Diferenzas entre revisións de «1876»
(→File:Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario) |
(→25px|Flag CPLP.gif 25px|Cataluña 25px|Flag of Spain Outras culturas) |
||
(Non se amosa 11 revisións do historial feitas polo mesmo usuario.) | |||
Liña 88: | Liña 88: | ||
* Emilia Calé y Torres de Quintero: ''Horas de inspiración'' (Lugo). | * Emilia Calé y Torres de Quintero: ''Horas de inspiración'' (Lugo). | ||
* Juan Neira Cancela: ''Ecos del campamento''. | * Juan Neira Cancela: ''Ecos del campamento''. | ||
+ | * <span>Luís Otero Pimentel: <span></span></span>''Memoria sobre los voluntarios de la isla de Cuba: consideraciones relativas a su pasado, su presente y su porvenir ''<span><span></span>(Habana. La Propaganda Literaria).</span> | ||
* Rogelio Jove Bravo: ''Los foros de Galicia y Asturias'' (Oviedo). | * Rogelio Jove Bravo: ''Los foros de Galicia y Asturias'' (Oviedo). | ||
* Xan da Coba: ''Grandes consejos'' (Ourense). | * Xan da Coba: ''Grandes consejos'' (Ourense). | ||
Liña 134: | Liña 135: | ||
||[[File:Flag CPLP.gif|25px|Flag CPLP.gif]] '''CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa''' | ||[[File:Flag CPLP.gif|25px|Flag CPLP.gif]] '''CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa''' | ||
'''Nacen''' | '''Nacen''' | ||
− | * Bernardo de Passos (São Brás de Alportel; 1930). | + | * [[wikipedia: pt: Bernardo de Passos | Bernardo de Passos]] (São Brás de Alportel; 1930). |
* João Albasini (Mozambique; 1922). | * João Albasini (Mozambique; 1922). | ||
− | * Júlio Dantas (Lagos; 1962 Lisboa). | + | * [[wikipedia: pt: Júlio Dantas | Júlio Dantas ]] (Lagos; 1962 Lisboa). |
Liña 173: | Liña 174: | ||
'''Nacen:''' | '''Nacen:''' | ||
− | * Salvador Galmés (Sant Llorenç des Cardassar, Mallorca; ibídem 1951). | + | * [[wikipedia: ca: Salvador Galmés | Salvador Galmés ]] (Sant Llorenç des Cardassar, Mallorca; ibídem 1951). |
'''Morren''': | '''Morren''': | ||
Liña 190: | Liña 191: | ||
'''Nacen:''' | '''Nacen:''' | ||
− | * Rafael López de Haro, avogado, notario, escritor e político (San Clemente, Cuenca; 1967 Madrid). | + | * [[wikipedia: es: Rafael López de Haro | Rafael López de Haro]], avogado, notario, escritor e político (San Clemente, Cuenca; 1967 Madrid). |
Liña 227: | Liña 228: | ||
'''Nacen''': | '''Nacen''': | ||
− | * Luis Lloréns Torres (Juana Díaz, Puertorrico; 1944 Santurce). | + | * [[wikipedia: es: Luis Lloréns Torres | Luis Lloréns Torres]] (Juana Díaz, Puertorrico; 1944 Santurce). |
− | * Filippo Tommaso Marinetti (Alexandría; 1944, Bellagio). Trála aparición do seu primeiro Manifesto (1909) xorde o Futurismo. | + | * [[wikipedia: es: Filippo Tommaso Marinetti | Filippo Tommaso Marinetti]] (Alexandría; 1944, Bellagio). Trála aparición do seu primeiro Manifesto (1909) xorde o Futurismo. |
− | * Jack London “John Griffith Chaney” (San Francisco; 1916). | + | * [[wikipedia: es: Jack London | Jack London]] “John Griffith Chaney” (San Francisco; 1916). |
− | * Sherwood Anderson (Camden, Ohio; 1941 Panamá). | + | * [[wikipedia: es: Sherwood Anderson | Sherwood Anderson]] (Camden, Ohio; 1941 Panamá). |
