Manuel Cuña Novás (Pontevedra; 1992).
Manuel Rodríguez Troncoso (Guntín de Oroso, A Cañiza; 2016 El Prat de Llobregat).
María do Carme Kruckenberg Sanjurjo (Vigo; ibídem 2015).
Pilar Vázquez Cuesta (Chantada; 2019 Santiago de Compostela).
Outros
O pintor Manuel Beiro Buxán (Padrón; 1990).
A pintora Alicia González Bará (Portonovo; 2013).
O pintor Manuel del Río Castro (San Xiao de Mos, Castro de Rei; 2007 Las Caldas, Oviedo).
O pintor Xosé María González Collado (Ferrol; 2018).
O escritor Luís José Quintela Ferreiro (Vilalba; ¿?).
O arabista José María Fórneas Besteiro (San Paio de Arcos, Castroverde; 2003 Granada).
O compositor Benigno Prego Rajo (Guláns; 2018 Valladolid)
O pediatra José Peña Guitián (Láncara).
Agustín Sixto Seco, médico e intelectual galeguista (Mugardos; 2004).
O humorista Francisco Calvo Guerra “Xan das Canicas” (Pontevedra; ibídem 2000).
O gaiteiro Celestino Pichel Bouzas (Viascón, Cotobade; 2014 Montevideo). Curmán de Ricardo Portela, o gaiteiro de Viascón.
O bailarín e coreógrafo Manuel Cajaraville Pensado (Negreira; 1999).
O político Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo (Madrid; 2008). Marqués da Ría de Ribadeo.
O economista e político Víctor Moro Rodríguez (Ribadeo; 2021 Baíña, Pontevedra).
O médico e intelectual Antonio Pérez Prado (Buenos Aires; ibídem 2009).
O avogado Manuel Neira Pol (2014 Lugo). Curmán de Novo Neira. Defensor da militante comunista Enriqueta Otero, de sindicalistas e de militantes de esquerdas e de Xesús Alonso Montero, cando no 1975 se lle incoou un expediente por parte do Ministerio de Educación Nacional: “Non sei se o meu impecune avogado tivo éxito ou non. É certo que fun desterrado administrativamente a mil quilómetros como catedrático de instituto (a Montilla, Córdoba, pero ninguén sabe que sería da miña carreira profesional sen a defensa do abnegado amigo Neira Pol (quizais a destitución do corpo de catedráticos)”. (Xesús Alonso Montero. “La Voz de Galicia” 14/03/2014).
Skull.png
Pasamentos
Literatura
Alejandro Miguéns Parrado (Córdoba, Argentina; 1874 Pontecesures).
Filomena Dato Muruais (Mouruxo, Sada; 1856 Ourense).
Galo Salinas y Rodríguez (A Coruña; ibídem 1852).
Heraclio Pérez Placer (Santiago; 1866 Ourense).
Juan Barcia Caballero (Santiago; ibídem 1852).
Juan Manuel Rodríguez de Cea (Pontevedra; ibídem 1854).
Outros
O arquitecto Alfredo Álvarez Pérez (Buenos Aires; 1868 Cortegada).
O galeguista Manuel Castro López (Buenos Aires; 1860 Lugo).
O agrarista Leandro Pita Sánchez-Boado (Ortigueira; 1874 A Coruña).
O poeta Enrique Pérez Ardá (1881 A Coruña).
O escritor Alejandro Pérez Lugín (O Burgo; 1870 Madrid).
O compositor Francisco Pillado Vilamil (A Coruña; ibídem 1856).
O musicógrafo e compositor José María Varela Silvari (Madrid; 1848 A Coruña).

Publicacións

Galegas

  • Ánxel Leiro: “Chinto”, en “A Nosa Terra” nº 220.
  • Castelao : Cousas (Edit. Lar, A Coruña. Só o primeiro libro).“Cousas é un libro composto de relatos publicados en prensa, que o propio Castelao compila. Cunha linguaxe clara, lonxe da artificialidade formal, procuran desde o inicio chegar a ese publico lector, destinatario das publicacións. A súa brevidade, a narración concisa, traza a súa maxistralidade. Unha obra singular en que o seu autor crea un xénero literario propio: simbiose entre narración e ilustración, unha non se dá sen a outra, como hai cen anos, historias de seres e da súa contorna, vidas e presenzas, narradas e ilustradas con tanta beleza que volverán perturbar conciencias”. (Marga do Val. Diario “Nós”, 12/05/2021).
  • Filgueira Valverde , Tobío Fernández, Magariños Negreira e Cordal Carús: Vocabulario popular galego-castelán (Edición de “El Pueblo Gallego”).

No nº 220 de “A Nosa Terra”: “Unha veliña branca”.

No nº 224 o poema “No Vilán de fóra”. Tamén aparece no nº 239 do 25 de xullo de 1927.

No nº 227 “Na seca”.

  • Leandro Carré : “O rolar da vida” no nº 222 de “A Nosa Terra”. No núm 27 de “Nós” publica o artigo “Encol da novela galega”: “O ruralismo é, indiscutibelemente, unha parte importantísima da vida galega; mais non é toda a vida galega. D’outra banda, se todo canto se escribe en galego fose ruralismo, afincaríamos mais no pobo a creencia, xa enraizada d’abondo, de que a nosa fala non sirve mais que para as contadas necesidades da vida rural e se non presta para as relaciós vilegas ou de xente ben criada. […] Hoxe contamos c’un comezo de literatura romancesca, na que pódese apreciare alguns trechos de ben orientado creacionismo. Creacionismo. Vel’ahí a verba. Mais non un creacionismo consistente en dislocar as frases ou escribir cousas enrevesadas, senon un creacionismo que trace cadros cheos de realidade nos que presente tipos tan definidos que ao lêtor parézanlle persoas coñecidas”.
  • Luís Amado Carballo : no nº 225 de “A Nosa Terra”, aparece en tradución súa o poema “Canto do irmán sol” de San Francisco de Asís. No nº 227 de “A Nosa Terra”: “Canto de arada de terra de Montes”:

“Encol da Terra de Montes

funga o Sol como unha abella

deixando vinchas de meles

coando pol-as leiras”.

  • Manuel Antonio : “Follas sin data de un diario de abordo”, no nº 228 de “A Nosa Terra”.
  • Manuel Lugrís Freire : “Mocedade!”, poema no nº 224 de “A Nosa Terra”. No nº 227 de “A Nosa Terra”; “Unha luz”.
  • Rafael Dieste : Dos arquivos do trasno (“Grial” nº 78, páx. 501).
    Rafael Dieste. Dos arquivos do trasno. Contos do Monte e do mar
  • Ramón Cabanillas : Na noite estrelecida (poesía; Mondariz. “Grial” nº 54, páx. 535) e O bendito San Amaro (Mondariz. “Grial” nº 54, páx. 537). En Ediciós Lar publícase a segunda edición de No desterro, con 33 poemas, dos que 22 coinciden coa primeira e 11 son novos e tamén a segunda edición de Da terra asoballada que contén 25 poemas, dos que tan só catro son da primeira edición.

Con Antón Villar Ponte: O Mariscal (teatro. Estrearase no 1994 polo Centro Dramático Galego. Ediciós Lar). No nº 221 de “A Nosa Terra” publícase o poema “San xenxo”. No nº 225: “Romance de Nosa Señora da Franqueira”.

  • Ramón Otero Pedrayo : O purgatorio de don Ramiro (Ourense); Guía de Galicia (Madrid. “Grial” nº 52, páx. 265 e “Grial” nº 70, páx. 501) e Síntese xeográfica de Galicia (A Coruña. “Grial” nº 52, páx. 268).

No nº 225 de “A Nosa Terra”: “Do sport filosófico”.No nº 227 “Meditaciós de San-Yago".No 230 “Dúas opiniós de Nicolás Berdiaeff”.No 235 “Terras de Soulé, de Labourt…”.

  • Urbano Losada Martínez: colabora en “A Nosa Terra”.
  • Vicente Risco : “O demo na tradición popular galega” (núm. 30 de “Nós”): “As apariciós do demo grande teñen unha particularidade: ven cáxeque sempre vestido de señorito, e fala castelán. Pol-o general, tamén os demiños que se meten no corpo das posesas, os sucios, solen falar castelán…”.
  • Xosé Vázquez López: “A meniña do tío Alberte”, no nº 225 de “A Nosa Terra”.
  • Xulián Manuel Magariños Negreira: “Un casamento na aldea”, no nº 224 de “A Nosa Terra”.