Liña 241: | Liña 242: | ||
+ | Jules Verne: ''Miguel Strogoff'' (Traducido ao galego por Ánxela Gracián para Baía Edicións no 2012). | ||
Mark Twain: ''As aventuras de Tom Sawyer''. | Mark Twain: ''As aventuras de Tom Sawyer''. | ||
Liña 248: | Liña 250: | ||
'''Tamén sucedeu...''' | '''Tamén sucedeu...''' | ||
* Nacen: | * Nacen: | ||
− | - Manuel de Falla y Matheu (Cádiz; 1946 Alta Gracia, Argentina). | + | - [[wikipedia: es: Manuel de Falla y Matheu | Manuel de Falla y Matheu]] (Cádiz; 1946 Alta Gracia, Argentina). |
− | + | - O compositor [[wikipedia: gl: Pau Casals | Pau Casals]] (El Vendrell; 1973). | |
− | - O compositor Pau Casals (El Vendrell; 1973). | + | * [[wikipedia: es: Pierre-Auguste Renoir | Renoir]] pinta “O bambán” e “O baile no Moulin de la Galette”. |
− | * Renoir pinta “O bambán” e “O baile no Moulin de la Galette”. | + | * [[wikipedia: gl: Edgar Degas | Degas]]: “A clase de baile”. |
− | * Degas: “A clase de baile”. | + | * [[wikipedia: es: Chaikovski | Chaikovski]]: “O lago dos cisnes”. |
− | * Chaikovski: “O lago dos cisnes”. | + | * [[wikipedia: ca: Josep Fontseré i Mestres | Josep Fontseré i Mestres]] realiza o novo mercado barcelonés do barrio do Born. |
− | * Josep Fontseré i Mestres realiza o novo mercado barcelonés do barrio do Born. | ||
* Constitución do 76. | * Constitución do 76. | ||
− | * Giner de los Ríos inaugura en Madrid a Institución Libre de Enseñanza. | + | * [[wikipedia: es: Giner de los Ríos | Giner de los Ríos]] inaugura en Madrid a Institución Libre de Enseñanza. |
− | * Fin da Terceira Guerra Carlista: Don Carlos abandona España (28 de febreiro). Supresión dos foros vascos. | + | * Fin da Terceira [[wikipedia: gl: Guerras Carlistas | Guerra Carlista]]: Don Carlos abandona España (28 de febreiro). Supresión dos foros vascos. |
− | * Isabel II regresa a España (30 de xullo). | + | * [[wikipedia: gl: Isabel II de España | Isabel II]] regresa a España (30 de xullo). |
− | * Martínez Campos chega a La Habana. | + | * [[wikipedia: gl: Martínez Campos | Martínez Campos]] chega a La Habana. |
* Restrínxese a liberdade de expresión. | * Restrínxese a liberdade de expresión. | ||
− | * Pi y Margall: “Las nacionalidades”. | + | * [[wikipedia: gl: Pi y Margall | Pi y Margall]]: “Las nacionalidades”. |
− | * Primeiras traducións ao castelán dos principais libros de Darwin. | + | * Primeiras traducións ao castelán dos principais libros de [[wikipedia: gl: Charles Darwin | Darwin]]. |
− | * Alexander Graham Bell inventa o teléfono. | + | * [[wikipedia: gl: Alexander Graham Bell | Alexander Graham Bell]] inventa o teléfono. |
* Guerra entre Rusia e Turquía. | * Guerra entre Rusia e Turquía. | ||
* Batalla de Little Big Horn, última victoria importante dos indios norteamericanos. | * Batalla de Little Big Horn, última victoria importante dos indios norteamericanos. | ||
− | * Porfirio Díaz, presidente de México. | + | * [[wikipedia: gl: Porfirio Díaz | Porfirio Díaz]], presidente de México. |