No nº 227 de “A Nosa Terra”: “O negocio literario”. No 229 “Estancamento i evolución”. No 230 “Boemia Galega”. No 231 “Os defuntos teñen medo”.

  • REVISTA LAR
  • Nº 17 da revista Lar (xaneiro): Manecho o da Rúa de Xosé Lesta Meis (portada de Camilo Díaz).
  • Nº 18 (febreiro) O kalivera de Xulián Manuel Magariños Negreira (portada de Camilo Díaz ).
  • Nº 25 (setembro) A filla da patrona de Xuán Xesús González Formoso (portada de Camilo Díaz).
  • Nº 27 (novembro) O filósofo de Tamarica de Xulián Manuel Magariños Negreira (portada de Camilo Díaz).
  • Nº 28 (decembro) O xardín do castelo de vidre de Álvaro María de las Casas (portada de Camilo Díaz). Ao final deste número, anúnciase a próxima edición dun dicionario en galego na editorial LAR.
  • " A Nosa Terra ": Os nº 225, 226, 227, 228, 229, 232, 233 indican que “foi revisado pol-a censura”. No nº 227 do 25 de xullo Xavier Pardo comeza a relatar en varios números a peregrinaxe que fixeron dende Ourense a Santiago Vicente Risco, Otero Pedrayo, Lois Feixóo, Antón Sánchez e Xavier Pardo, aos que se uniron en Silleda López Cuevillas e Alfonso V. Monxardín.

Relativas a Galicia

  • Comeza a publicarse en Buenos Aires “A Fouce” (xaneiro a xuño de 1936, con tres anos de interrución), sendo o portavoz da “Sociedade Nazonalista Pondal”. Do número 4 ao 23 á esquerda do título aparecían estas palabras de Carolina Michaelis de Vasconcelos : “A lingua é base, e é a máis genial, a máis original e nacional obra de arte que cada nação cría e desenvolve”.
  • Despois de varios problemas coa censura, deixa de publicarse “Galicia. Diario de Vigo” (1922).
  • Publícase en Salvaterra de Miño “El Eco del Condado” (1931).
  • En xullo de 1926 aparece en Ourense o número 1 dos folletos “Galaxia”. Na contraporada incluían publicidade da revista “Nós” e da prensa galeguista. Estaban codirixidos polo escritor Augusto María Casas e o debuxante Xohán Rafael.
  • Nace en agosto “Galicia”, subtitulada “Revista del Centro Gallego de Buenos Aires”, como continuación do “Boletín oficial del Centro Gallego” aparecido en Buenos Aires o 1 de xaneiro de 1913 e desaparecido en xuño de 1926, co nº 163. O director e promotor foi Roxelio Rodríguez.
  • No mes de xullo comeza a publicarse en La Habana o periódico decenal en castelán “Ideal Gallego”, dirixido por José M. Sánchez Brea. Desaparece en agosto de 1928, para dar paso a unha revista co mesmo nome.
  • En Pontevedra publícase (14 de xuño) “El Lérez”, revista semanal subtitulada “Actualidades. Industria. Comercio. Arte. Deportes. Literatura”.
  • O pintor Ernesto Cádiz Vargas funda na Coruña a revista mensual ilustrada “ Galicia Industrial y Comercial”, dirixida por Ramón del Cueto Noval. O seu derradeiro director Joaquín Martín Martínez, secretario do Concello da Coruña, sería fusilado no 36.
  • En xaneiro nace en Mondoñedo a revista “Renovación” co subtítulo de “Órgano de la Unión Patriótica en este partido”.
  • Escribe Vicente Risco na revista “Céltiga” de Buenos Aires un artigo titulado “As prosas de Otero Pedrayo”, no que di: “Ramón: dixérase que este é un nome ben fundado nas nosas letras: Ramón del Valle Inclán, Ramón Cabanillas, Ramón Otero Pedrayo... Eis o terceiro Don Ramón. Pode que non estea en xenio por riba dos outros dous; supéraos sen dúbida en cultura. Con Castelao, pódense pór coma os criadores da prosa galega...” (“Grial” nº 52, páx. 274).
  • Alberto Insúa: La mujer, el torero y el toro.
  • Alejandro Pérez Lugín (1870-1926): La Virgen del Rocío ya entró en Triana (quedou inacabada, sendo rematada por Manuel Siurot baixo o seudónimo de José Andrés Vázquez).
  • Antonio Mª Palmeiro Pérez (1884-1936): Didáctica modernista (Lugo).
  • César Barja Carral: En torno a la lírica gallega del siglo XIX (California).
  • Emilio Mosteiro Fernández: Ancla (1923-1925) (Madrid) En castelán. Só recurre ao galego para rematar o poema “Morriña”.
  • Enrique Zas y Simo: Historia de Cuba (La Habana).
  • Evaristo Correa: Notas para un magisterio idealista (Lugo).
  • J. K. Conant: The Early Architectural History of the Cathedral of Santiago de Compostela (Traducida ao galego no 1983 por Xusto G. Beramendi).
  • José Couselo Bouzas: La guerra hermandina (Santiago).
  • José González Carbalho: El libro de Ángel Luis.
  • José Otero Otero estrea a obra Ideas Novas en Buenos Aires.
  • Manuel Fuentes Jorge: Amor de cisne. Idilio (Madrid).
  • Manuel Linares Rivas: Primero, vivir....

Acontecementos

  • En xuño ve a luz o decreto de redención de foros.
  • O 22 de xaneiro, o “Plus Ultra”, un avión Dornier Wal-12, pilotado por Ramón Franco, sae de Palos de la Frontera e aterra en Buenos Aires, sendo o primeiro voo intercontinental entre España e América; a redacción da revista Céltiga homenaxea os heroes. No nº 223 de “A Nosa Terra” recóllese un manifesto espallado en Buenos Aires polas sociedades galegas co gallo da chegada do aviador: “Ramón Franco, un galego, cruza o mar noso, abrindo no ceo o mesmo camiño que fai catro séculos outro galego arou nas ondas, co-a sua fé visionaria, xunguida a reixa fecunda das carabelas miragrosas…”.
  • O aviador galego Joaquín Loriga, xunto con Gallarza, fai o percorrido Madrid-Manila (19.000 km, 128,7 horas de voo, do 5 de abril ao 13 de maio).
    Gallarza and Loriga (on the right) in a layover in Rangun.
  • Castelao colabora con “Faro de Vigo” e “El Pueblo Gallego”. É nomeado numerario da Real Academia Galega.
  • O 4 de marzo, celébrase no Seminario de Estudos Galegos unha homenaxe a Carolina Michaelis de Vasconcelos. Segundo informa “A Nosa Terra” no nº 223, falaron, aberta a sesión por Cabeza de León, Cotarelo, Otero Pedrayo, Risco e Lugrís Freire. Logo, no salón de actos da Sociedade Económica celebrouse o ingreso no Seminario de Estudos Galegos dos poetas Ramón Cabanillas, Gonzalo López Abente, Victoriano Taibo e Antonio Noriega Varela.
  • Cuevillas é elixido director da Sección de Prehistoria do Seminario de Estudos Galegos.
  • Eladio Rodríguez González elixido Presidente da Real Academia Galega. O mesmo día é elixido académico Fernando Martínez Morás que leu un discurso sobre toponimia galega.
  • Blanco Torres casa en Vigo con Julia Sánchez Nóvoa, natural de Amido (A Peroxa, Ourense).
  • Manuel Antonio principia as prácticas de navegación embarcando no paquebote “Constantino Candeira”, viaxando polo Cantábrico e Mediterráneo, e escribindo o poemario De catro a catro, que dedica ao capitán do barco Augusto Lustres Rivas (Edit. Nós, A Coruña 1928).
  • Amado Carballo, por mor da súa enfermidade, pasa unha tempada en Soutelo de Montes.
  • Rafael Dieste deixa a redacción de “El pueblo gallego” e trasládase a Ribeira para dar clases nun colexio.
  • Carlos Maside permanece en París dende este verán ata os primeiros meses de 1927. Fai os retratos de Manuel Antonio e de Amado Carballo e o seu primeiro cadro ao óleo: “A Moneca”.
  • Colmeiro regresa a Galicia e instálase na súa aldea, San Fiz de Margaride; comeza as súas viaxes a Madrid, onde pasa moitas horas estudiando no Museo do Prado.
  • O 9 de xaneiro estréase no Teatro Tamberlick de Vigo pola agrupación coral “Queixumes dos Pinos” unha zarzuela ou escena popular galega que representa “Unha noite no muiño”. O autor da letra é Leandro Carré Alvarellos e o da música Santos Rodríguez Gómez.
  • Arturo Souto realiza a primeira viaxe a París.
  • Luís Pimentel traballa como médico de garda no Hospital Municipal e Provincial de Lugo.
  • Homenaxe no Ferrol en outubro ao gaiteiro do coro “Toxos e Froles” Manuel Lorenzo.
  • Entre o 17 e o 26 de decembro celébrase en Buenos Aires a “Semana Galega”, en conmemoración da morte de Pardo de Cela. Hai conferencias de Suárez Picallo, Xulio Sigüenza, Eduardo Blanco Amor e Alonso Ríos.
  • Blanco Amor é nomeado, en substitución de Antón Alonso Ríos, director de “El Despertar Gallego”.