− | * O goberno do presidente arxentino Nicolás de Avellaneda promulga unha lei de Fomento da Inmigración. | + | * O goberno do presidente arxentino [[wikipedia: es: Nicolás de Avellaneda | Nicolás de Avellaneda]] promulga unha lei de Fomento da Inmigración. |
− | * Morre | + | * Morre [[wikipedia: gl: Mikhail Bakunin | Mikhail Bakunin]], fundador do [[wikipedia: gl: Anarquismo | anarquismo]]. |
Revisión actual feita o 14 de outubro de 2022 ás 11:57
Índice
Cultura galega
Nacementos/Pasamentos
Pasamentos |
---|
Literatura |
Xoán Manuel Pintos (Vigo; 1811Pontevedra). |
Outros |
Adriano, fillo de Rosalía e Murguía (1875). |
Suicídase o erudito Teodosio Vesteiro Torres (Madrid; 1847 Vigo):“Chora, coitada nai sin consolo, tí que lle deches un lar amigo, pomba que dormes, veira d‘o mar, ti con mais coitas, con mais xusticia d-iste lucente sol de Galicia a triste perda debes chorar” (Lamas Carvajal). |
Publicacións
Galegas
- Aparece O tío Marcos d‘a Portela (1876-1880; 1883-1889; 1917-1919: Comeza a primeira etapa do primeiro periódico publicado integramente en galego e como obra colectiva de varias persoas: “O tío Marcos d’a Portela”: publicáronse 124 parrafeos ata 1880, saíndo o primeiro o 7 de febreiro, baixo a inspiración de Valentín Lamas Carvajal, aínda que Lamas non o rexistraría entendendo que se trataba dunha folla e non dun periódico, ata que en agosto foi acusado de defraudar a Facenda. (Ver O vello do Pico Sagro 1860). A segunda etapa vai de 1883 a 1889, tamén baixo a influencia de Lamas Carvajal. Na terceira etapa (febreiro de 1917 a xullo de 1919), xorde como portavoz en Ourense das Irmandades da Fala , baixo a dirección de Xavier Prado Lameiro. O tío Marcos presentábase deste xeito: “Sai a luz tódolos domingos en oito páxinas en folio, contendo artículos de costumes, poesías, efemérides, cantares e contos do país galego”.
Na súa cabeceira di: “Os mandamentos do Marcos fóra da eirexa son seis: facer a todos xusticia, non casarse con ninguén, falar o galego enxebre, cumprir co que manda a lei, loitar polo noso adianto con entusiasmo e con fe, vestir calzós e monteira peromnia secula amén”.“Teñen os pobos a galano seu lenguaxe falar; fálase chino na China, portugués en Portugal, catalán en Cataluña, e na Alemaña, alemán, soilo os gallegos d’agora hastra vergonza lles da falar a melosa e dolce fala que falan seus pais”. O periódico tivo seccións fixas: “Os meus compañeiros de monteira”, “Parrafeos da aldea”, “Ecos do Pobo”, “Cousas do día”, “Casos e cousas”, “Cousas d’aldea”…
No primeiro parrafeo (7 de febreiro) di: “…Por hoxe quedaredes satisfeitos con saber as miñas intenciós, qu’abofellas son craras com’a auga e cal o sol locentes. Cobizo que non haxa un curruncho n’a nosa pátrea, onde non s’oiya o noso brando e melosiño lenguaxe (…). Cobizo que haxa mais unión entre vosoutros (…). Cobizo que haxa mais amor ó traballo, e menos nugallás que queren vivir a conta d’outros (…). Cobizo, en fin, que todos traballemos xuntos e con ánsia pol-o noso ben; que precuremos espertar d’iste sono que nos vay matando pouquiño á pouco”.