Premios

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario

Vicente Risco escribe a Teixeira de Pascoaes: “En gêral, as nosas relacións cos nosos amigos de Portugal están interrumpidas. Apenas si algunha revista chega a nós: “Nação Portuguesa”, derradeiramente, “Gil Vicente”. Todas integralistas, encomiando todo o que poden o estado de cousas que hai hoxe eiquí... Ainda a fiel “Revista de Guimarães” hai tempo de non ven. Sômentes o Sr. Dr. Claudio Basto de Viana, nos remite os seus intresantes traballos. Culpa nosa tamén, se cadra; e mais non tanto. E esto non pode seguir d’iste geito”...E hoxe hai eiquí un movemento grande que Portugal debe coñecer. Literario, craro está... Compre que se coñeza o labor do Seminario d’Estudos Galegos de Santiago, os traballos arqueolóxicos de F. L. Cuevillas, as pubricacións de “Lar”, os moitos libros que se pubrican, o que van millorando a nosa lingoa e as nosas letras” (Grial nº 86).

Sumarios

Nós. Boletín Mensual da Cultura Galega.


Nº 25 (xaneiro).

Ramón Cabanillas: A espada Escalibor. Antonio Couceiro Freixomil: A nosa ortografía: De certas adiciós, supresiós, troques y-enlaces de letras. Xosé Filgueira Valverde: A lenda d’Armenteira. Florentino L. Cuevillas: A Edade do Ferro na Galiza. Ramón Otero: Encol da morfoloxía das vilas galegas. Os homes, os feitos, as verbas.


Nº 26 (febreiro).


Augusto María Casas: O poema da saudade. Armando Cotarelo: Un arcebispo de Santiago descoñecido. Vicente Risco: A moderna literatura irlandesa. Xosé Filgueira Valverde: A lenda d’Armenteira. (proseguimento). Quod nihil scitur (continuación), tradución de Xan Aznar Ponte. Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza: Recollido en Valdeorras pol-o pintor Xaime Prada. Os homes, os feitos, as verbas.


Nº 27 (marzo).

F. Bouza Brey: Trova infinita. Otero Pedrayo: Encol dos estudos modernos da Antropoxeografía. Vicente Risco: A moderna literatura irlandesa (proseguimento). Leandro Carré: Encol da novela galega. Florentino L. Cuevillas: A Edade do Ferro na Galiza. Quod nihil scitur (proseguimento), tradución de Xan Aznar Ponte. Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza. Os homes, os feitos, as verbas.


Nº 28 (abril).


M. Lugrís Freire: Poesía. Vicente Risco: A moderna literatura irlandesa (proseguimento). Ramón Martínez López: Nota bibliográfica. Florentino L. Cuevillas: A Edade do Ferro na Galiza (proseguimento). Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza: Contos de xastres. Os homes, os feitos, as verbas: Os actos do Seminario d’Estudos Galegos.


Nº 29 (maio).

Gonzalo López Abente: A buitra. Jesús Bal: O momento actual da música galega. Urbano Losada Martínez: A espiritada de Moeche e o poseso Antón Ramilo. Florentino L. Cuevillas: A Edade do Ferro na Galiza. Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza: contos de xastres. Os homes, os feitos, as verbas: A universidade Alexandre Mercereau.

Nº 30 (xuño).


Vicente Risco: O demo na tradición popular galega (1). Augusto María Casas: Xuventude e cultura. Florentino L. Cuevillas: A Edade do Ferro na Galiza. Quod nihil scitur (trad. por Xan Aznar Ponte). Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza: “As bruxas” (1). Os homes, os feitos as verbas.


Nº 31 (xullo).

Castelao: A vella Fanchuca. Ramón Otero Pedrayo: Meditaciós de Sant’Yago. Noriega Varela: Airiños, aires. Marqués de Figueiroa: Poesía. Armando Cotarelo: Un vilancico galego no ano 1818. Xosé Filgueira Valverde: O paspallás. G. Díaz Herrera: O amor. Leandro Carré: Noite de trunfo. Felipe Fernández Armesto: A castañeira de Santiago. Augusto María Casas: Festa no ceo e na terra. Ángel del Castillo: Santa María de Cambre. Contos populares da Bretaña (trad. de J. Núñez Búa). Fernández Mazas: 30 F. F. Bouza Brey: O tecnicismo da prehistoria galega. Ánxel R. Cerdeiriña: Notas pra un estudo da Urdiñeira. Debuxos de Castelao e Fernández Mazas.


Nº 32 (agosto).


F. Bouza Brey: Lelías ao teu ouvido. Manuel Portela Vlladares: Boreas. Ulysses (trad. de R. Otero Pedrayo). Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza: “A Semana Santa en Oimbra”. Os homes, os feitos as verbas.


Nº 33 (setembro).

E. Blanco Amor: Noiturnio IX. Vicente Risco: A interpretación da Historia e o valor do noso tempo. Magariños Negreira: Alfonso do Cotón, humorista. R, Martínez López: A vida na Bretaña. Florentino L. Cuevillas: A Edade do Ferro na Galiza (proseguimento). Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza: “Contos”. Os homes, os feitos as verbas.


Nº 34 (outubro).


Cántigo do Sol, asegún San Francisco. No centenario de San Francisco de Asís. Vicente Risco. Do futurismo e mais do karma. R. Otero Pedrayo. Tres contos. Florentino L. Cuevillas: A Edade do Ferro na Galiza. Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza: “O país dos mortos”. Os homes, os feitos as verbas.


Nº 35 (novembro).

Anrique Paço d’Arcos: Invocação. Magariños Negreira: O nazonalismo de Federico Chopín. Manuel Fernández Costas e Manuel Puentes Canal: Unha nova vía romana. Uxío Carré Aldao: Coleición de refráns de almanaque. Florentino L. Cuevillas: A Edade de Ferro na Galiza (proseguimento). Quod nihil scitur (trad. por Xan Aznar Ponte). Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza: “Os cigarróns”. Os homes, os feitos as verbas.

Nº 36 (decembro).


Versión de O embargo de Gabriel y Galán por Alfredo García Ramos (traducción). Ramón Otero Pedrayo: O mes de Santos nos pobos celtas. Ramón Martínez López: Unha poesía inédita e autógrafa do noso Bardo. Florentino L. Cuevillas: Papeletas arqueolóxicas e folk-lóricas da bisbarra de Verín. Uxío Carré Aldao: Coleición de refrás de almanaque. Quod nihil scitur (trad. por Xan Aznar Ponte). Uxío Carré Aldao: Coleición de refráns de almanaque (proseguimento). Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza.


Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

NobelPREMIO NOBEL DE LITERATURA: Grazia Deledda

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa



Nacen





Morren:

  • André Brun (Lisboa; ibídem 1881).
  • Camilo Pesanha (Macau; 1867 Coimbra).






António Feijó: Novas Bailatas (poesía).


António Sardinha: Era Uma Vez Um Menino.


Aquilino Ribeiro: Andan faunos pelos bosques.


Branquinho da Fonseca: Poemas.