Entre os colaboradores de Lamas, estarían Arturo Vázquez Núñez (só sairon dúas composicións coa súa sinatura); Modesto Fernández González “Camilo de Cela”, Luís Cid e seu irmán Silverio Lamas, que se declarou responsable no xuízo por inxurias ao alcalde do Carballiño no 1884. Moitas das colaboracións de “O tío Marcos”, sobre todo nos primeiros tempos e nas que foron presentadas como cartas dirixidas a el, ían asinadas con nomes que veñen ser heterónimos de Lamas e ás veces doutros compañeiros: Xan de Pitelos, do Palleiro…; Farruco das Viñas, de Campañó, de Reboredo…; Berto das Madureiras, Antonio de Agrolazas, Chirlo de Santa Uxea…
- Aureliano José Pereira de la Riva escribe o poema “Lonxe d‘a terriña”, musicado por Juan Montes.
- Juan Cuveiro Piñol : Diccionario gallego-castellano (Barcelona).
- Lamas Carvajal : Ramiño segundo. “O nacemento d’o Padre Feixóo” (En “O tío Marcos d’a Portela”, 7 de outubro).
- En “ El Heraldo Gallego ” publícase “La aldea de Casdemiro. Album literario dedicado a la inmortal memoria del ilustre crítico Padre Feijóo ”. En xaneiro aparece publicado o poema de Rosalía “Amigos vellos” co título de “No tempro”.
- O 7 de outubro, recóllese en “O tío Marcos d’a Portela” o seguinte: “Oito d’outubre de mil oitocentos setenta e seis. Segundo centeario d’o nacemento do P. Feixóo. Cantos pobos son relembrados pol-os seus adiantos na cencia, pol-as suas manifestaciós en proveito e rexeneración da humanida, tiveron á groria de ver un fillo nacido no seu chao; un xenio, un gran sabio que lles dará relembranza. Todas as naciós teñen un xenio qu’as glorifica, Galicia a rexion privilexiada, o niño de encantamentos e feitizo, á pomba que foi arrolada pol-as augas do Miño, non poidera ser menos qu’as nacios mais grandes d’a terra, e tamen tivo o seu xenio, iste xenio, é o sabio felósefo, o relembrado Maestro Feixóo”.
Relativas a Galicia
- Curros escribe en “El Imparcial”: “La leal, la noble, la abrumada Galicia, que acaba de contribuir con 14.000 hombres a esta guerra, tres meses después de este sacrificio tendrá que recibir en su hospitalario seno a muchos de sus hijos para recoger sus últimos suspiros y darles cariñosa y tranquila sepultura. ¡Pobre Galicia!”.
- Jesús Muruais Rodríguez: Semblanzas galicianas. No 1884, na Coruña, aparecerá a segunda edición aumentada, á que se refire Murguía en carta a Eduardo Pondal (5 de outubro de 1882): “Estoy esperando un librito del Sr. Muruais (las antiguas semblanzas corregidas y aumentadas) que, según me dicen, se están imprimiendo en la Coruña, y en ellas creo que no me tratarán muy bien. El hueso del plagio aquel lo tiene todavía en la garganta y duele. Veremos lo que dice, aunque espero que no se arriesgue mucho”. Efectivamente aparece retratado Murguía, que non estaba na 1ª edición: “Ya que la Naturaleza hízole principio de hombre, El la incita en su pereza, que en desdoro de su nombre, nada acaba y todo empieza”. (Manuel Ferreiro: Pondal: do dandysmo á loucura. Biografía e correspondéncia. Laiovento 1991).
- O 2 de outubro aparece o semanario “Revista compostelana” (24-11-1877).
- En “O tío Marcos d’a Portela”, inclúese un libriño de vinte páxinas titulado Coroa de morte ó inspirado escritor e doce poeta gallego Teodosio Vesteiro Torres.
- A pesar de que deixara por escrito a súa negativa a ser obxecto dunha coroa fúnebre, Curros e Victoriano Novo envían cartas a escritores como Rosalía, Zorrilla, Ruiz Aguilera... pregándolles a participación. Pedro Antonio de Alarcón resposta, á carta privada cunha pública en “La Ilustración Española y Americana” do 8 de xullo, chea de xuízos pexorativos para Vesteiro polo seu acto “cobarde”, negándose a participar e recomendando que non se publique a coroa poética en homenaxe ao desaparecido; “No hagamos cien años después de Goethe y de Rousseau, la sacrílega apoteosis del suicidio. El poeta Vesteiro ha cometido un anacronismo, suicidándose en 1876”. A coroa poética tivo que agardar ata o ano seguinte dende “El Heraldo Gallego” que dirixía Lamas Carvajal.