Cassiano Ricardo (Brasil): Vamos caçar papagaios (poesía).


Figueiredo Filho (Brasil): Poema de Feira de Santana.


Godofredo Rebello de Irene Lisboa: 13 Contarelos.


José Osório de Oliveira: Literatura brasileira.


José Régio: Poemas de Deus e do Diabo.


Mário de Andrade (Brasil): Losango caqui (poesía).


Pedro Cardoso (Cabo Verde): Jardim das Hespérides.


O 28 de maio día do golpe militar que remata coa Primeira República, Pessoa contesta no “Jornal do Comércio e das Colónias” a unha entrevista de cariz político. Dirixe co seu cuñado o coronel Francisco Caetano Dias a “Revista de Comércio e Contabilidade” que sae en xaneiro e onde publica o artigo "A Essência do Comércio". En agosto Pessoa pide a patente de invención dun “Anuário indicador sintético, por nomes e outras quaisquer classificações, consultável em qualquer língua”. No número 1 do xornal “O Sol” publica un artigo: "A Narração exacta e comovida do que é o Conto do Vigário" e no primeiro número da terceira serie de “Contemporânea”, o poema "O Menino de sua Mãe". Pessoa escribe sobre temas económicos e empresariais.


Plínio Salgado (Brasil): O Estrangeiro.


Raul Brandão: As ilhas desconhecidas (viaxes) e A Morte do Palhaço e o Mistério da Árvore (conto).


Vieira de Almeida: Opuscula philosophica.


Vitorino Nemésio: Varanda de Pilatos.




Cataluña


Nacen:

Morren:

  • Joan Alcover (Ciutat de Mallorca; ibídem 1854).


Nace en Sitges a revista “L‘Amic de les Arts” (1929).


Alfons Maseras i Galtés: La fira de Montmartre.


Àngel Gimerà (1845-1924): Per dret diví (incompleta, foi rematada polo poeta Lluís Via).


Ernest Martínez Ferrando: Primavera inquieta (prosa).


Guerau de Liost: Ofrena rural.


Josep Maria López-Picó: Invocació secular.


Joan Puig i Ferreter: Servitud (prosa).


Josep Maria de Sagarra: Marçal Prior (teatro).


Josep Pla: Llanterna màgica.


Maria Antònia Salva: Espigues en flor.


Miquel Ferrà: A mig camí (poemas).


Tomàs Garcés: Paisatges i lectures.


Víctor Català: Un film (3000 metres).


Víctor Mora: Cançó d´amor i de guerra (teatro).

Flag of Spain


Nacen:





Morren:



Emilio Prados e Manuel Altolaguirre fundan en Torremolinos “Litoral”, subtitulada “Revista de la poesía y el pensamiento”.


Ernestina Champourcín: En silencio.


Francisco Camba: El tributo de las siete doncellas.


Jacinto Benavente: La mariposa que voló sobre el mar.


Jacovo Sureda: El prestidigitador de los cinco sentidos. Jacobo Sureda, en su único poemario El prestidigitador de los cinco sentidos, habla de “desasosiego” (por aquellas fechas Pessoa llevaba ya escritos numerosos fragmentos del libro postumo que ostentaría ese mismo título). En Sobre el iberismo y otros escritos de literatura portuguesa de César Antonio Molina (Akal 1990 Páx. 89).


Manuel Altolaguirre: Las islas invitadas.


Manuel Azaña recibe o Premio Nacional de Literatura por La vida de Juan Valera.


Manuel Machado: Desdichas de la fortuna o Julianillo Valcárcel.


Miguel de Unamuno: Sombras de sueño.


Pérez de Ayala: Tigre Juan.


Ramiro de Maetzu: Don Quijote, don Juan y la Celestina.


Ramón Gómez de la Serna: El torero Caracho.