- O 2 de outubro de 2017, escribe Méndez Ferrín en “El Faro de Vigo”: “Creo que Teodosio Vesteiro Torres lle debe dar nome a unha vía pública importante da súa cidade natal. O Vigo oficial sin embargo, sempre lle tasou os honores debidos a este insigne escritor. Hai quen pensa que o feito de se el suicidar, condenado publicamente na época polo elemento católico, foi o factor determinante de tan incomprensíbel frialdade”.
- En Pontevedra, publícase “El Urco”, colección dos escritos en verso e prosa feitos co motico do entroido.
- Eduardo Álvarez Pertierra: Baladas.
- Emilia Calé y Torres de Quintero: Horas de inspiración (Lugo).
- Juan Neira Cancela: Ecos del campamento.
- Luís Otero Pimentel: Memoria sobre los voluntarios de la isla de Cuba: consideraciones relativas a su pasado, su presente y su porvenir (Habana. La Propaganda Literaria).
- Rogelio Jove Bravo: Los foros de Galicia y Asturias (Oviedo).
- Xan da Coba: Grandes consejos (Ourense).
Acontecementos
- O fallo do “Certamen literario en conmemoración del nacimiento del sabio Padre Feijoo” convocado a finais do 1875 en “El Heraldo Gallego”, ten lugar o 8 de outubro. No concurso no que se concederían catro premios literarios, concédense só dous. O “pensamiento de oro y plata” á poesía “A Galicia en el segundo centenario del Padre Feijoo”, de Valentín Lamas Carvajal; a “rosa de oro” concedeuse por unanimidade á “Oda a Feijoo”, de Emilia Pardo Bazán. Tamén por unanimidade declarouse deserto o premio á mellor biografía. O gran problema suscitouse ao conceder o premio ao estudo crítico sobre a obra de Feixóo. Por falta de acordo do xurado tomouse a decisión de que fose o Claustro da Universidade de Oviedo o que tivese que elixir entre os traballos de Emilia Pardo Bazán e Concepción Arenal, resultando gañadora a primeira por sete votos contra seis.
- O ourensán Modesto Fernández y González, funcionario público en Madrid, escribe unha carta a Valentín Lamas Carvajal que este inserta no xornal “El Heraldo Gallego” (28 de outubro) no que ofrece un premio de dous mil reais ao poeta que retrate con máis exactitude e colorido local os costumes, tradicións e tipos de Galicia (Certame poético de Ourense 24/02). O feito é recollido en “O tío Marcos d’a Portela (12 de novembro): “Zicais comprendendo canto vos digo, o entusiasta e bo fillo d’o noso povo, Don Modesto Fernández e González, dando un exempro saudabre, e amostrando o seu amor pátreo sempre grande, despréndese d’a suma de dous mil reás, pra Conseguir o mor adianto d’a nosa lengua, e anuncia un Certamen literario que terá lugar o 24 de Febreiro baixo estas condiciós: 1º Adxudicaráse un premio de dous mil reás en diñeiro ó poeta que nà fala gallega retrate con mais semellanza e coorido local tres ou mais d’as siguentes tradiciós, costumes e tipos de Galicia. Costumes.1º A vendima n’o Riveiro. 2º Unha boda n’aldea. 3º A noite boa.Tradiciós.1º Fundación d’o mosteiro de Conxo. 2º A virxen d’o Cristal en Vilanova de Infantes (Ourense). 3º Xan d’Arzua (Allariz).Tipos 1º O gaiteiro. 2º O brasileiro ou o indiano. 3º A sabea ou a que vota as cartas.
- Co gallo da homenaxe ao Padre Feixóo celebrouse en Ourense un certame de gaitas o 8 de outubro no que participaron trece gaiteiros, os premios, por unanimidade do xurado foron: 1º, Xan Míguez de Ventosela (200 reás). 2º, Primo Rodríguez, de Ribadavia (100 reás). 3º, Xan Amil, de Beade (60 reás). 4º, Mingos Rodríguez de Seixalvo (40 reás).
O poeta Valentín Lamas Carvajal é o autor dun poema no que aparecen dous destes gaiteiros:
“Xa estou vendo a dous gaiteiros
dispoñerse pró certame:
infrade ben eses foles,
dándelle ó punteiro, dándelle,
Xan Míguez, de Ventosela,
e Xan Amil, de Beade,
dous Xans que tocando a gaita,
tanto pesan, tanto valen”.
Premios
Epistolario
|
Sumarios
Outras culturas
CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa
Nacen
Carolina Michaëlis de Vasconcelos: Studien Zur Romanischen Wort-Schoepfung.
João de Deus: Cartilha maternal.
Machado de Assis (Brasil): Helena.
Ramalho Ortigão: As Praias de Portugal.
|
Nacen:
- Salvador Galmés (Sant Llorenç des Cardassar, Mallorca; ibídem 1951).
Morren:
Apel-les Mestres: Clavé .
Jacint Verdaguer remata en La Habana o proxecto épico L‘Atlàntida.
Martí Genís i Aguilar: Sota un tarot.
Nacen:
Emilia Pardo Bazán: Jaime.
Giner de los Ríos: Los católicos viejos y el espíritu contemporáneo. Funda en Madrid a Institución Libre de Enseñanza.
Menéndez Pelayo enfróntase cos Krausistas.
Pereda: Bocetos al temple.
Pérez Galdós: Doña Perfecta.
|
Máis culturas:
Nacen:
- Luis Lloréns Torres (Juana Díaz, Puertorrico; 1944 Santurce).
- Filippo Tommaso Marinetti (Alexandría; 1944, Bellagio). Trála aparición do seu primeiro Manifesto (1909) xorde o Futurismo.
- Jack London “John Griffith Chaney” (San Francisco; 1916).
- Sherwood Anderson (Camden, Ohio; 1941 Panamá).
Morren:.
- George Sand (Aurore Dupin) (Nohant, Indre; 1804 París).
Jules Verne: Miguel Strogoff (Traducido ao galego por Ánxela Gracián para Baía Edicións no 2012).
Mark Twain: As aventuras de Tom Sawyer.
Tamén sucedeu...
- Nacen:
- Manuel de Falla y Matheu (Cádiz; 1946 Alta Gracia, Argentina).
- O compositor Pau Casals (El Vendrell; 1973).
- Renoir pinta “O bambán” e “O baile no Moulin de la Galette”.
- Degas: “A clase de baile”.
- Chaikovski: “O lago dos cisnes”.
- Josep Fontseré i Mestres realiza o novo mercado barcelonés do barrio do Born.
- Constitución do 76.
- Giner de los Ríos inaugura en Madrid a Institución Libre de Enseñanza.
- Fin da Terceira Guerra Carlista: Don Carlos abandona España (28 de febreiro). Supresión dos foros vascos.
- Isabel II regresa a España (30 de xullo).
- Martínez Campos chega a La Habana.
- Restrínxese a liberdade de expresión.
- Pi y Margall: “Las nacionalidades”.
- Primeiras traducións ao castelán dos principais libros de Darwin.
- Alexander Graham Bell inventa o teléfono.
- Guerra entre Rusia e Turquía.
- Batalla de Little Big Horn, última victoria importante dos indios norteamericanos.
- Porfirio Díaz, presidente de México.
- O goberno do presidente arxentino Nicolás de Avellaneda promulga unha lei de Fomento da Inmigración.
- Morre Mikhail Bakunin, fundador do anarquismo.