Ramón Gómez de la Serna acuciado polas débedas vende a súa casa en Estoril. En Automoribundia (1948) relata a venda da súa biblioteca: “Entonces bajé de un golpe cien contos y lo vendí con muebles y todo, menos la biblioteca, que se llevó a bajo precio un librero de viejo que a su vez puso un anuncio, que me sorprendió, en los diarios: “Véndese a biblioteca do Excelentísimo Sr. Ramón Gómez de la Serna” ¡Qué vergüenza!, yo que por no poder llevar mucho bagaje en mi huida había vendido algunos libros dedicados por autores portugueses”. “Todas las ilusiones de estabilidad cerca de España y en sitio fácil para correos y actualidades habían quedado inutilizadas”. Tras unha estancia en Nápoles, París e Madrid, regresa a Estoril, tratando de recuperar a súa antiga vivenda: “Yo salía al atardecer y a la noche en vuelo de murciélago que conoce todos los caminos y compraba papeles enteros de décimos –para empapelar la desilusión-, por si podría lograr que volviese a mi poder El Ventanal, que cada vez se poblaba de mayores recuerdos, como si los hubiera dejado allí niños y ahora fuesen adultos. ¿Me reconocerían si me volviesen a ver?” Non o consegue e regresa a Madrid.(En Sobre el iberismo y otros escritos de lingua portuguesa de César Antonio Molina. Edit. Akal. Madrid 1990 páx. 64).


Ramón Menéndez Pidal: Orígenes del español.


Valle Inclán: Tirano Banderas.


Wenceslao Fernández Flórez: Las siete columnas.




Máis culturas:


Nacen:


Morren:.

  • Rainer Maria Rilke (Valmont; 1875 Praga ).


Agustín Acosta y Bello: La zafra (poesía).


Borges: El tamaño de mi esperanza.


Horacio Quiroga: Los desterrados.


Huidobro colabora con Borges; provoca un escándalo en Chile polos seus amores cunha adolescente.


Manuel José Arce y Valladares: El dolor supremo.


Manuel Rojas: Hombres del sur.


Pablo Neruda: El habitante y su esperanza.


Ricardo Güiraldes: Don Segundo Sombra.


Roberto Arlt: El juguete rabioso.

Bundesarchiv Bild 183-W0409-300, Bertolt Brecht



André Gide: Si le grain ne meurt.


Bertolt Brecht: Mann ist Mann (Un home é un home. Teatro).


Ernest Hemingway: The sun also rises (Festa).


Francis Scott Fitzgerald: The great Gatsby (O gran Gatsby).


Franz Kafka (1883-1924): O castelo.


Georges Bernanos: Sous le soleil de Satan.


Howard Phillips Lovecraft: The Call of Cthulhu.


Jules Renard (1864-1910): Journal 1887-1910.


Lao She: A filosofía de Lao Tchang.


Louis Aragon: Le mouvement perpétuel (poesía) e Le paysan de Paris (narrativa).


Paul Eluard: Capitale de la douleur (Aparece unha edición bilingüe en francés e galego na edit. Espiral Maior en 1997, con traducións de Helena González e Laurence Brault: Capital da dor).


Sherwood Anderson: Tar.


Theodore Dreiser: An American tragedy.


W.B. Yeats: Unha visión.


Waldo Frank: Virgin Spain.


Tamén sucedeu...

  • CINE:

- Germaine Dulac: La coquille et le clergyman (Impresionismo francés).

- Primeira exhibición pública de O acoirazado Potemkin de Eisenstein.

  • Ascende a xeneral Francisco Franco, que con 33 anos é o máis novo de Europa.
  • Rendición de Abd el-Krim. O Goberno francés destérrao á illa de Reunión.
  • La Sanjuanada” (24 de xuño).
  • España retírase da Sociedade de Nacións.
  • O 2 de xaneiro emítese por primeira vez en España un informativo falado.
  • O científico escocés John Baird presenta un aparato capaz de transmitir imaxes a distancia pola acción dos raios catódicos.
  • En maio, o xeneral Gomes da Costa implanta a ditadura militar en Portugal.
  • Segunda ocupación norteamericana de Nicaragua impondo a Adolfo Díaz como presidente.
  • Hirohito, emperador do Xapón.
  • É detido en Italia Gramsci.
  • Introdúcese en Alemaña o seguro de desemprego.
  • Stalin consolida o seu poder: Trotski e Zinoviev son expulsados do Politburó.
  • Morren:

- O arquitecto Antoni Gaudí (Barcelona; 1852 Reus ou Riudoms).

- O pintor Claude Monet (Giverny; 1926 París).